A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 20 de noviembre de 2016

A CONSTRUCCIÓN DA EUROPA UNIDA ACTUAL É UN PROXECTO BURGUÉS E IMPERIALISTA



Carlos Dafonte

Nos últimos anos da segunda guerra mundial os EEUU tiñan unha idea fixa, evitar que a desmobilización dos exércitos trouxera unha nova depresión e para elo era necesaria a reconstrución das outras dúas potencias industriais do planeta moi afectadas pola contenda, Xapón e Alemaña e crear un área de libre comercio onde chegasen os produtos norteamericanos. Pero segundo Perry Ánderson en “Imperium et Consilium”, este obxectivo tívose que retrasar pola existencia de dous exércitos o vermello e o popular de liberación, que o podían poñer en cuestión. Polo tanto a primeira idea deixou paso á de ser o garante de todo o sistema capitalista, que seguro tamén tería a súa recompensa, aínda que o prazo alongábase.
En Europa, as antigas potencias do Eixe, debían converterse en prósperos baluartes do “mundo libre” e as primeiras casamatas defensivas fronte “o comunismo” do poder militar norteamericano xunto as potencias vitoriosas que tamén foran arruinadas pola guerra, Francia e Gran Bretaña. Dean Acheson, o principal forxador da política exterior de USA e Secretario de Estado de Asuntos Exteriores con Truman, consideraba esta rexión nunha alocución no Congreso, “a pedra angular do mundo” e o cambio de estratexia dos EEUU, o que coñecemos como Guerra Fría, vai impor o Plan Marshall a Gran Bretaña, que en un ano a levaba a ruína, a creación da OTAN, a división de Alemaña para que a URSS non puidera “mete-lo nariz” no seu control, a depuración dos gobernos onde entraran os partidos comunistas e a integración europea, onde Alemaña occidental tiña que xogar un importante papel baixo o control anglonorteamericano. O primeiro elemento de ruptura que da inicio a esta estratexia se produce en 1947, cando se pon en coñecemento da URSS que non vai percibir ningún tipo de indemnización polos enormes estragos, materiais e humanos, sufridos como consecuencia da invasión do seu territorio polo exército nazi.

sábado, 12 de noviembre de 2016

99 ANOS DESPOIS, AÍNDA APRENDEMOS DA REVOLUCIÓN RUSA




 Roberto Laxe

Yes, we can!
 “A análise crítica da Revolución Rusa con todas as súas consecuencias históricas constitúe o mellor adestramento para a clase obreira e internacional, tendo en conta as tarefas que lle agarda como resultado da situación actual” (Rosa Luxemburgo).

No 2017 cómprense 100 anos dos “Dez Días que Estremeceron o Mundo”, título da obra do xornalista norteamericano John Reed; do tremendo terremoto social que significou a Revolución de outubro de 1917. Chega o seu centenario e xorde unha pregunta que, sen dúbida, vai facer correr ríos de tinta o ano que vén, que queda, que se pode aprender da súa experiencia?

lunes, 7 de noviembre de 2016

ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE A INVESTIDURA DE RAJOY




 Carlos Dafonte

Non vou a cualificar con verbas grosas o feito de que o Psoe, ca súa abstención facilitase a investidura de Rajoy. Era o esperado. Hai moitos anos, en 1993, nos estertores do “felipismo” afogado pola corrupción, as políticas contra os traballadores, o terrorismo de estado, a desindustrialización do territorio, a permanencia na OTAN, e algunha miseria máis, cando perdeu a maioría absoluta, rexeitou a proposta de 18 puntos de IU, que non eran máis que un reducido programa socialdemócrata, que lle brindaba colaboración para ter un goberno estable e escolleu o apoio da CiU de Pujol. A partires daquel momento comecei a considera-lo Psoe como un partido ó marxe do concepto de esquerda; con anterioridade, despois de renuncia-lo marxismo, sempre considerei, e o paso dos anos e as actividades dese partido o confirmaron, que se situaba nunha perspectiva de non enfrontamento co capitalismo, que é o campo que verdadeiramente define, por moito traballo que realicen os voceiros e plumíferos do mesmo para convencernos do contrario,  se te sitúas na dereita ou na esquerda.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

XOGOS DE GUERRA, PROMÉTENNOS UN FUTURO APOCALÍPTICO?




Roberto Laxe
Unha pregunta xorde cada vez que un acende a unha TV ou ve un filme, que demos están a preparar desde a EE UU que levan unha chea de anos, a través de series e filmes ensinándonos un futuro apocalíptico, postas en prime time de tvs, etc. Como calquera expresión do ser humano, o cinema e despois a TV expresan a ideoloxía dunha sociedade. Non é a primeira vez que se utiliza a arte para glorificar aos poderosos; o exemplo paradigmático é a Eneida de Virxilio, escrita a maior gloria do seu mecenas, o emperador Cesar Augusto, ao que ligaba xenealoxicamente co heroe troiano, Eneas. Desta mesma maneira, xa desde o fascista Nacemento dunha Nación, onde se xustificaba a existencia do KKK, até Independence Day, o cinema norteamericano especializouse en xustificar o seu papel e explicarnos ao resto do mundo que podiamos esperar do futuro.
Agora ao cinema uníronse, ademais da TV, os xogos de guerra que todo o mundo sabe que traballan en estreita unión coa CIA e o Pentágono como "educación" e "probas" virtuais na utilización de armamento do futuro;... son como as probas que fan os pilotos antes de voar. Os xogos de guerra son, en realidade, un adestramento virtual da mocidade para que esta asuma coma se fose un xogo a morte. O piloto norteamericano que describiu os bombardeos de Bagdad como unha "árbore de nadal" expresou perfectamente esa banalización da morte, coma se dun xogo tratásese (a utilización dun dron é exactamente iso).