A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 27 de octubre de 2021

CARA A UNHA DESCENTRALIZACIÓN DO ESTADO, OU UN NOVO "CAFÉ PARA TODOS"?

Roberto Laxe

O sr Aznar poderá afirmar rotundamente que “España é unha nación, non é plurinacional”, seguido dun exabrupto -quererá unila de novo a canonazos como o seu admirado Franco?-, pero a realidade é que non só é “plurinacional”, senón que confirma o que Perri Anderson dixese da “España” dos Austrias, que é “unha suma destartalada de reinos” só unidos por “o rei e a forza”.

A centralización e concentración de capitais ao redor dos grandes oligopolios, a redución da torta do mercado estatal e mundial consecuencia da crise que o capitalismo arrastra desde o 2007/8 e a promesa da UE de “regar” o Estado Español con 140 mil millóns de euros para a “reconstrución” da economía, desatou un “todos contra todos” nesa “suma destartalada”.

martes, 12 de octubre de 2021

LOITA IDEOLÓXICA E LOITA DE CLASES

Carlos Dafonte.

Nun dos últimos artigos que escribín neste Blog “A dereita neo franquista á que se ten incorporado o PP, tírase ó monte”, afirmaba que a pesares de que na actual conxuntura “pintaba ben para o goberno de coalición” nembargantes as enquisas realizadas nestes últimos meses, situaban ó PP en primeiro lugar e se daba a posibilidade dun goberno de coalición PP-Vox.

Achacaba esta anomalía a que na loita ideolóxica, sempre presente, o neo-franquismo, no que Vox está a arrastra-lo PP, estaba a gañar, no senso de que para moit@s votantes en tempo de crise de todo tipo como son os actuais, alternativas como as de Vox, centradas en deixar sen efecto determinados aspectos da Constitución aínda que se consideren “constitucionalistas” como o estado das autonomías, as linguas propias de determinados territorios, a imposición do “pin parental”, culpa-los partidos tradicionais de todos os males, ilegaliza-los partidos nacionalistas, etc, parecen solución cando a realidade é que supoñen aumentar determinados problemas que hoxe temos. Se pode defende-la Constitución e defender un estado centralista, do mesmo xeito que ser republicano non te sitúa no bando anticonstitucional, só hai que te-las maiorías nas Cortes que cho permitan levar adiante; pero os aspectos xenófobos,, racistas e contra colectivos como o LGTBI e o propio movemento feminista, nunha clara indicación de querer continuar ca discriminación feminina na sociedade, te sitúan fora da Constitución.

sábado, 2 de octubre de 2021

QUE TEÑEN QUE VER ENCE, A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E A EMIGRACIÓN?

Roberto Laxe

A cacicada da instalación de ENCE na ria de Pontevedra, como a de Alcoa na Mariña lucense ou a térmica de Meirama xunto coa mina das Encrobas (hoxe pechadas) foron algúns dos exemplos da industrialización imposta que Galicia tivo na súa historia, e que no seu momento provocaron fortes mobilizacións sociais de rexeitamento polas nefastas consecuencias que tiveron na sociedade.

Agora enfrontamos un debate chave para o futuro da Galicia, pois mentres toda unha comarca loita duramente contra o peche de Alcoa que suporía a perda de miles de postos de traballo, no outro extremo do territorio, en Pontevedra, saúdanse as ameazas sobre ENCE como un feito progresivo.