Roberto Laxe
Imaxinemos que Grecia vota
non no referendo, e os falcóns do BCE directamente bótanos da UE. É obvio que a
economía grega resentiríase, seria enganar ao pobo dicir que non ía sufrir;
pero esta claro que Grecia recuperaría a posibilidade de se rexer polas súas
necesidades e non polas dos capitalistas e banqueiros europeos, enfundados
nunha crise da que seguen sen saber como saír salvo dando lapotes de cego.
Esa posibilidade ten unha
precondición, que sexa a clase traballadora e o pobo quen o encabecen. Se son
os mesmos capitalistas gregos que levaron ao país á ruína actual, a autarquía
non serviría de nada. Unha autarquía burguesa só conduce a máis pobreza, posto
que o mundo segue sendo capitalista.
Hai outra perspectiva que
non existía cando Arxentina entro en “default” a comezos do milenio; a
existencia de China e Rusia. Que son o 120 mil millóns de euros que, din,
Grecia debe aos bancos europeos, comparados cos 3 billóns de euros que a EE UU
débenlle a China?. Que son o 120 mil millóns se o Estado Español débelle a
China, segundo o ministro de exteriores Margallo, 300 mil millóns, o 30% do
PIB?
China, de feito, xa é dona
do porto do Pireo.
