A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de julio de 2019

PROCESO DE INVESTIDURA: NIN O PSOE QUERE O APOIO DE UNIDAS PODEMOS, NIN LLE PERMITEN ACEPTALO.



Carlos Dafonte

Todo o proceso que levou ás votacións para nomear un Presidente do Goberno, na persoa de Pedro Sánchez, e como tod@s coñecemos resultou fallido en segunda volta o 25 de xullo, está marcado por dous elementos que concorren no mesmo.
En primeiro lugar o Psoe, viuse dende o primeiro momento despois das eleccións do 28 de abril, quere o goberno pero desfacéndose de Unidas Podemos (UP) e ó mesmo tempo consolidarse como o que non é, como un partido de esquerdas para volver a revitalizar, poñer de novo en pé, un dos alicerces do bipartidismo.
E en segundo, non molestar, non enfrontarse, segui-lo devezos dos grupos económicos e das institucións, que non verían con “bos ollos” un goberno con Unidas Podemos, que teña capacidade para cambiar algunha premisa do existente, aínda que fora pouco importante, no entramado socio-económico-laboral do réxime; ademais nun momento en que é probable unha nova recesión a nivel mundial, e que ise goberno ten que levar adiante o Plano de Estabilidade presentado na Unión Europea polo Psoe, despois das eleccións de abril e con toda posibilidade pactado cos poderes económicos. Curiosamente no proceso electoral non se falou nin debateu sobre o mesmo.

domingo, 21 de julio de 2019

O "PODER" DA RELIXIÓN ANIÑA NAS MENTES.

Roberto Laxe

Porqué a relixión, calquera que ela sexa, laica ou crente, cumpre un papel tan importante na sociedade. O "poder de dar e quitar a vida" dinnos desde unha das institucións que expresa unha relixión, a igrexa católica. Este é o primeiro elemento que indica por onde veñen os tiros, o termo "poder": o poder esta fora do alcance do común dos mortais, véñennos a dicir.

sábado, 13 de julio de 2019

NEGOCIACIÓNS PSOE E UNIDAS PODEMOS, O FACTOR MEDO

Eusebio López
O próximo goberno que entre xa ten a axenda marcada, o que se discute é o que UP está disposto a tragar para garantir a estabilidade do réxime. Isto é o que está no fondo da cuestión, porque a existencia de VOX rompeu todos os diques na posible regresión ao réxime do post franquismo; "a dictablanda" que viviu-se na transición, entre a morte de Franco e o golpe do 23 F.

viernes, 5 de julio de 2019

A RUPTURA DE "EN MAREA", A FIN DUN CICLO



Roberto Laxe
 Co pase ao grupo mixto e os anuncios de novas forzas políticas, como Galiza en Común, a xeira de ANOVA cara setembro e a proposta de Villares doutra organización, formalizase o que era un feito, a ruptura de En Marea.
Na rolda de prensa de Villares onde facía um balance da ruptura, e aínda que pode ter moita razón na deslealdade coa que actuaron desde Podemos (non era nengumha novidade) e a incoerencia de ANOVA, non vai ate o final na sua avaliación: Podemos actuou como fixo por motivos políticos, cuns obxectivos ben claros, sacar a loita da rúa, institucionalizala e laminar calquera opción que soara rupturista co réxime.