A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 30 de abril de 2019

CAL É A FORZA DA DEREITA, NAS SÚAS DÚAS VERSIÓNS, A CASPOSA OU A PROGRESISTA, FRONTE ÁS ESQUERDAS?


Roberto Laxe
Eles falan en nome dun proxeto social, ese proxecto é o capitalismo, as súas regras, os seus valores, os seus mecanismos de funcionamento, ... que conforman o chamado "sentido común". Eles non teñen que argumentar nada, posto que a sociedade burguesa desde a infancia, vaino construindo nas nosas mentes, e só teñen que dar coa tecla que determina o presente. Por iso levan sempre as de gañar, xogan coas súas cartas.

miércoles, 24 de abril de 2019

POR UN NOVO MUNICIPALISMO SAÍDO DUN PROCESO CONSTITUÍNTE



Carlos Dafonte

A estrutura política nada ca Constitución de 1978, que lle imprime carácter ó réxime actual, atopase hoxe en momentos de grande debilidade. Moitas das formulacións políticas herdadas da ditadura que contén o documento, se poñen en cuestión por unha parte importante da sociedade.
Nos momentos da súa elaboración e aprobación, valorouse como aceptable por parte do sector da esquerda maioritario que ó non se ter dadas as condicións para pula-la creba democrática, como consecuencia da existencia ca súa capacidade intacta do estado fascista o constante “ruído de sables” procedentes dos cuarteis, e que a clase obreira escolleu o 15 de xuño de 1977, ó PSOE para representala nas institucións, que era mellor ceder e aceptar unha Constitución chea de eivas, que se consideraba como un punto de partida, que era certo, ía determinar o contido posterior de todas as leis que se tiñan que aprobar, e comezar a loitar polo inicio dun proceso que conducira cara a un marco democrático máis avanzado que o que a Constitución representaba. A derrota electoral definitiva da esquerda no ano 82, permitiu a construción institucional do réxime actual a traveso da quenda de dous partidos neoliberais, ó servizo da mesma oligarquía que como sector da clase hexemónica, tamén no franquismo exerceu o seu poder. Tamén representou a perda de identidade da esquerda e acepta-la loita institucional como a única posible para transforma-lo capitalismo.

lunes, 15 de abril de 2019

AS OVELLAS ELECTORALISTAS DISFRAZADAS DE LOBOS

Roberto Laxe

Agora que estamos metidos na fariña electoral, non está de máis lembrar o método educativo de Barrio Sésamo, cando decian iso de “dentro-fóra”, “arriba-abaixo”. Ás veces parece que estamos dominados por un infantilismo político moi grande. De conxunto xa sabemos que os conceptos de “esquerda” non están nada claros, posto que os medios -e iso cala na mentalidade da xente- insístennos en dicirnos que PSOE e Unidas Podemos son de “esquerda”.
Xorde a primeira pregunta, “esquerda” en relación a quen? Porque se collemos, por exemplo, o programa político do PSOE en Suresnes, o congreso dos 70 que entronizou ao dúo Gonzalez-Guerra, tanto o PSOE actual como UP ou o BNG ou En Marea serían de dereitas. As comparacións son odiosas, si; pero a historia está para aprender dela, presentan programas neoliberais con tinguiduras progresistas, onde o sistema capitalista e o regimen queda incólume... E fano cando o capitalismo vive unha das súas peores crises.

domingo, 7 de abril de 2019

ELECCIÓNS FIN DE CICLO



Roberto Laxe
Pase o que pase nestas eleccións, o ciclo da chamada “nova”política -que non era máis que a version actual da vellisima política electoralista do eurocomunismo, só que sen ningunha referencia ao “comunismo”- chegou ao seu fin. Agora hai que pensar en encher ese baleiro, pero desde outra perspectiva.
O exemplo, o discurso de Pablo Igrexas na súa volta ao ring: tras un discurso cheo de lugares comúns da esquerda; a denuncia do carácter burgués dos medios de comunicación, asi como o papel dos bancos e grandes empresas xa o estudaron os marxistas de finais do XIX e comezos do XX, con Lenin á cabeza, toda a súa proposta redúcese a... ter carteiras ministeriais no goberno do vos banqueiros, do PSOE. Porque o PSOE é o que é.