A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 23 de julio de 2021

PAISAXE TRAS A PANDEMIA

Roberto Laxe

O pasado 8 de xullo unha rolda de prensa entre o presidente Sánchez e o seu homólogo lituano, nunha base militar onde está o continxente militar español, foi suspendida por unha alarma. Un avión descoñecido había entrado no espazo aéreo lituano, o que provocou o despegamento inmediato de avións de combate españois para a interceptación do “agresor”.


A suspensión en directo da rolda de prensa puxo á opinión pública diante do que están a ocultar, que a tensión militar é un feito no Báltico, na fronteira con Rusia onde hai 40 000 soldados da OTAN, españois incluídos, coas súas correspondentes forzas aéreas e navais.


miércoles, 14 de julio de 2021

A DEREITA NEOFRANQUISTA Á QUE SE TEN INCORPORADO O PP, TÍRASE Ó MONTE

Carlos Dafonte.


A situación política comezaba a non “pintar mal” para o goberno de coalición no último mes despois do trunfo do PP nas eleccións de Madrid; trunfo que a dereita tenta vender como un proceso en vías de producirse en todo o estado: o pacto para afastar “os liquidadores de España” das tarefas de goberno mediante unha nova maioría “conservadora-neofranquista”, aínda que polas declaracións dos dirixentes do PP, a realidade é que o “franquismo sociolóxico” sería quen gobernase pois o Pp abandonou hai un tempo a busca do centro-dereita, si é que ese espazo político  existe. 

As razóns deste xiro estratéxico é o que acontece fora pero tamén dentro do propio partido; é dicir endóxenas e exóxenas, as primeiras a intervención do “azanarismo” polo intermedio da presidenta da Comunidade de Madrid; as segunda o grande avance dos neofranquistas de Vox e a necesidade que ten o PP para darlle estabilidade a algún dos gobernos autonómicos que preside de contar con esa forza política. En calquera dos casos dentro do partido existe confusión que o seu presidente Pablo Casado non é capaz de solucionar marcando unha liña determinada. E nesas circunstancias o seu posto pode estar en perigo.

lunes, 5 de julio de 2021

PARA PREPARAR O 25 DE XULLO.

Roberto Laxe

Nestes meses están a se producir na Galiza umha sucesión de mobilizacións na defensa dos servizos públicos. Foi a manifestación na defensa da Universidade Pública ou a folga no Consorcio de Igualdade e na Administración contra a precariedade e en defensa dos servizos públicos, son as mobilizacións contra o desmantelamento da Atención Primaria e da Sanidade Pública; están as loitas contra a privatización das pensións publicas e o Pacto de Toledo, etc.

Co pano de fondo das loitas dos traballadores e traballadoras de Alcoa/AluIberica, que na defensa dos seus postos de traballo están a esixir a intervención/nacionalización da empresa. Son moitos os sectores que están en loita contra un novo retroceso en direitos sociais e laborais como o metal de Vigo a sanidade privada da Coruña, a limpeza.

jueves, 1 de julio de 2021

O TARIFAZO ELÉCTRICO DO GOBERNO PSOE-UP. UN NOVO SAQUEO ÁS NÓMINAS DA CLASE OBREIRA

Roberto Laxe

Cando en Galiza o PSOE gobernou co BNG na Xunta Bipartita, constantemente escoitáronse xustificacións de por que non se ía máis aló nas políticas da Xunta que tiñan un eixo: o problema é que non somos maioría e gobernamos co PSOE.


O BNG tentou aparecer como algo diferente ao PSOE na Xunta, coma se fosen «dous gobernos». Pero non foi así como percibírono 120 000 galegos e galegas, que ás seguintes eleccións abstivéronse, levando ao BNG case á desaparición, e abríronse as portas ao dominio do PP desde fai xa 12 longos anos.