A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 24 de febrero de 2015

DESLÍZASE O MUNDO CARA A UNHA GUERRA? (II)



Roberto Laxe

 

Renunciou o imperialismo á guerra


Hai que ser moi inxenuo, ou con alto grao de autoengano, para pensar que o imperialismo renunciou á guerra e vivimos nun mundo en paz. Son incontables as guerras, as ocupacións militares, os golpes militares (unha forma especifica de guerra contra o seu propio pobo), etc., que desde o fin da II Guerra déronse. Sería moi ambicioso facer unha relación de todos eles, pois algúns están no imaxinario colectivo da humanidade, como a do Vietnam, a de Iraq e Oriente Próximo, ou as da antiga Iugoslavia. O imperialismo non só non renunciou á guerra como mecanismo de dominación, senón que non deixou de ser a súa ferramenta final contra os pobos que, da maneira que for, buscan vías de independencia.

É tan obvio que cando se formula esa pregunta en realidade non se refire un a ese tipo de guerras; senón que o motivo da súa formulación é o de: renunciou o imperialismo a guerras interimperialistas?


martes, 17 de febrero de 2015

DESLÍZASE O MUNDO CARA A UNHA GUERRA? (I)




 Roberto laxe

Amplos sectores sociais veñen anunciando que o mundo está ao bordo dunha nova “guerra fría”, presentado-a como unha continuidade da que enfrontou á URSS coa EE UU até a caída do Muro de Berlín e a restauración do capitalismo. Nesta liña, os “antiimperialistas” nostálxicos da URSS ven a ofensiva actual da OTAN e a EE UU cara a Rusia como unha prolongación dese proceso; e nada máis lonxe da realidade.

O mundo non avanza cara a unha guerra “fría”, porque esta baseábase nunhas condicións que xa non existen. A URSS non tenia a menor intención de enfrontar militarmente ao imperialismo; a súa política de coexistencia pacifica e socialismo nun só país constituían a base do mantemento do poder da burocracia. Se esta houbese ir a unha guerra “quente” co imperialismo, obrigaríase á procura do apoio da clase traballadora mundial, aínda que fose burocraticamente, como fixo na posguerra mundial; e o choque revolucionario entre o estado non capitalista da URSS e o imperialismo abriría as portas a novas vitorias revolucionarias,... pero tamén poría en risco o poder da burocracia, ou pola vitoria capitalista ou polo ascenso revolucionario.

Este xogo á estabilidade social e á coexistencia pacifica era a base do poder da burocracia; por iso, a guerra fría nunca se transformou en guerra quente, e terminou como terminou, coa destrución das conquistas que eran a expropiación da burguesía nun terzo da humanidade.


martes, 10 de febrero de 2015

AS TAREFAS POLÍTICAS RELACIONADAS CA PROLONGADA CAMPAÑA ELECTORAL DO ANO 2015




 Carlos Dafonte

A campaña de “todas as campañas”, así considerada polo volume de eleccións que se van celebrar neste ano e os importantes cambios que  poden producir no panorama político do estado, xa esta en marcha. Como analicei nun anterior artigo, vamos a escoitar por parte de determinados grupos políticos numerosas consignas e formulacións sobre diferentes aspectos, que atinxen á situación política e social, moi variadas e de votalos como nos solicitarán, axiña seremos tod@s felices. Propostas ben argumentadas poucas, consignas moitas, elaboradas en caros gabinetes de especialistas  e todas orientadas para que agraden ós oídos d@s que teñan que votar. Aínda que nunha grande parte sexan mentiras. Ou non se cumpra nada unha vez que se chega ás institucións. Tamén se van producir duros enfrontamentos sobre receitas políticas a aplicar neste momento de grave crise económica, polo que nos poden chegar a parecer que son forzas  políticas moi diferentes, as que se enfrontan nas próximas contendas electorais; o voceiro do PP no Congreso dicía que eles e o PSOE eran forzas antagónicas, utilizando un termo que os marxistas aplicamos á burguesía e o proletariado para definir  aquelas clases sociais que nunca chegarán a acordos;  incluso se intercambiarán insultos entre dirixentes que a partir do día seguinte  de coñecidos os resultados, van a seguir coincidindo en case todas as políticas que tanto dano fan á maioría dos traballadores asalariados e outras clases sociais, nestes tempos de fonda crise, que o capitalismo non consigue remontar. Hai uns días o presidente do Banco Central Europeo anunciaba unha serie de medidas para evitar que a Unión Europea entrara nunha terceira recesión; “darlle á máquina” para poñer a disposición dos máis ricos 1 billón de euros; se ve que a milagrosa recuperación anunciada por Rajoy e o PP da nosa economía, non chega para facer de locomotora da economía europea.

martes, 3 de febrero de 2015

OS DILEMAS QUE SYRIZA ABRE.




 Roberto Laxe


 O lío coa UE do novo goberno grego non vai vir tanto polas súas medidas

sociais e económicas progresivas, que teñen un limite claro, a
explotación dos traballadores / as, é dicir, a propiedade privada da
medios produción e distribución, senón polo seu reacomodo no marco dunha
profunda crise de dirección política do imperialismo.