Roberto Laxe
Profundar
na relación entre o mercado e a planificación é crucial para a
reconstrución dun verdadeiro proxecto socialista, que enfronte a
crise social global que vive o capitalismo. Pero o debate non é novo
no marxismo. Para a tarefa de reconstruír ese proxecto é decisivo
facer referencia a que esta contradición xa se viviu, e deu lugar a
experiencias que atravesaron a revolución rusa, cubana ou iugoslava;
a primeira á calor da NEP, é dicir a reintroducción do mercado no
que era unha economía planificada, obrigada pola queda da produción
provocada pola guerra civil. Nese debate participaron os principais
dirixentes bolxeviques, desde Trotski até Bujarin ou Preobrajenski.