Roberto Laxe
Esta é a palabra de orde
para chamar á unidade de todos e todas, ... e loxicamente, Feijoo que é un
vello raposo, o utiliza para reforzar a unidade da base social do PP, ben
disciplinada ela, para garantir o triunfo nas vindeiras eleccións.
Ese "todos contra o
PP" é o mantra que desde todos os sectores progresistas e de esquerdas
repítese para criticar aos que non acreditamos que ese sexa o centro do
problema.
Ha un ano escribíamos nun
artigo titulado, "a política no posto de mando". "Alguén concibe
que é posible rexeitar as políticas austericidas e de recortes da UE e dos
gobernos, sen romper con eles? Alguén cre que é posible o dereito a decidir das
nacións baixo unha constitución que o rexeita explicitamente? Alguén cre que é
posible unha mellora das condicións de traballo baixo a lóxica infame do pacto
social sistemático, inaugurado polos Pactos da Moncloa?."