Carlos Dafonte
É evidente que contra o que Trump quere levar
adiante hai que mobilizarse, condenar as súas determinacións, a súa
verborrea ultraconservadora e polo tanto sexista, xenófoba, e todo o
que se queira pero eu como expresei no anterior artigo aparecido
neste blog, non estou disposto a centrarme en tan nefasto personaxe e
tento discernir o que significa Trump no contexto político e
xeoestratéxico mundial, que el non deseña, que é unha continuidade
da era Bush e sobre todo dos oito anos de presidencia do, como o
cualifica James Petras, demagogo Obama. Cando me manifeste contra
Trump o farei contra o imperialismo do que o novo presidente é un
pión, e cuxas políticas van a beneficiar ó sistema, tentar sacalo
da situación de decadencia no que se atopa.
Por iso tentei, cando analizaba a toma de posesión
do novo presidente, dar algúns elementos do que representou para o
planeta a presidencia de Obama, tanto a nivel exterior como interior,
por que Trump, a pesares de que
moit@s
non o verán así, engaiolad@s pola figura do primeiro presidente
negro e premio Nóbel da Paz, un “demócrata e progresista”, vai
se-lo que tente rectificar o fracaso dos dous anteriores presidentes
para rediseñar un mundo unipolar, a súa incapacidade para impor
se-la potencia hexemónica unha vez desaparecida a URSS e o seu campo
de influenza, tanto pola vía militar como na comercial ou política.