A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 30 de agosto de 2021

A CADEA IMPERIALISTA LIDERADA POLOS USA ABANDOA, DERROTADA, AFGANISTÁ

Carlos Dafonte.


Como resultado da queda dos edificios das “torres xemelgas”, o presidente Bush jr. lle declarou a guerra ó terrorismo e invadiu Afaganistán; utilizando a terminoloxía imperialista, un “estado fallido” produto da imaxinación colonial dos británicos que mesturaron dentro das fronteiras do novo territorio pashtúnes sunitas, hazaras budistas e chiitas, iranies chiitas, turkmenos, uzbekos, tayicos, baluchis, aimaqs e algunha outra outras etnia menores, onde os pashtunes, aínda que moi divididos, son a minoría maioritaria.

A intención era poñer fin a Al Qeda e deter ó que se consideraba o seu máximo dirixente, Osama ben Laden, membro dunha familia próxima á casa real saudita que facía múltiples negocios cos norteamericanos e en particular con importantes membros da administración Bush. Segundo o análise feito pola administración dos USA, era o responsable do atentado de Nova Iorque, aínda que a grande maioría dos que participaron cos avións foran saudíes e con pouca ou ningunha relación con Afganistán. De cara ó exterior, así se vendeu na UE, e a idea para “asaltar” Afganistán era a de “reconstrui-lo país e instaurar unha democracia”.

lunes, 16 de agosto de 2021

O PAPEL DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Eusebio López

Cando o goberno de Rajoy aplicou o 155 en Catalunya descobriu-se a utilidade do Senado, esa cámara parlamentaria elixida de maneira antidemocrática que parecía non servir para nada, onde a dereita garante-se sempre unha maioría e que era obxecto de bromas. Pois non, a burguesia non dá pontada sen fio, e o Senado que normalmente é bastante inútil xurde como a principal ferramenta para garantir a “unidade de España”, pois é el e non o Congreso dos Deputados, o que está capacitado para suspender os dereitos autonómicos e aplicar o 155.

Agora, coa sentenza contra o Estado de Alarma ante a pandemia por vulnerar o dereito á libre circulación, descobriu-se definitivamente a utilización do Tribunal Constitucional como unha "terceira cámara" que sustenta o réxime do 78.