A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 27 de mayo de 2020

A PANDEMIA E O ESTADO.

Roberto Laxe 

A “máquina burocrática-militar” volveu
Non é que desaparecera de todo, senón que desde a II guerra mundial o conxunto de institucións burocráticas e militares que é o estado transmutaran no Estado do Benestar, de tal forma que o seu compoñente represivo quedaba oculto polo aspecto “benfeitor”. Posteriormente, o estado neoliberal xurdido coa contra revolución conservadora de Thatcher e Reagan difuminara as súas fronteiras de clase pola inercia do estado do ben-estar e a ideoloxia individualista pos moderna, que se creia invulnerable.

jueves, 21 de mayo de 2020

UNHA PANTASMA PERCORRE O TERRITORIO DO ESTADO ESPAÑOL: A PANTASMA DO ANTICOMUNISMO.

Carlos Dafonte.

            Toda esta etapa, longa etapa de crise económica, social e política, que entre outras consecuencias permitiu a aparición de organizacións reaccionarias nas institucións cun forte apoio popular, trouxo outra non menor como é a reacción diante deste feito de organizacións como o PP que radicalizou o seu discurso contra o feble goberno actual, pasando do típico discurso neoliberal ó constante insulto e descualificación do adversario; pero non só se produciu esta reacción nos organizacións políticas máis conservadoras e reaccionarias, tamén acontece na sociedade e reflíctese nas redes sociais dun xeito pouco crítico e apolítico, entendo estes termos por non utilizar argumentos para convencer  a maioría das veces; se pode dicir que parece se tivera producido unha consigna xeral de que en política “vale todo” con tal de gañar votos. Temen os conservadores e reaccionarios a consolidación dunha alianza de organizacións políticas, moi heteroxénea, que lles impida o acceso ó control de determinadas institucións durante un período  de tempo.
            E como non podía ser doutro xeito, algúns elementos de propaganda que estiveron moi presentes na etapa da ditadura, cando xa parecían superados após os anos da transición, volven a parecer de novo, como é a tentativa de descualificación ca verba “comunista”.
           

viernes, 15 de mayo de 2020

A "NOVA NORMALIDADE" DO SISTEMA CAPITALISTA


Roberto Laxe
A “nova normalidade” é un oximoron; se é nova, non pode ser normal, porque o normal só convértese nunha forma de vida co tempo, e se é "nova" é que non existía, e por tanto non tivo tempo de adquirir esa característica de “normalidade”. Está claro que con "nova normalidade" só expresan o seu desexo de “volver á normalidade”, baixo as novas condicións creadas pola pandemia de Covid 19.

sábado, 2 de mayo de 2020

DE NOVO, DE QUE DISCUTEN NA UNIÓN EUROPEA?

Roberto Laxe
Outra reunión da Comisión Europea para non discutir do Covid 19 e as medidas para frealo xa; senón para ver quen leva a parte do león da reconstrución tras o desastre económico xerado.
Se hai un mes o representante holandés fixo campaña eleitoral, con insultos xenófobos contra o sur europeo; todo para xustificar o seu rexeitamento ao plan español, italiano e francés, duns eurobonos que homoxeneizasen a carga da débeda; agora a batalla céntrase en se os fondos que se inxecten aos países que están a sufrir un maior impacto económico pola pandemia deben ser subvencións directas (sen obrigación de reembolsarse) ou préstamos, tal e como defende un grupo de países encabezado por Holanda e Alemaña.