Carlos Dafonte
Coido que non se vai producir milagre algún e como vaticinei neste
mesmo blog, ó día seguinte que o xefe do
estado encargara a Pedro Sánchez tentar formar goberno, estamos diante dun novo
proceso electoral; dous para @s galeg@s
que neste ano celebraremos as que deben renova-lo Parlamento e si é posible
desaloxa-lo PP da Xunta de Galicia.
O acontecido dende as eleccións xerais ata hoxe, ilustra a situación de
crise que padece o sistema político e a economía, que puxo por primeira vez
dende o ano 78 en cuestión a hexemonía social da oligarquía e por conseguinte o
propio réxime. Pero tamén quedou amosado que si feble políticamente é o réxime,
as forzas que dicían querelo cambiar, tampouco son moi fortes.