A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 27 de diciembre de 2013

O PROBLEMA DA CONSCIENCIA NO MERCADO E A PLANIFICACIÓN ECONÓMICA


Roberto Laxe
Profundar na relación entre o mercado e a planificación é crucial para a reconstrución dun verdadeiro proxecto socialista, que enfronte a crise social global que vive o capitalismo. Pero o debate non é novo no marxismo. Para a tarefa de reconstruír ese proxecto é decisivo facer referencia a que esta contradición xa se viviu, e deu lugar a experiencias que atravesaron a revolución rusa, cubana ou iugoslava; a primeira á calor da NEP, é dicir a reintroducción do mercado no que era unha economía planificada, obrigada pola queda da produción provocada pola guerra civil. Nese debate participaron os principais dirixentes bolxeviques, desde Trotski até Bujarin ou Preobrajenski.

martes, 17 de diciembre de 2013

XOGOS DE GUERRA EN EXTREMO ORIENTE

 Roberto Laxe

A decisión de China de estender a Zona de Defensa Aérea incluíndo zonas marítimas reivindicadas por Xapón e Corea do Sur, pon de manifesto as tensións que existen entre este tres nacións. Máis aló dos seus acordos comerciais, o feito é que esa declaración é un salto cualitativo nas contradicións intercapitalistas agudizadas pola profunda crise do capitalismo, por moita imaxe de normalidade que queiran  dar.
Que non confunda a propaganda imperialista,  por exemplo, o recente acordo do G 8 con Iran, avalado por Rusia e China, non é unha vitoria da  EE UU, senón que tras o fracaso de Siria, é un intento defensivo do que as revolucións árabes non son alleas senón detonantes (o motor da historia é a loita de clases), de desactivar o conflito en Oriente Próximo, aínda que lle supoña un enfrontamento cos seus vellos aliados Israel e Arabia Saudita:

lunes, 9 de diciembre de 2013

MANDELA


Carlos Dafonte

Ca morte do político surafricano, asisto atónito, a unha enorme onda de eloxios que se levantou na case totalidade dos medios de comunicación e entre todos os políticos entrevistados estes días. Dada a unanimidade dentro da disparidade dos personaxes e medios que opinan, tentarei  como o meu homenaxe póstumo a Nelson Mandela, sinalar algunhas cuestións sobre a súa figura que penso é necesario coñecer e que é máis real que a que se está a dar que deturpa a imaxe do falecido.

martes, 26 de noviembre de 2013

ECONOMÍA, POLÍTICA E MONICREQUES.

Roberto Laxe

O debuxo que habitualmente representa a relación entre o capital e os seus políticos, un home gordo con smoking e sombreiro de copa, que coas súas mans move os fios dos políticos é, iso, a representación gráfica do poder do capital; mas esto non pode levarnos á confusión: é só umha representación, non un análise. Embora muitos sectores da esquerda trasladan esta imaxe á caracterización da realidade, coa consequência da súa simplificación e caricatura da verdadeira relación entre o capital e o Estado.

A POLÍTICA : “ECONOMÍA CONCENTRADA”
Do mesmo xeito que a guerra é a política por outros medios, é dicIr, que os obxectivos políticos ha varias maneiras de conquerilos, pacíficos ou militares,... que dependen, non da vontade individual, senon das contradicións sociais que lle deran orixe, a política “é economía concentrada”, de tal xeito que os obxectivos económicos dos diferentes sectores da sociedade achan nas propostas políticas a súa síntese, sentando as bases para o desenvolvimento da economía nun sentido ou outro. O monicreque é dono das chaves da economía capitalista. Cando un partido burgués defende o neoliberalismo está a defender un xeito de organizar a economía baseado no desregulamento total das relacions financeiras e laborais, e as propostas políticas, lexislativas e mesmo institucionais van por ese camiño. Por contra, se outro partido burgués defende o keynesianismo, o que esta a propor é a existencia de organismos politicos e institucionais concretos que faciliten a inxerencia do estado nos mercados.

lunes, 18 de noviembre de 2013

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A LOITA DE CLASES NO ESTADO ESPAÑOL


Carlos Dafonte

O trazo máis salientable da situación, tanto nos aspectos económicos, sociais ou políticos, é que a pesares da violencia dos ataques dos sectores burgueses contra @s traballador@s asalariad@s, levados a cabo polos dous partidos que se alternan no goberno, por causas subxectivas, non nos atopamos inmersos nun proceso de loita de clases. Tentarei explica-la anterior afirmación.
As loitas e mobilizacións de todo tipo que se teñen dado desde o comezo do aumento da agresión oligárquica, poñendo como xustificación a necesidade de “salva-lo país e sacalo da fonda crise económica”, non son loitas por un cambio de poder de clase, substituír o poder da clase burguesa polo poder dos traballadores, que indicaría un grao de conciencia que hoxe non hai, senón que son loitas e mobilizacións, algunha moi importantes como as folgas xerais, de carácter defensivo, para evitar que se nos sigan a arrebatar dereitos de todo tipo, conseguidos para toda a sociedade, grazas á loita e sacrificio da clase traballadora.

jueves, 14 de noviembre de 2013

O FINAL DO TÚNEL DA CRISE É UN "OUTLET"


Roberto Laxe

Se os análises da crise fican atados aos métodos da burguesía, dos seus medios e apoloxistas, vai ser difícil levantar umha critica o sistema que rompa con el. Se seguimos os seus esquemas contables non axudaremos á clase traballadora, á xuventude á armarse criticamente contra os medios capitalistas. Do mesmo xeito que non se pode derrotar á burguesía desde as institucións do estado burgués, non se pode analizar ao capital e as súas crise coas ferramentas teóricas do capital
Desde fai un tempo, mais ou menos o final do verán, instalouse na propaganda do goberno, dos medios e dun sector das grandes empresas o mantra: “vemos luz o final do túnel”. Foi Botin que mellor expresou esta imaxe, "o diñeiro esta entrando en España a raudales". Fronte a elo, desde un sector da esquerda lanzase a mensaxe de que o "final do túnel" non existe se temos 6 millóns parados, a pobreza aumenta e a xuventude emigra como nos mellores tempos, por ducias de miles.

viernes, 1 de noviembre de 2013

DÉBEDA, RELACIÓNS LABORAIS E RELACIÓNS SOCIAIS DE PRODUCIÓN

 Roberto Laxe

Cando se critican as políticas dos gobernos do PP, da Unión Europea, ... é habitual, facer unha relación de cales son, a saber: débeda, recortes nos servizos, resgates bancarios e privatizacións, reformas laborais e rebaixas de salarios, ou sexa, empobrecemento xeral da sociedade. Dáse como un feito coñecido a súa relación, establecendo como prioritario a débeda, os recortes e as privatizacións.
Esta claro que neste momento a resposta social máis contundente ás políticas dos gobernos veñen polo flanco das loitas contra as privatizacións, a sanidade á cabeza; é por iso que ante a sociedade visualícese a relación entre débeda, recortes e rescates bancarios. Doutra banda, ao longo de todos estes anos vendeuse a imaxe de que os problemas de déficit e débeda viñan, tamén, dos salarios e as condicións de traballo dos funcionarios, que sufriron nas súas carnes os golpes das conxelacións salariais e os recortes. Agora é o ensino, coas súas folgas contra a Lei Wert, as que aparecen como o centro das políticas dos gobernos.
A débeda e o seu pagamento, o desmantelamento do estado do benestar e os rescates bancarios non só están intimamente ligados, senón aparecen nidios diante da sociedade -non é difícil facer as sumas e restas-, por iso, esta centra os seus odios nos bancos. Así, nas enquisas os empresarios, sobre todo os pequenos e medianos, saen ben parados, véselles como vítimas igual que á clase traballadora, mentres que os bancos e as grandes empresas –coñecida como a “oligarquía financeira”- aparecen como os ogros, o que sen dúbida é san e progresivo, pois apuntan o corazón do sistema.

jueves, 24 de octubre de 2013

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN POLÍTICA INTERNACIONAL


Carlos Dafonte

A crise económica non debe ser para as xentes da esquerda revolucionaria a principal e única consideración a salientar na situación actual. Esta é un proceso consubstancial co capitalismo, o seu desenvolvemento a xera, e sérvelles, ós máis poderosos para concentrar capital, eliminar competidores e modificar no seu beneficio as condicións de explotación da forza de traballo.
O que nos debe preocupar máis e que despois de varios lustros de ataque organizado a nivel mundial contra os traballadores, sobre todo no centro do sistema capitalista, é si o que afirmou Trotski no Programa de Transición aprobado en 1938, de que “a situación política mundial caracterizábase pola crise histórica da dirección do proletariado” é hoxe tamén unha realidade, nunha situación na que non hai máis saída, de acordo ós intereses dos asalariados, que a substitución do capitalismo por unha nova formación social onde o modo de produción capitalista non sexa hexemónico.
Naquel intre o revolucionario soviético referíase a quen tiña a responsabilidade de dirixi-la revolución mundial, a Internacional Comunista ou III ª Internacional. organismo que naceu como resultado da visión política, do traballo e da necesidade que Lenin consideraba para a extensión da revolución, consideraba inviable a posibilidade do “socialismo nun só país”; pero Lenin morreu en 1924; hoxe por non existir un organismo internacional desas características, podemos afirmar que a incapacidade das forzas revolucionarias para dar unha resposta organizada á agresión do imperialismo contra os pobos e @s traballador@s e como superala, debe ser un dos elementos centrais do análise da situación política; posiblemente o máis importante. Mentres non se solucione o problema da dirección política, o capitalismo terá maiores facilidades para impoñe-los seus criterios e cargará, como é lóxico nun sistema baseado na explotación, sobre as costas da forza do traballo os custes de toda crise.

viernes, 11 de octubre de 2013

EMPRESAS ELÉCTRICAS E BANQUEIROS: COMO A OLIGARQUÍA EXPLOTA Ó POBO



Carlos Dafonte.
A oligarquía española é cecais das máis explotadoras e corruptas dos países que configuran a U.E..Para enfrontarse ó pulo do movemento obreiro, un dos máis poderosos do continente, desde principios do século pasado, utilizou o exército e a posterior ditadura militar, para derrotalo e descabezalo, elevar a súa taxa de ganancia, e, o contrario que a italiana e alemá, ó entrar nun proceso democrático despois da morte do ditador, non pagou ningunha peaxe pola súa actitude durante máis de corenta anos: as súas fortunas, gañadas dun xeito ilexítimo, foron garantidas e ningunha empresa ou familia das que apoiaron a sublevación e posterior ditadura, sentouse nun banquiño dos acusados para dirimi-las súas responsabilidades políticas ou pagaron como no caso de Alemaña, as indemnizacións ás vítimas cas súas fortunas.

sábado, 5 de octubre de 2013

A AVE E A APOSTA SOBERANISTA DO BNG

Roberto Laxe

Se ha un proxecto central para o capital español ese é a construción das liñas da AVE. Central desde un punto de vista económico, pois supón o saqueo puro e simple das contas do estado por parte das grandes construtoras, OHL, ACS, FCC, etc., etc. É un saqueo porque levan gastado nel máis de 50 mil millóns de euros, so na Galiza 6 mil millóns, tendo en conta que as obras publicas no Estado Español páganse mais que na Alemaña, con salarios mais baixos.

martes, 24 de septiembre de 2013

CRISE NA MONARQUÍA. CANDO A INSTITUCIÓN É A PERSOA


Roberto Laxe

A enfermidade do monarca pon sobre a mesa xusto todas as mentiras coa que rodearon a súa figura, nomeadamente esa de que non manda nada, que tanto ten te-lo como non, e abre unha crise política de incalculables consecuencias.
Se non manda nada, porque agora teñen un problema aparentemente técnico, que en realidade é de lexitimidade: o rei sanciona todas as leis, sen a súa sinatura son nulas e non serven para nada. Por iso o goberno, na ultima rolda de prensa falou de que faio por “sinatura electrónica”.
Se non manda nada, o que pasaría se se dera un referendo en Catalunya e un sector do exercito lanzara a idea de suprimilo pola forza, como xa falou algún militar retirado. O único que pode “unificar” a resposta do exercito –e como marxistas sabemos que esta é a verdadeira ferramenta de poder do capital- e o seu Xefe do Estado Maior, o rei.

martes, 17 de septiembre de 2013

A REBELIÓN POPULAR SIRIA E O IMPERIALISMO


Carlos Dafonte

A posibilidade dun ataque dos imperialistas dos EEUU e os seus aliados contra o territorio sirio, que leva dous anos asolado por unha rebelión popular que se converteu en guerra civil, na que diferentes países aportan armas e efectivos humanos, foi o que lle deu nestes últimos días un maior protagonismo ós acontecementos que alí ocorren, xerando toda unha serie de controversias.
Imos facer algunhas consideracións sobre o tema tendo en conta que falar de Siria, é aínda máis complexo que de outros países da zona, pois desde a década dos 70 do século pasado, cando a familia Assad fíxose co poder mediante un golpe de estado, o país pechouse bastante á posibilidade de ter unha boa información.
Siria foi un territorio pertencente o antigo imperio otomano, do que formaba parte xunto co que hoxe é Iraq, Xordanía, Arabia, Palestina, etc, que a traveso do tratado de Syckes-Picot, entre franceses e británicos, en plena primeira guerra mundial, dividen os dominios de quen vai ser considerado derrotado a partires de 1918, facéndose cargo os primeiros da súa administración xunto co espazo que actualmente ocupa Líbano.
Acada a independencia en 1941, pero a soberanía nacional non a exercerá ata 1946 cando as tropas francesas saen definitivamente do país, que desde 1937 funcionaba como unha, en teoría, república parlamentar, situación que se ve interrompida a partires de 1949 cando se producen toda unha serie de golpes militares, tendentes a impedir a unión con Iraq.

lunes, 9 de septiembre de 2013

QUE VAN PACTA-LAS OLIGARQUÍAS DE EUROPA E EE.UU. NO TRATADO DE LIBRE COMERCIO?


Carlos Dafonte

A principios de xullo, a pesares do xesto dos franceses de boicotea-las despois de descubri-las escoitas dos servizos de información da primeira potencia mundial sobre as comunicacións dos seus aliados e de millóns de cidadás, no maior segredo, como se fai nas ditaduras, deron comezo as negociacións entre a Unión Europea e os EEUU de Norteamérica para chegar a un acordo sobre un posible Tratado de Libre Comercio entre estas dúas potencias económicas, que representan hoxe o 40 % da economía mundial e cuxo comercio bilateral é aproximadamente unha terceira parte do comercio mundial.

viernes, 6 de septiembre de 2013

O FALLIDO ATAQUE A SIRIA, UN PUNTO DE INFLEXIÓN PARA TODOS

Roberto Laxe

Cando saltou ás primeiras paxinas dos medios o suposto ataque químico do réxime sirio á súa poboación, os imperialistas occidentais, os franceses, británicos e norteamericanos saíron de novo coa súa hipócrita defensa dos dereitos dos pobos. Semellaba que estabamos diante dun novo proceso como o de Iraq e desde a esquerda de sempre, nunha operación simétrica no punto oposto, pensábase que como en Siria minten igual que en Iraq, a situación Siria é igual á iraquiana, e levantaríase un masivo movemento de masas contra a agresión.

martes, 3 de septiembre de 2013

OS MEDIOS CONVIRTEN O CASO BÁRCENAS NUN "CULEBRÓN" PARA OCULTAR A CRISE POLÍTICA

Roberto Laxe

Lendo os medios de prensa e vendo as noticias, xurde a sensación de que o “caso” Barcenas semella máis un Culebron tipo Dallas, que un debate político entre responsabéis dos proxectos que, din, van sacarnos da crise.

As informacións que se Cospedal “odia” a Barcenas, que a Soraya “non sabe non contesta”, que se Rajoy faise o tonto, que se Aznar cala, e o seu alter ego, Espe Aguirre apuntase a un bombardeo. Semella que en vez dun partido político, onde se debate, por definición, de politica, é dicer, dos asuntos que atinxen o conxunto da poboacion, falamos dun grupo de amigos que xuntaronse para facer negocios e agora que as cousas ven mal dadas, comezan a pelexar entre eles.


domingo, 1 de septiembre de 2013

NON ME GUSTA QUE AOS TOUROS PÓNASCHE MINISAIA?


Xulia Mirón
Así soaba o refrán da canción “A Minisaia”, que era famosa no estado español, cantada por Manolo Escobar. Moitas mozas non a coñecerán, pero as máis "veteranas" seguro que máis dunha vez cantárona no franquismo e de feito até experimentaron o que nesa canción dicíase, sobre todo porque os seus noivos, maridos, pais, irmáns....así llo facían saber ás mulleres desa época.

martes, 20 de agosto de 2013

REVOLUCIÓN EN EXIPTO?.


Carlos Dafonte

Unha cuestión fundamental á hora de examinar un proceso de mobilización como o que se está a producir no norte de África, é a de estudar a natureza socio-económica-política do mesmo. Se nos centramos en Exipto, onde as mobilizacións dunha parte importante da sociedade contra do goberno dos “Irmáns Musulmáns” foi a coartada para un golpe de estado do exército o 3 de xullo pasado, podémonos preguntar se nos atopamos diante dunha revolución, como afirman moitos titulares e algunhas organizacións políticas, se a mobilización de importantes sectores da sociedade exipcia ten ese carácter, e dicir, faise a favor dun cambio de estruturas no sistema produtivo, que vai tamén a transformar as relacións sociais de produción, e dar paso a unha nova hexemonía na sociedade ou pola contra as reivindicacións atinxen só ó aspecto político, quérese maior liberdade, defensa do laicismo, pero sen poñer en cuestión o sistema produtivo e a hexemonía da burguesía; se cumprida unha primeira etapa, de poñer fin a un estado de excepción permanente exercido por unha ditadura militar, avanzouse cas mobilizacións de maio e xuño cara a un estadio superior ou estase en vías de consolidación ca intervención militar, dunha seudodemocracia burguesa moi limitada, unha especie de “bonapartismo”.

jueves, 1 de agosto de 2013

RETROCESO NOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS DAS MULLERES




Xulia Mirón

O Goberno do PP non cesa en aplicar recortes que afectan aos dereitos democráticos conquistados a longo de todos estes anos. A golpe de Decreto día si e día tamén son aniquilados dereitos en saúde, en educación, en servizos sociais, así como en liberdades democráticas. Pero se en algo se está retrocedendo coas medidas e as políticas do PP son os dereitos das mulleres a unha saúde sexual e reprodutiva libre.
O Ministro Gallardón saíu dicindo, recentemente xurado o cargo, que o primeiro que faría sería cambiar a lei de aborto que aprobou o Goberno Zapatero. A reforma, entre outras cousas, suporía o non financiamento dos poucos métodos anticonceptivos que están na carteira dos servizos de sanidade, tamén se excluirían os tratamentos de reasignación sexual, a exclusión “solteiras/lésbicas” da reprodución asistida. As malformacións graves non serían un suposto de aborto, o que crearía un grave problema para a saúde das mulleres, especialmente para as que teñen menos recursos económicos, as novas, ou as que están en situación irregular que se verán abocadas a realizar a IVE noutros países ou de maneira clandestina, coas posibles consecuencias para a súa saúde.

sábado, 20 de julio de 2013

FEMINISMO MARXISTA. NOTAS ACERCA DE UN PROCESO EN CONSTRUCCIÓN




Ángeles Maestro.
Texto escrito para las XVII Jornadas Independentistas Galegas “Actualización y vigencia del marxismo. Tomar el cielo por asalto”. Santiago de Compostela 20 de mayo de 2013.

Los primeros análisis rigurosos sobre la vinculación del patriarcado con la propiedad privada y la sociedad dividida en clases son producidos por el análisis marxista. 
Era necesario que así fuera. 
Fue precisa la acumulación histórica de experiencia de lucha y de conocimientos por parte de la clase obrera explotada, alcanzada con el capitalismo, para producir la teoría capaz de explicar las raíces de la dominación de clase y específicamente de la opresión de las mujeres.
La teoría política que identificó a quienes más sufren la explotación y la desposesión como sujeto revolucionario capaz de dirigir la emancipación del conjunto de la humanidad, tuvo necesariamente que enfrentar las condiciones específicas de la liberación de quienes soportan la opresión más intensa y oculta del proletariado.
Los trabajos de Engels y Marx no fueron informes académicos. Ambos eran militantes activos del movimiento obrero. Sus debates y conclusiones cobraban vida palpitante en las luchas obreras y tuvieron una influencia destacada en la I Internacional.

viernes, 12 de julio de 2013

A CLASE "MEDIA" VOLVE A SER CLASE OBREIRA


Roberto Laxe
 O longo dos anos da “burbulla”, e como consecuencia ideolóxica da restauración do capitalismo nos chamados estados “socialistas”, semellaba que as predicións sobre a desaparición da clase obreira eran reais. Todos eramos “clase media”, menos o 1% mais rico e os que, por motivos alleos o sistema, eran excluìdos del. Era a sociedade das tres capas, os mais ricos, as clases medias e os excluídos, onde non tiña sentido o concepto clase obreira.
Esta ideoloxía viuse reforzada no Estado Español pola desindustrialización forzada nos anos 80 para a integración na CEE (actual Unión Europea), que se levou por diante grandes sectores da industria, desde estaleiros ate siderurxias. Os gobernos de F González, Aznar e Zapatero, como a Xunta na Galiza, asumiron o papel do Estado Español que na división internacional do traballo impuñan as grandes potencias, destrución da fabricación de bens de equipa e de alto valor engadido, e deixalo como exportador de bens de consumo (automóbil que son deslocalizacións de empresas multinacionais, téxtil, por onde entraron algunhas multinacionais autóctonas, etc.),… e para variar, o turismo.

lunes, 1 de julio de 2013

PERMANECER NO EURO, DÉBEDA E UNIÓN EUROPEA, A MESMA TRAMPA CONTRA OS TRABALLADORES




 Carlos Dafonte

Hai que recoñecer que nos “venderon ben a burra” da entrada na Comunidade Europea no ano 1986, máis tarde, denominada Unión Europea, e na Unión Monetaria en 1999, e dicir, a nosa participación na creación do euro. Durante moitos anos os habitantes do estado español fomos maioritariamente europeístas, desta Europa dos grandes emporios financeiros, aínda que non soubéramos moi ben por que; cecais por pensar que despois da etapa franquista que nos singularizaba, pertencer a unha comunidade ampla facíanos perder o estigma do franquismo, sen decatarnos que esa entrada, en absoluto discutida pola sociedade, e sobre todo, os anos de permanencia na mesma, trouxeron os “lodos” das maiores dificultades para superar en certa medida, son da opinión que saír da actual crise é imposible, as dificultades económicas, políticas e sociais con que hoxe nos atopamos.

miércoles, 26 de junio de 2013

LENIN O IMPERIALISMO E A MUNDIALIZACIÓN


 Roberto Laxe
 Dicía Trotski que o marxismo é unha ferramenta que de tanto afiala, pódese mellar; e isto é o que lle esta sucedendo; de tanto “atualizalo”, esta perdendo o seu fío revolucionario, deixando de ser a ciencia da revolución e unha guía para a acción. Están a transformalo nun simple método para explicar o mundo, xa desde o punto de vista filosófico, económico ou social, pero non para servir ao seu obxectivo central, a transformación socialista da sociedade.
Tras a caída do Muro de Berlín e o “descubrimento” de que tras el non había socialismo, senón uns estados que aínda non sendo capitalistas, sufriran unha profunda dexeneración, produciuse un triplo movemento na intelectualidade e as organizacións que se reivindicaban do marxismo, unhas, a maioría, abandonárono formalmente e disolvéronse como o PC Italiano, outros, mantivérono formalmente, mas en realidade asumiron as teses do keynesianismo, e os terceiros, tentando libralo da dexeneración stalinista que o converteu nun catecismo, romperon o nexo de unión entre Marx e o presente, o leninismo.
Destes desapareceron os grandes achegues de Lenin ao marxismo, como a definición da fase actual do capitalismo como Imperialismo, a teoría do estado, a ligazón entre conciencia sindical e conciencia revolucionaria a través do partido ou a definición de “centralismo democrático” imprescindible para un partido que se expón a toma do poder pola clase obreira e os oprimidos.

jueves, 20 de junio de 2013

É A POLÍTICA, ESTÚPIDOS!

 Roberto Laxe

Cando a comezos dos 90 Bush pai aparecía como o vencedor da I Guerra de Iraq e da restauración do capitalismo no leste europeo, daba a impresión que nas eleccións ía arrasar, mas chegou un tal Bill Clinton que levantou a palabra de orde: “é a economía, estúpidos!”.
Mentres Bush regodeábase na súas vitorias, a economía ianqui atravesaba unha importante crise que empobrecía amplas capas da poboación e das chamadas “clases medias”. Eran os restos do crack da bolsa de 1987 e o estoupido da burbulla dos “bonos lixo” dos 80. Clinton situou o problema onde estaba, non nas “vitorias” militares, senón nos problemas internos, económicos, e gañou as eleccións.

domingo, 16 de junio de 2013

O ATAQUE Ó SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS EXPRESIÓN DA LOITA DE CLASES


Carlos Dafonte

Algúns datos sobre o sistema vixente; segundo Euroestat é un dos máis baratos da Unión Europea. No ano 2010 o gasto público en pensións foi de 1862 euros por habitante, moi inferior ós 2769 de gasto medio da U.E., os 3421 de Alemaña, os 3658 de Francia ou os 3295 de Italia. Aquí, no mesmo ano, o 70% das pensións non superaban os 1000 euros; a pensión contributiva é un 25% inferior á media da UE e a non contributiva un 50%. Entre o 2007 e o 2012, o porcentaxe do PIB adicado a pensión subiu un 2% por motivo da mala xestión da crise que se esta a levar a cabo, pero a pesares de todo, contase cun fondo de reserva de 66.000 millóns de euros, un 6'5% do PIB; o 90% deste fondo está investido perigosamente en débeda pública española. No ano 70 do século pasado tiñamos 2 millóns de pensionistas, hoxe 8 millóns douscentos mil, e a pesares do aumento, había superavit pola razón de que o aumento da produtividade permite que aumente a “ratio” entre pensionistas e traballadores ocupados.

lunes, 10 de junio de 2013

A RUPTURA COA UNIÓN EUROPEA E O EURO

Roberto Laxe
A crise da Unión Europea é a crise do modelo capitalista que as burguesías dos estados europeos construíron para competir cos EE UU e Xapón; como dixeran na Cimeira de Lisboa, “en dez anos” alcanzarían aos EE UU. A realidade da crise demostrou que estas burguesías só teñen un proxecto común para facelo: aumentar a explotación dos traballadores/as e o saqueo dos pobos oprimidos. A isto redúcese nos feitos a Unión Europea e a súa moeda.
A crise política da Unión Europea, ás presións sobre a débeda soberana e todos os movementos especulativos o seu redor, esta xerada pola cobiza de cada burguesía, que quere levar a sardiña a súa ascua, e nesta loita interburguesa a que se impón é a mais poderosa, a alemá e os seus satélites.

viernes, 31 de mayo de 2013

CRISE, AUTORITARISMO E FASCISMO


Carlos Dafonte

A grave crise económica que se esta a producir no centro do sistema capitalista e como consecuencia da mesma, a agudización da loita de clases, poñen de actualidade, por unha banda, a situación de excepcionalidade dentro do sistema capitalista, que ata o de agora se teñen manifestado de tres xeitos diferentes a traveso da historia, o bonapartismo, a ditadura militar e o nazismo e fascismo, e por outra o tema da revolución, a necesidade de estudar, analizar, debater, como no século XXI pódese, nos países do centro do sistema, levar adiante un proceso de masas, que conte ca participación da maioría, e rache cas estruturas do sistema capitalista. Hoxe faremos algunhas consideracións sobre o nazi-fascismo.

lunes, 27 de mayo de 2013

EFEMÉRIDES MES DE MAIO


Carlos Dafonte

Día 1º de maio.

1886. A celebración do primeiro de maio está ligada a loita polas oito horas nos EEUU. En outubro de 1884, no congreso celebrado en Chicago da American Federation of Labor (A.F.L.), prodúcese un cambio de táctica; pásase de presiona-lo poder político para que lexisle a favor das 8 horas diarias de traballo, lexislación que os patróns non cumprían nos casos de existir, a comezar a preme-las patronais.
Apróbase unha resolución, convocando para que a partires do 1º de maio de 1886, case dous anos máis tarde, todas as organizacións obreiras fixaran a xornada laboral nas 8 horas. A resolución aprobada no congreso perdeuse, pero coñécese a aprobada polo Comité Executivo permanente a proposta de Gabriel Edmonston, que compartía a idea de levar a cabo o 1º de maio de 1886 unha grande mobilización obreira polas oito horas.
As razóns pola que se escolleu esta data non esta clara; se dan numerosas explicacións, desde que esa é a data da gran folga dos traballadores da seda en 1531 en Lucca, Italia, ata que é a posta en marcha do ensaio dos seguidores de Owen de New Harmony. A explicación máis racional é que o 1º de maio nos EEUU coincidía co comezo do ano de traballo para a contratación de servizos.

domingo, 19 de mayo de 2013

NA II ª TRANSICIÓN. AS PERSPECTIVAS DA REORGANIZACIÓN DA ESQUERDA GALEGA


Roberto Laxe
A 1ª Transición terminou legalmente o 6 de decembro do 1978 coa votación da Constitución monárquica, e realmente o 23 F cando co “auto golpe” lexitimaron ao Borbón como un demócrata. A partir de aqui comezou un paso atrás, un esquecemento sistemático de como foron conquistadas as liberdades democráticas, que presentaron como un “agasallo” do rei e Suárez ás forzas da esquerda; cando foi exactamente o contrario, a chamada oposición democrática, co PCE á cabeza, entregou nos Pactos da Moncloa a iniciativa na Transición aos herdeiros do réxime, que despois fixeron á súa imaxe e cos seus perfís.

miércoles, 15 de mayo de 2013

ALGUNHAS CUESTIÓNS QUE NON DEBEMOS ESQUECER CANDO FALAMOS DA CRISE E DA SAÍDA DA MESMA


Carlos Dafonte

1. En todos os países que configuran o planeta, tamén polo tanto na U.E. aínda que moit@s o teñan esquecido, ou téntense encubrir ca formulación da existencia de “clases medias”, “caixón de xastre” onde métense asalariados con niveis medios e altos xunto con pequenos comerciantes, profesións liberais, etc., tentando que teñan intereses comúns, existen diferentes clases sociais que se atopan en constante loita, sendo a máis importante a que libran, no sistema capitalista, @s traballador@s asalariad@s e a burguesía.
Clases sociais que crean partidos para defende-los seus intereses, pero sobre todo os partidos burgueses, tentan esconder esta realidade, converténdose en partidos interclasistas, é dicir, onde convivan diferentes clases, as veces teoricamente antagónicas, irreconciliables nas súas posicións, para así recibir votos de moi diferentes sectores sociais. Hai que entender que non tería obxecto un partido onde só estivese afiliada a grande burguesía, formado por banqueiros e grandes empresarios; “cantaría moito”, a xente daríase conta dos intereses que perseguen e recibiría só votos destes sectores, que son moi reducidos, o que non lles permitiría acada-lo poder.
Ademais a sociedade actual é moi complexa, recibe enormes cantidades de información, case sempre ó servizo da clase dominante o que fai que moitas veces un banqueiro e un obreiro, pola falla de conciencia do asalariado, coincidan nun proxecto de defensa dunha determinada crenza relixiosa, da defensa en abstracto da propiedade, poden coincidir tamén, por estar en contra do divorcio ou do aborto e polo tanto votar ó mesmo partido, aínda que os seus intereses económicos sexan diametralmente opostos.

2. Se a sociedade esta constituída por diferentes clases, e hoxe ninguén o discute, con intereses diferentes e se a crise que estamos a vivir é xerada pola tendencia que no capitalismo existe, que funciona como unha lei, a caída da taxa de ganancia, desde unha perspectiva de clase, a burguesía, os sectores propietarios dos medios de produción, queren unha saída segundo os seus intereses económicos e @s asalariad@s outra moi distinta.
Pero tamén dentro da burguesía, nestes tempos de crise, prodúcense loitas e enfrontamentos entre uns sectores da mesma contra outros, tanto a nivel mundial como dentro dos propios estados, tentando quedarse cos mercados, cas materias prima, etc, tentando en suma facer desaparecer ós competidores máis febles, nun proceso de concentración e centralización do capital, cada vez en menos mans. As crises serven pois, “para limpa-los” mercados, eliminando competidores e no caso da bolsa, inversores, cuxas accións desvalorizadas, non todos poden aguantar a caída e venden, van parar a mans de quen ten máis poder económico.
Polo tanto se PP e PSOE, son partidos defensores dos intereses burgueses, chamárase así ou con outras siglas no caso do primeiro, como se ten amosado desde os anos do principio da transición, o primeiro desde unha perspectiva conservadora, progresista o segundo, non lles pidamos outra política, sobre todo a quen hoxe nos goberna, por que é pedirlle “peras ó ameneiro”; van facer o que lles interese ós sectores burgueses máis poderosos, que como reflicten os tan traídos e levados “papeis de Bárcenas”, son os que axudan ó financiamento do partido, e quen paga, manda.
Por iso tentar dar unha perspectiva, o que fan moitas veces os sindicatos maioritarios e os partidos da esquerda institucional, que mobilizando conseguiremos cambia-la política do goberno e facela “máis social” é verdadeiramente quimérico e é emprender loitas que nunca se van gañar: tanto PP, como PSOE, UPyD ou os nacionalistas de dereitas, CiU ou PNV, como partidos burgueses van defende-los intereses da burguesía, que non ten interese algún nunha “saída social” á mesma.
Polo tanto as loitas contra as políticas da burguesía deben te-lo obxectivo, ademais de acadar algunhas reformas, nunca se debe renunciar ás mesmas, de abrir novas perspectivas, de aglutinar a maioría da xente en base a explicarlles que se non hai cambios estruturais fondos, o que significa avanzar cara a unha nova sociedade que non asente os seus alicerces na explotación da forza de traballo e o dominio político, social e económico dunha minoría que se apropia da riqueza producida pola maioría da sociedade e a utiliza no seu exclusivo beneficio, senón abrimos esa perspectiva, o único que faremos e darlles ás masas falsas esperanzas e perder enerxías en algo que, se a burguesía non perde o poder, nunca se vai acadar. Só haberá “saída social á crise” se muda a correlación de forzas das clases en disputa, hoxe favorable á burguesía; e si esta correlación mudara a favor da maioría social, débese continuar nun sistema explotador?.
Alguén poderá poñe-lo exemplo do goberno de Andalucía, como indicativo de que se poden facer cousas distintas ó servizo dos traballadores, pero non nos enganemos, o goberno PSOE-IU fai paga-la a crise ós traballador@s, pero toman algunha medida, poucas, limitadas e quizais pouco eficaces, para facer menos dolorosa esa derrota.


    3. Porque o descrito no punto anterior é a realidade e non outra, se analizamos desde o punto de vista da loita de clases todas as medidas que se foron tomando, en todos os anos da transición, primeiro cos gobernos da UCD de Suárez e o Pacto da Moncloa, máis tarde co PSOE de González, despois co PP de Aznar, a continuación co PSOE de Rodríguez e agora co PP de Rajoi, todas as medidas foron tomadas co obxectivo de desarticular á clase obreira, facela máis ineficaz na defensa dos seus intereses, recortando todo tipo de dereitos, e potenciando un sistema produtivo baseado nas burbullas, que unido á crise capitalista actual, sitúa ó estado español en maiores dificultades para superala.
    Polo tanto dánse as condicións para que a saída da crise actual, se vaia facer en clave burguesa e cando dentro duns anos nos digan que xa estamos de novo nun período de expansión, será de expansión e acumulación de maior riqueza por parte da clase dominante, un sector da burguesía, pero os asalariad@s teremos que vende-la nosa forza de traballo nunhas condicións peores á de como o facíamos hai uns anos, con menos dereitos en todos os eidos, traballando máis horas por menores salarios, con contratos feitos á medida do patrón, cunha vida laboral máis longa para ter menos pensión, sen seguro de paro ou moi minguado, etc e con menos instrumentos de defensa que hai uns anos; esa vai se-la realidade.
    E se, din os expertos, que se crea traballo a partires dun crecemento do 2 % do PIB, se agora atopámonos no -1'5 e non podemos pensar que que se vaia a subir dun xeito continuado, posiblemente serán poucas décimas ó ano, se comezará a crear emprego polo ano 2020, de mala calidade e pasará como nalgunhas economías centrais do capitalismo, que ter emprego non é garantía de atoparte fora da exclusión social e a pobreza.
    4. O PP vanglóriase de ter evitado que fóramos rescatados, ese é o seu maior logro, din, destes meses de goberno, pero mente; cando un país é rescatado nunca, en ningún caso rescátase á maioría da poboación e se lle fai mellora-la súa condición de vida, rescátanse ós sectores burgueses hexemónicos que se atopan en perigo e paga o rescate dos ricos, a maioría da poboación. Ademais, as institucións da U.E. e o FMI, vixían e deciden as medidas que se teñen que tomar. E iso é o que está a pasar no estado español; fomos rescatados, pero dun xeito distinto a como o foi a economía grega ou portuguesa, tamén a española é maior e non se podería facer do mesmo xeito, pero cúmprense as premisas de rescate dos sectores burgueses, de pago do rescate pola maioría da poboación, a calquera prezo, e a perda de soberanía, que ninguén pode dubidar despois da modificación “express” da constitución por parte dos dous grandes partidos burgueses estatais, PP e PSOE e da vixilancia constante, á que se atopa sometida a economía do estado español, e o exame, hai que pedir permiso, por parte de institucións de fora, non elixidas democraticamente, para tomar calquera medida económica.
    5. A crise e a superación da mesma en beneficio da oligarquía, vai poñer en evidencia en Galicia, polo proceso centralizador e de concentración de capital dos sectores da burguesía dominante do estado e o peche de numerosas empresas, a compra de outras por empresas de fora, como ocorreu co Banco Pastor e Etcheverría as quebras de outras como Nova Caixa Galicia, o enfeblecemento da propia burguesía galega a todos os niveis, industrial, pesqueiro, financeiro, etc, e o aumento das dificultades para o futuro autogoberno galego; pero tamén ponse en evidencia, o pouco interese da burguesía local por defende-lo proceso ó considerarse representada pola posición de submisión do PP respecto os intereses centralistas. Parece que a burguesía galega ou é transnacional, ou subalterna da centralista, caso distinto da catalá que resiste ó intento de centralización e concentración, cunha proposta de maior soberanía, aínda que se abran fendas na propia clase.
    6. Fronte a este panorama económico con graves implicacións políticas e sociais, ós traballadores asalariados só lles queda a alternativa de loitar, decatarse que sen loita a burguesía non lles vai conceder absolutamente nada, aínda loitando vai ser difícil, pero só loitando é o único xeito de reconquistar dereitos perdidos neste período e non permitir que nos quiten ou rebaixen os que mantemos; a alternativa de establecer obxectivos moi claros a curto prazo, modificacións que sexan paliativo das políticas agresivas actuais, pero sobre todo tomar conciencia da necesidade de producir un cambio de sistema, o capitalista atópase esgotado e é necesario abri-lo debate entre os traballadores, de cal deben se-los alicerces do novo e o elemento fundamental para acada-los obxectivos anteriores: a organización; sen ela as loitas son facilmente derrotadas. E para consegui-la organización necesaria, poderosa para enfrontarse a agresión da burguesía, hai que tentar afastar aqueles elementos político-ideolóxicos que non sexan esenciais na loita de clase e que non permiten avanzar na unidade dos traballadores.

En Galicia no mes de maio de 2013

viernes, 10 de mayo de 2013

II ANIVERSARIO DO 15 M VISTO DENDE O 15 M DA RIA


Roberto Laxe (do Grupo de Traballo do 15M da Ria)

Hai xa 2 anos que xurdiu un novo movimento social que se deu en chamar “15M”, a consecuencia da indignación acumulada durante tempo coa situación política, económica e social que se estaba a vivir. Gritáronse consignas como “non nos representan”, “chamánlle democracia e non o é” ou “non é unha crise, é unha estafa”.
Dous anos despois, as consignas que ó comezo eran un tanto intuitivas vanse transformando en conviccións políticas, porque os feitos golpean a cotío e reafirman a nosa confrontación co sistema capitalista. O sentimento de desconfíanza nesta mal chamada democracia medra de xeito imparable co goteo constante de novas que demonstran que todas as institucións, desde as máis altas ás cercanas, están podres, desprendendo aires de corrupción, enrequecemento ilícito ou de simbiose co poder económico e financieiro. Nesta situación, están a aparecer voces nos partidos institucionais que claman por un gran pacto que leve a unha segunda transición en España. Sen embargo, un pacto que parta dunhas organizacións que manteñen a toda costa institucións inimigas e corruptas, non vai contar en absoluto coa opinión do pobo nin vai contemplar depuración de responsabilidades. Excepto tal vez nas formas, non vai supoñer cambio algún, tal como non o supuxo a transición do 78. Estamos convencidos que a solución está fora das actuais institucións, que terá que xurdir sen dúbida desde abaixo, recuperando a soberanía do pobo.
O feito de que se goberne co fin de favorecer a estes poderes, a costa da gran maioría da población, fai que gritemos con máis forza: CHÁMANLLE DEMOCRACIA E NON O É, e NON NOS REPRESENTAN. Por se fose pouco, tentan criminalizar as protestas e culpabilizar á poboación de vivir por riba das súas posibilidades, cando son eles os que levan anos vivindo por riba das nosas posibilidades. Esta democracia que defenden está a afastarse cada vez a máis velocidade da poboación, non só en calquera concello, na Xunta e no Estado Español, senón en toda Europa. As decisións son tomadas de forma cada vez máis escura, coa UE e a Troika como cabeza visible, sen que haxa ningunha capacidade real de decisión.
Mentras eles avanzan cara a acumulación de poder e riqueza, e da inmunidade duns poucos, a utilización perversa da débeda pública fai que a poboación sufra a miseria, a precariedade e o desmantelamento das conquistas sociais. Pero ESTA DÉBEDA NON NOS PERTENECE:
En primeiro lugar, porque esta UE, desde o Tratado de Maastricht, obriga a cada Estado a se financiar a través da banca privada, que recolle cartos públicos do BCE, para logo obter beneficios polos préstamos ós Estados.
En segundo lugar, a débeda dos Estados convertiuse nun gravísimo problema por mor do rescate con fondos públicos da banca, á que inxentaron miles de millóns de euros para tapar os buracos da burbulla inmobiliaria. Socializaron as perdas, trasladando ás contas publicas o descalabro da banca e as grandes empresas privadas.
En terceiro lugar, e como consecuencia dos 2 anteriores, os mesmos causantes da crise especulan coa débeda do estados, e aproveitan as súas necesidades de refinanciamento para incrementar os seus beneficios. Como moitos estados teñen as contas en vermello, teñen a excusa para lanzar as políticas de “austeridade”, entregando a bancos, aseguradoras e grandes empresas novos sectores productivos, resultado das privatizacións e desmantelamento de hospitais, centros de saúde, educación ou servizos sociais.
Para poder deixar este inmenso negocio ben atado, a Unión Europea e os grandes bancos acordaron garantir que o pago da débeda pública tivese prioridade sobre calquera outro gasto. Para materializar ese acordo, o PP e o PSOE reformaron nada menos que a Constitución no 2011.
POR ISO VOLTAREMOS A BERRAR: NON É UNHA CRISE, É UNHA ESTAFA!
Temos que rexeitar na rúa todas as medidas que están a supor un empobrecemento social, e esixir o non pago desta débeda ilexítima, sostida por institucións ilexítimas, e blindada por unha Constitución que tampouco é lexitima.
Apostamos pola loita, a movilización, a repolitización do pobo e os traballadores, e a unidade, nunha Fronte Única Social contra os Gobernos e a Troika, para a recuperación das conquistas roubadas e da soberanía popular.
Galiza a 09 de maio de 2013



domingo, 28 de abril de 2013

CRONOLOXÍA DE ANTONIO GRAMSCI NO 76 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE


Carlos Dafonte.

O 27 de abril de 1937, ás 4'15, aquel cerebro que o fiscal que o acusou no xuízo celebrado en 1926, dixo que había que conseguir que non pensara máis, deixou de facelo. Case sen contactos ca súa familia, só o seu irmán Carlo, Gennaro ó que lle unían maiores afinidades políticas, tívose que exiliar nos primeiros anos do fascismo e estaba a loitar na guerra civil española contra o franquismo e rotos os vínculos ca organización política da que fora secretario xeral, explica que ó seu enterro só asistiran o devandito irmán e a súa cuñada Tatiana.

miércoles, 24 de abril de 2013

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS (AGE) DEBE CAMBIA-LA SÚA ESTRATEXIA


Carlos Dafonte

Fago estas reflexións despois de asistir a unha charla de ANOVA, un dos alicerces de AGE, na que interveu Xosé Manuel Beiras. Na súa intervención un tanto “soreliana” fixo constantes invocacións á necesidade da autoorganización da xente a redor dos seus problemas cotiás, económicos, laborais, etc, e que AGE actuaría como interlocutor e intermediario diante do Parlamento; explicou a súa evolución que o levou a pactar cunha forza antaño “españolista”, pero partidaria do dereito de autodeterminación, en función do que significa esta crise da que fixo unha caracterización, polo que a contradición principal era máis de clase, que entre “nacionalismo-españolismo”; fixo unha diferencia clara entre a autoorganización a redor dos problemas económicos e a política, que se debe realizar en ANOVA, e ratificouse con moita forza na posición de que AGE non é máis que un grupo parlamentar.
Antes de entrar nos contidos da miña curta intervención na asemblea, a primeira das que se produciron, quero dicir que o tema AGE ocupoume moito tempo en discusións con xente de Galicia e de fora, e sobre todo con xente que a votou e que esperaba que eu fora algo máis flexible nas miñas posicións, pola época do proceso electoral. As declaracións dos seus líderes levaban ó equívoco; dicíase que AGE sería un grupo parlamentar, pero tamén que eran unha forza política anticapitalista o que é contraditorio se o analizamos en profundidade ou unha Fronte Popular.
A miña posición antes do proceso electoral era de que AGE ía ser, no caso de obter deputados, só un grupo parlamentar, fronte a posición de diferentes persoas que atopábanse esperanzados de que AGE, ademais dun grupo parlamentar combativo que establecera unha política de oposición radicalmente distinta a levada por PSOE e BNG, fose o inicio, o alicerce, da necesaria reconstrución da esquerda en Galicia. Que lles facía pensar así?, pois as verbas dos dirixentes de AGE, comezando por Beiras que o 25 de xullo, cando lanzou a proposta falou dunha “fronte popular” ou de Yolanda que dixo de construi-la “Syriza galega” e esta formación grega non é só un grupo parlamentar, é unha organización que traballa na sociedade grega, organizando á xente, que teñen un programa anticapitalista, etc. Eu moito máis cauto, pensaba que era unha alianza de “comenencia”, para tapa-los previsibles malos resultados electorais de EU, nun momento moi favorable, co descrédito dos partidos maioritarios, a crise do BNG, etc e ANOVA, Beiras, que quizais tentaba facerlle paga-lo Bloque os seus desencontros.
Pero despois dos resultados acadados, máis de 200.000 votos, das espectativas creadas, que non entraron nunca nos meus cálculos, como xa escribín neste blog, AGE debe xogar un papel distinto do que Beiras deseñou na devandita charla, que segundo el, é seguir a ser un grupo parlamentar sen máis.
Por iso decidinme a intervir, foi a primeira que se fixo e cunha certa ironía dinlle as grazas polas súas verbas, que confirmaban as miñas previsións sobre o que ía ser AGE, pero tamén lle fixen a consideración que o número extraordinario de votos recibidos, debíalles levar a analizar que AGE debe xogar outro papel máis salientable, organizar politicamente a numerosos sectores e ser o xermolo da reconstrución da esquerda en Galicia, que era o que moitos dos seus votantes esperaban. Non actuar así era unha fraude non só para quen os votou, senón para todos aqueles outros que estaban a espera de que AGE dera pasos adiante.
Contestoume cunha verdade de Perogrullo, que nunca a partires dun grupo parlamentar se podía levar a cabo o que eu esixía, cousa que é certo e por iso lles pedía que cambiasen o rumbo da Alianza Galega de Esquerdas. Do que se trata é de construír unha alternativa, desde o anticapitalismo que din profesar, e superar o papel de intermediario entre unha sociedade que sofre os efectos das políticas neoliberais e as institucións. Facer anticapitalismo desde o parlamento é un exercicio moi limitado, tendo en conta que hai unha forza conservadora que ten a maioría absoluta e outras dúas que nos últimos anos actuaron perfectamente integradas no sistema. A alternativa anticapitalista hai que elaborala na sociedade, ó tempo que organizas politicamente á xente.
Despois da miña intervención producíronse varias máis de colectivos afectados por problemas específicos, e polo menos dúas máis que esixían a creación dunha Fronte Popular ou Fronte de Esquerdas, na mesma liña dos que como eu, ven necesario, urxente, que AGE entre no debate de supera-lo institucionalismo e de xoga-lo papel que a historia deste país lle ten hoxe adxudicado.

En Galicia no mes de abril de 2013

miércoles, 17 de abril de 2013

"ESCRACHES"


Carlos Dafonte

Con este termo denomínase a acción dun grupo de elector@s, algún é de supoñer dado o número tan elevado de votos que tivo o PP, que sexan dese partido, realizan para lembrarlles @s deputad@s e senador@s, que @s elector@s existen entre votación e votación e deben ser tidos en conta cando se vai lexislar sobre aspectos tan importantes como é neste caso, a lei hipotecaria da que depende que che quiten a vivenda, sobre todo cando a Unión Europea considera esta lei como contraria os dereitos da cidadanía. Unha Lei Hipotecaria de principios do século pasado que nin PSOE nin PP nestes anos fixeron nada por cambiala e cando algo fixeron, como no caso do primeiro, foi para axilizar máis os desafiuzamentos.
A dereita, e estou seguro que o PSOE de estar na mesma circunstancia reaccionaría do mesmo xeito que o PP, tenta terxiversa-la situación, considerando un feito moi grave que os electores se queiran poñer en contacto cos elixidos para facerlles ver cal é a solución máis xusta ó problema que centos de miles de cidadáns padecen, por culpa dunha crise que non xeraron, como pode ser quedar na rúa, sen vivenda e cargados de débedas para o resto das súas vidas e das dos seus fillos.
Nestas circunstancias debíamos de estar a falar do modelo de democracia, da calidade da que nos dotamos na transición, despois da ditadura, e chegar á conclusión que un elemento fundamental da mesma debe ser o control dos elixidos por parte dos electores, cuestión que no estado español no existe.
A dereita conservadora e reaccionaria, utiliza esta falta de control para maltratar ó electorado, mantendo á marxe de toda información e o que é aínda peor, considérase con capacidade para cambiar radicalmente o programa presentado nas últimas eleccións e que é un feito normal sobre o que non debe dar explicación algunha, agás a estulticia de que non coñecían as contas reais; o PP ten os mecanismos necesarios para, sen estar no goberno, coñecela realidade da economía española.
O teño repetido en numerosas ocasións, desde o meu punto de vista, non son os votos os que lexitiman a un goberno senón o cumprimento do programa presentado que é o contrato que establece con quen lle vota e o que lexitima a súa actividade. O que esta a acontecer no estado nestes anos, que se agudizou nos meses do PP no cargo, é a ruptura total do consenso nun sistema que garantía certa dose de convivencia, ó marxe das tensións que en toda sociedade capitalista, xera a loita de clases.
A maioría da cidadanía observa incrédula, pero con un aumento cada vez maior da súa furia, e nesas circunstancias é difícil ser educado, como aumentando a súa contribución ás administracións do estado mediante os impostos, a rebaixa dos seus salarios e pensións, etc., só serve para desmantelar iso que chamamos salario indirecto, que son os servizos básicos dos que ata hoxe, aínda moi deficientes respecto a UE-15, gozaba.
O PP debe comprender, como se ven poñendo de manifesto desde que a crise se manifestou dun xeito máis virulento, que a súa actuación, como a do partido da alternancia, son das causas fundamentais de que o réxime plasmado na constitución de 1978 teña perdido lexitimidade, para unha parte moi importante da cidadanía, que cada vez máis o pon en cuestión, sobre todo por non recoller, as institucións que se someten ó veredicto das urnas, aquelo que os votantes pensan e que en momentos tan graves para a maioría da xente, decátanse que non contan absolutamente para nada para aqueles a quen elixiron, que non teñen sobre eles o máis mínimo control, e que deputados e senadores traballan máis en función das necesidades do partido ou de poderes non democráticos, existentes no estado e en Europa, que das necesidades de quen os elixe.
Os elixidos deben render contas diante de quen os elixiu, e o sonsonete de que se non están de acordo ca súa actuación, que non os voten nas próximas eleccións, non é propio dun sistema democrático; tampouco o é comparar os “escraches” ca actitude dos nazis, quen utiliza este tipo de argumentos amosan un descoñecemento total da historia, tanto sexan voceiros do PP como os intelectuais orgánicos no que se teñen convertido moitos periodistas que esquecen o seu labor, que é o de informar, e adícanse preferentemente á defensa do partido no goberno.
En primeiro lugar porque o voto non é un “cheque en branco” que lle das a un partido e que poida encher co que lle de a gaña, os elixidos teñen a obriga de cumprir o estipulado no contrato que é o programa presentado, e en segundo lugar por que os nazis asaltaban arrabaldes obreiros e xudeus co beneplácito e a complicidade do poder que detentaba a clase hexemónica, a burguesía industrial e os latifundistas, os junkers, que eran quen financiaban a súa actividade. Facer esta comparación é confundir as vítimas cos verdugos Os cargos públicos do PP non poden ir de vítimas, o son aqueles que por culpa das medidas por eles tomadas, que non estaban no programa electoral, quedan sen traballo, se lles rebaixan pensións e salarios e non poden facer fronte a unha hipoteca, e como consecuencia se quedan sen casa e cargados de débedas. Os “escraches” son unha especie, e pido perdón pola comparanza, en política, do “cobrador do frac”, que lembralle a alguén que ten unha débeda que ten que pagar, e ningún goberno ten dito polo de agora, que a actuación de esas empresas fora un delito.
Estou convencido que o PP ten nas súas mans rematar cos “escraches”, facendo o que é a súa obriga, que os elixidos do seu partido se comporten democraticamente e que os deputad@s e senador@s fagan o que é o seu deber, facer asembleas polas circunscricións nas que foron elixidos para escoitar o que os electores e afectados polas medidas tomadas, lles queiran facer chegar, e que as súas suxestións sexan tidas en conta. Que deixen de tomar en consideración as dos poderosos, que é verdadeiramente ó servizo de quen actúan.
Pero un partido antidemocrático nunca vai facer iso, fronte a máis democracia como xeito de solucionar os problemas, escollerá a solución de sempre, máis represión. Lévano no seu “código xenético político”.

En Galicia no mes de abril de 2013