A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 10 de junio de 2013

A RUPTURA COA UNIÓN EUROPEA E O EURO

Roberto Laxe
A crise da Unión Europea é a crise do modelo capitalista que as burguesías dos estados europeos construíron para competir cos EE UU e Xapón; como dixeran na Cimeira de Lisboa, “en dez anos” alcanzarían aos EE UU. A realidade da crise demostrou que estas burguesías só teñen un proxecto común para facelo: aumentar a explotación dos traballadores/as e o saqueo dos pobos oprimidos. A isto redúcese nos feitos a Unión Europea e a súa moeda.
A crise política da Unión Europea, ás presións sobre a débeda soberana e todos os movementos especulativos o seu redor, esta xerada pola cobiza de cada burguesía, que quere levar a sardiña a súa ascua, e nesta loita interburguesa a que se impón é a mais poderosa, a alemá e os seus satélites.

Mas non nos trabuquemos, que a burguesía alemá sexa a beneficiada do empobrecemento dos países “periféricos” non quer dicir que o seu pobo no sufra tamén ese empobrecemento; nada máis lonxe da realidade. A burguesía alemá tivo máis capacidade de previsión que as demais, e as medidas que hoxe sofren o conxunto dos pobos europeos, foron experimentadas na propria Alemaña coa “axenda 2010” do goberno social-verde de Schroeder, feita no 2002. A propaganda non pode tapar que en países “satélites” de Alemaña como Suecia o paro xuvenil supere o 20%, que na mesma Alemaña moitos xubilados (900 mil) teñan que traballar para completar as pequenas pensións que cobran, e que os chamados “minijobs” supoñen que miles de traballadores/as novos gañen ao redor de 400 euros o mes.
O verdadeiro carácter da UE é a de seren unha “cova de ladróns”, onde todos os grandes capitais europeos séntense a gusto. A defensa do euro é a defensa destas políticas antiobreiras e antipopulares.
Mas a crise, o enfraquecemento das economías, a nova recesión na que entra a Unión e a súa incapacidade para dar unha saída á crise que non vaia mais aló do desemprego masivo (17 millóns de parados na Unión), da rebaixa de salarios e perda de conquistas laborais, e o desmantelamento de todos o servizos públicos e sociais, en fin, do empobrecemento social, leva a aparición de forzas políticas que buscan a “rexeneración” social da Unión Europea, cando isto, como se viu en todos os anos da súa existencia é un imposible: nin nos mellores tempos económicos, puideron aceptar os non irlandés, danés o francés á Unión. Tiveron que facer “trampas” ate que conseguiron o si, pois a Unión construída en Maastricht é umha unión dos capitalistas europeos para mellor explotar á clase traballadora e os pobos. Nunca tiveron a menor intención dumha Europa "social", non a precisaban. Por iso as políticas dos que teñen como horizonte dotarlle de "carácter social" a unha Unión que, por definición, non o pode admitir, son cantos de serea que desarman e desconcertan ás poboacións fronte os seus inimigos reais.
Por outra banda, e froito da decadencia e empobrecemento das chamadas “clases medias”, os pequenos empresarios, os xubilados, os pequenos campesiños, e mesmo sectores do asalariado, etc., xorden tendencias “chovinistas”, “nacionalistas”, no mellor dos casos “euroescepticas”, nun repregamento a que “calquera tempo pasado foi mellor”. Manteñen a ilusión de que cando a peseta, a lira, o dracma ou o escudo existían non ían tan mal, e a súa decadencia social vai ligado o seu retroceso social. Imaxinan que coa antiga moeda nacional, recuperando a suposta “soberanía” sobre a política monetaria non empobrecerían, pois poderían tomar medidas –devalo da moeda- que mantería o seu nivel. ¡Nunca un devalo se fixo para manter o poder adquisitivo das clases traballadoras, o invés, esa medida só se traduce nunha perda do poder adquisitivo real, aínda que non nominal!.
De feito, a realidade é que a política que hoxe seguen desde a Unión Europea e a Troika é un devalo do euro, sen dicilo, que esta empobrecendo ao pobo traballador europeo, comezando polos seus sectores máis débiles, os estados da periferia. Se lembramos, no Estado Español nos anos 50 o franquismo devalou a peseta e provocou a ruína no campo, xerando unha onda migratoria cara as cidades e Europa de millóns de seres humanos. Xa na democracia, o goberno de FG devalou a moeda como parte da reconversión industrial pola que desmantelou (ele chamoulle “modernización”) o núcleo duro da industria pesada española, o naval, a siderurxia, as químicas, o petróleo, a pesca, etc., todo a maior gloria da incorporación española á naquel momento coñecida como a CEE.
Sobre esta base do “euroescepticísmo” e o repregamento ás “fronteiras nacionais”, están xurdindo correntes neofascistas ou fascistas directamente, como Amencer Dourado de Grecia, que apoiándose na demagoxia racista e xenófoba (“primeiro os nativos” fronte os inmigrantes), estanse a entrenar para enfrontar á clase traballadora cando os seus amos o precisen. De igual maneira que os fascistas dos anos 30, Mussolini, Hitler ou Primo de Rivera, falaban de “nacional socialismo” ou “sindicalismo” e propuñan medidas como a nacionalización da banca para confundir os empobrecidos pola crise, os neofascistas actuais utilizan demagoxicamente unha terminoloxía “radical” contra a UE e o Euro, ocupando diste xeito o espazo social que deixan entre o pobo os socialdemócratas e reformistas, empeñados na imposible “rexeneración” da Unión Europea.

Son “cantos de serea” para gañar os sectores sociais escépticos coa Unión Europea o servizo dos mesmos intereses burgueses nacionais e europeos que están chocando coa clase traballadora e os pobos; baixo as ordes da UE e a Troika, son os gobernos estatais e nacionais os que están a desenvolver as politícas antiobreiras. É preciso desenmascarar a súa demagóxica antieuropea porque de ultimas son as ferramentas mais brutais e violentas do capital contra a clase traballadora, só que disfrazados co manto do rexeitamento da UE, e que sacaran das catacumbas cando esa mesma Troika e UE vexa en perigo os seus planes. 

Unha outra saída é posible
Hoxe as burguesías europeas agrupadas na UE teñen claro que se queren competir no mercado mundial, non só cos EE UU ou Xapón, que xa fixeran os deberes nos 80, teñen que rebaixar o poder adquisitivo da clase traballadora europea entre un 20 e 30% -o que resultaría do devalo da moeda, no caso de recuperar a peseta, a lira e demais-, alén de desmantelar, e privatizar, todos os servizos públicos que aínda quedan como un residuo do Estado do Benestar dos “30 gloriosos”.
Fronte a isto a clase traballadora e os pobos só teñen un camiño, o que hai catro anos marcou o pobo grego: “pobos de Europa, alzade-vos”. E temos que referirnos a todos os pobos europeos, non o suposto enfrontamento entre o "norte" rico e sur "pobre". As políticas son contra todos os traballadores/as e os pobos europeos, e as respostas que illan nacionalmente á resposta, como fan as direccións sindicais agrupadas na CES, é a mellor maneira de preparar a derrota de todos/as.
Cada estado ten as súas tarefas, iso é indubidable. A derrota dos gobernos estatais e nacionais é o primeiro paso dun camiño que ten que levar á unidade contra a Unión Europea e o seu axente, a Troika, partindo do acadado ate o de agora. Poren, para que esta unidade teña futuro ten que ter un eido programático que xunte as loitas e as vontade en toda Europa, a esixencia clara e contundente do “non á UE e o euro”, “pola ruptura inmediata do Tratado de Maastricht”, verdadeira constitución Europea.
Alén diso, esta claro que a crise que alcanza o conxunto da clase traballadora e os pobos europeos, abre unha perspectiva: a resposta ás políticas da Unión Europea, levadas a cabo a través da Troika e os gobernos, só pode darse avanzando na unidade na loita contra estas institucións. A perspectiva da Federación de Repúblicas Ibéricas e os Estados Unidos Socialistas de Europa esta contida na Xornada de Loita Europea do 14N, que foi de Folga Xeral na Península Ibérica, cando a clase traballadora e os pobos de Europa deron un paso na unificación das súas forzas.

En Galiza no mes de xuño de 2013


No hay comentarios:

Publicar un comentario