A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 24 de diciembre de 2015

SAE "TOCADO" O BIPARTIDISMO DO 20 DE DECEMBRO?. E AS POLÍTICAS NEOLIBERAIS?.



Carlos Dafonte.

Deixamos atrás o 20 de decembro cos resultados electorais producidos e mentres en todos os medios de comunicación dedícanse ó mercadeo de sumar e restar escanos para a formación de posibles gobernos, nunha actividade enganosa que tenta influír na sociedade sobre como se debe formar, facéndolle crer que non ten importancia algunha nin o programa, nin a ideoloxía, nin a historia próxima, nin a clase ou fracción de clase que cada organización representa, o que creo prudente é establece-los alicerces dun posible goberno que non debe ser outra cousa que o programa que pode presentar á sociedade.
No exercicio espurio de sumar escanos, algunhas direccións de programa tanto de televisións privadas como públicas, chegaron a sumar o PSOE, Podemos, IU, PNV, Bildu, Esquerra Republicana, Democracia e Llibertat e Coalición Canaria, para a formación dunha maioría parlamentaria que denominaban de “esquerdas”, cando a realidade que interesa é outra, e nunha primeira aproximación, dende o punto de vista dos traballadores asalariados, que son a grande maioría da sociedade, deben analizar se o retroceso do bipartidismo e a aparición de novos partidos na escena política, vai significar tamén un retroceso das políticas que se coñecen co nome xenérico de neoliberais que son as que agreden ás maiorías sociais, pero sobre todo o fan a quen ten que vender a súa forza de traballo por un salario.

sábado, 19 de diciembre de 2015

O CINISMO DA "DESTRUCIÓN CREATIVA".



Roberto Laxe
A crise capitalista, que detonou no 2007, comeza a ter umha deriva militarista moi perigosa para a humanidade. O estancamento nos beneficios nas potencias imperialistas, e os primeiros síntomas de crise e esgotamento nos “emerxentes”, con China á cabeza, demostra a incapacidade do capitalismo para saír dos círculos pechados de crise, recesión, empobrecemento social, numha espiral cara baixo, sen ter que recorrer á cínica definición de Shumpeter da “destrución creativa”.
Limites obxectivos á saída da crise
A restauración do capitalismo nos estados obreiros nos 90 supuxo unha achega inxente de forza de traballo cualificada e materias primas a baixo prezo que abriu un proceso de acumulación de capital tremendo, do que se beneficiaron non só as burguesías imperialistas, senón as burguesías nadas do paso da propiedade estatal a mans privadas: dos burócratas que se converteron en capitalistas. Se esta restauración deuse noutro momento histórico, coa vitoria de Hitler, ou tras a II Guerra mundial, estas burguesías serían semicolonizadas, xa polo imperialismo alemán ou, como sucedeu, polo ianqui, vencedor da II guerra, con Alemaña, Xapón, Francia e Italia destruídas fisicamente e Gran Bretaña debéndolles até a camisa da raíña.

viernes, 4 de diciembre de 2015

DE NOVO O DEBATE SOBRE O "ESTANCAMENTO SECULAR" DA ECONOMÍA CAPITALISTA.



Carlos Dafonte

Aínda que Rajoy, o PP e algúns dos partidos do réxime, os que o manteñen en pe, falen con moita desenvoltura da recuperación da economía española e mundial, cecais para non cargar, de cara o día 20, ca responsabilidade do que están a sufrir a maioría dos traballadores do estado español, a burguesía mundial atópase moi preocupada pola situación económica e os perigos dunha nova recesión planetaria. E non atopan explicación da razón pola que non acontece que despois da dura recesión e das medidas tomadas non se produza un período de forte crecemento.  Habería que preguntarlles que foi dos acordos do G-20 ampliado celebrado en Washington en novembro de 2008, onde acordaron “reforma-lo capitalismo”, maior control dos mercados, esixirlles transparencia, mellorala rendición de contas do sistema, reforma-las institucións financeiras internacionais, entre toda outra serie de medidas e acordos aprobados naqueles momentos de medo.