Roberto Laxe
Tese 11 Sobre Feuerbach de K Marx
Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero do que se trata é de transformalo.
O decolonialismo unha concepción estática da historia
A proposta “decolonial”, que é unha escola de pensamento xurdida en América Latina, co obxectivo de romper coas xerarquías do coñecemento e das formas de estar no mundo eurocéntricas, sitúase nunha fase do coñecemento previo ás Teses sobre Feuerbach.
Levan tres decenios tentando explicarse, “interpretando” a realidade para, aparentemente, situarse entre o capitalismo e o socialismo creando unha “nova teoría” (outra máis!) que “non pode responder os supostos da modernidade capitalista e colonialista dos 500 anos. Non pode partir dos postulados burgueses, pero tampouco dos do socialismo real (coa súa imposible planificación perfecta, co círculo cadrado do centralismo democrático, coa irresponsabilidade ecolóxica, coa burocratización dos seus cadros, co dogmatismo vangardista da súa teoría e estratexia, etc.)”.