A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 27 de junio de 2019

A OLIGARQUÍA EUROPEA PRECISA RECONSTRUÍ-LO BIPARTIDISMO


Carlos Dafonte.

A U.E. atópase nun labirinto; as últimas eleccións para o Parlamento aumentaron o seu fraccionamento, expresión da perda de consenso dos partidos e grupos que durante unha longa época, “socialistas” e “populares”, dominaron a escena política europea. Pero sobre todo complícase pola queda dos socialistas en Francia, Italia e o importante retroceso en Alemaña, así como a aparición de novas forzas políticas, que sen chegar a poñer en cuestión a actual construción, lle formulan reformas de difícil encaixe para o proxecto oligárquico.
Por iso entendo que a burocracia europea necesita agrupa-lo voto da clase traballadora, hoxe moi disperso, arredor dos partidos que despois da II ª Guerra Mundial, levaron adiante políticas de tipo keynesiano, para salva-lo capitalismo do difícil transo no que se atopaba.

martes, 18 de junio de 2019

O DRAMA E A FARSA DO MOVEMENTO OBREIRO.


Roberto Laxe
Cando Marx e Engels escribiron o Manifesto do Partido Comunista, en 1847, a clase obreira era a á esquerda dos partidos burgueses de esquerda, dos liberais, dos xacobinos, etc. Houbo que esperar á fundación da II Internacional, en 1889, para que a clase obreira contase cos seus propios partidos de masas; é dicir, a súa independencia política respeito da burguesía tivese expresión organizativa.

martes, 4 de junio de 2019

¡¡¡FINALIZOU O CICLO ELECTORAL SEN FALAR DE ECONOMÍA!!!


Carlos Dafonte

Considero necesario, enmarcar as eleccións celebradas o pasado domingo nun contexto sociopolítico e económico, onde a nivel mundial, a cadea imperialista cuxo elo máis forte son os EEUU, esta tentando desestabiliza-lo planeta, con todo tipo de medidas para retrasa-lo máis posible o que é una evidencia, o declive do seu poder económico.
Esta ofensiva parécese moito a levada a cabo por Tatcher, Reagan e Juan Pablo II, para desestabilizar o intento de consolidar o que se autodenominaba “socialismo real”, aínda que de socialismo tivera moi pouco, que levou a un cambio radical das políticas da socialdemocracia e aceptar o neoliberalismo a todos os niveles. Os elos máis fortes da cadea imperialista, naquel momento, tentaban saír da crise que se iniciara a finais dos anos sesenta e que se consolidou ca suba do prezo de petróleo a principios da década dos setenta.