A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 18 de junio de 2019

O DRAMA E A FARSA DO MOVEMENTO OBREIRO.


Roberto Laxe
Cando Marx e Engels escribiron o Manifesto do Partido Comunista, en 1847, a clase obreira era a á esquerda dos partidos burgueses de esquerda, dos liberais, dos xacobinos, etc. Houbo que esperar á fundación da II Internacional, en 1889, para que a clase obreira contase cos seus propios partidos de masas; é dicir, a súa independencia política respeito da burguesía tivese expresión organizativa.

A II Internacional entrou en bancarrota na guerra de 1914, e dela saíu a revolución de outubro e a III Internacional. A clase obreira aparecía como unha clase capaz de xestionar un estado, e comezar a construír unha sociedade diferente, oposta polo vértice, ao capitalismo. A dexeneración burocrática da URSS terminou con esta imaxe: "sociedade socialista", o "comunismo" apareceu asociado a réximes opresores que tiñan de "comunistas" o nome; pero en todo o demais eran antiobreiros.
A clase obreira, que coa revolución de outubro e a expropiación do capital en 1/3 do mundo, encarnara un proxecto social liberador, coa destrución destes estados e a restauración do capitalismo, viu como a súa "imaxe" de clase revolucionaria desaparecía. Desaparecía a "imaxe" pero non a clase, que seguía sendo a xeradora de riqueza, a que coa venda da forza de traballo seguía (e segue) xerando a plusvalía que enriquece aos capitalistas.
Mais, ao desaparecer a "imaxe" como clase politicamente independente, cun proxecto social colectivo, alternativo e contraditorio co do capital, os traballadores / as como individuos se reintegraron na á esquerda dos partidos da burguesía, pechando o circulo de comezos do século XIX. Era a farsa no século XXI do drama do XIX. Posto que na época de Marx e Engels a clase obreira achegábase ao marxismo como algo novo, revolucionario. A farsa que o stalinismo fixo do marxismo ao longo de 70 anos afastounos de novo, converténdoos de novo nesa á esquerda.
Pero a historia non chegou ao seu final. A burguesía necesito 300 anos para asentar o seu poder desde a primeira revolución burguesa triunfante, a independencia dos Paises Baixos da monarquía Hispánica; tamén tivo moitas derrotas ata que o conseguiu; e tiña ao seu favor a propiedade privada, as universidades e o poder dos burgos. Á clase obreira non se lle pode esixir que en 70 anos consiga o que ao capital custoulle 300 anos, cando só ten a súa explotación para conseguilo; é sinxelamente canalla sequera pensalo.
O capitalismo na súa decadencia pon no centro, de novo, a revolución, a necesidade de cambiar o sistema de arriba abaixo. Os últimos 10 anos están cheos de experiencias revolucionarias que fracasan por un único motivo, a clase obreira non chega puntual á súa cita coa historia, non porque non loite, que o fai e moito, senón por que subxectivamente volveu a antes do Manifesto do Partido Comunista; non cre que ela teña un proxecto alternativo ao capitalismo e limítase a “resistir” os embates do capital en crise.
É necesario, imprescindible, que a clase obreira recompoña e actualice o seu programa da revolución socialista, enriquecido con máis de 180 anos de historia e experiencia, para de novo romper co seu papel de á esquerda de partidos burgueses liberais ou progresistas, e  recuperar a independencia política necesaria para levalo até o final, que non é outro que “a expropiación dos expropiadores”.
Sorprendentemente é nos EE UU onde estes pasos, parece, comezan a darse co xiro cara ao “socialismo” dentro das filas do liberalismo ianki.
O “socialismo” nos EE UU
Diversas enquisas din que a maioría das mulleres na EE UU prefiren o socialismo fronte ao capitalismo. Tamén que máis do 50% da mocidade norteamericana oriéntase no mesmo sentido. E no Estado Español, e outros estados europeos (Italia!) as forzas que triunfan son os pos modernos da "nova política", na súa variante reaccionaria (M5S italiano) ou na súa variante progresista (Podemos e ex confluencias), que teñen como bandeira, xusto, o rexeitamento á defensa dun proxecto social alternativo ao capitalismo, como é o socialismo.
Certo é que o "socialismo" de Sanders e as organizacións que crecen na EE UU non son 
Ademais, é o camiño inverso ao que fai a esquerda "socialista" europea. Nos 90 a inmensa maioría dos PCs, sectores do trotskismo (o Secretariado Unificado da IV), do maoismo, das organizacións armadas dos anos 60 /70 como as Brigadas Vermellas, comezaron un camiño cara á súa homologación coa á esquerda do Partido Democrata norteamericano; o caso máis avanzado foi o PC Italiano, que terminou por converter-se, ... no Partido Democrata.
Mentres a esquerda europea (na que non se inclúe á socialdemocracia) camiñaba rumbo ao progresismo liberal do Partido Democrata ianki, a á esquerda deste comezaba a dar pasos na reivindicación do termo que en Europa se abandonaba, o socialismo.
O éxito de Sanders, como o de candidatas das recentes eleccións foi precisamente que reivindicaron un proxecto social alternativo, o socialismo; asi fose á súa maneira, suavizado. O fracaso da "nova política" en Europa vén xusto polo abandono e o rexeitamento aberto dese proxecto; porque xa se sabe que no capitalismo o que non ten un proxecto social alternativo, termina abrazando o dominante burgués, converténdose na súa á esquerda.
Certo é tamén, que a clase obreira europea fixo a experiencia con gobernos dos partidos "socialistas", en realidade partidos burgués, con réximes "comunistas", que non era máis que ditaduras burocráticas,... e iso marca a lume a conciencia dos traballadores / as. Pola contra, a clase obreira norteamericana nunca fixo a experiencia con réximes dese tipo, e "socialismo" ou "comunismo" non se asocia a políticas opresoras, senón a "rebeldía" fronte ao sistema, que sempre estivo dominado polos dous partidos, o republicano e o demócrata. Neste sentido pódese falar dunha clase obreira virxe, cuxas experiencias son cos partidos do capital.
A crise e decadencia do imperialismo iánki, do empobrecemento da súa poboación traballadora fai que do primeiro salga ese bufón perigoso que é Trump, do segundo comezo a liberarse forzas que do “liberalismo” e do progresismo achéganse ao socialismo como proxecto social alternativo. A cuestión é que eses sectores dean o salto do socialismo democrático, ao socialismo revolucionario; e neste sentido axuden aos europeos no camiño de romper coa esterilidade para o cambio social da “nova política”, convertida na “socialdemocracia.2”.


En Galiza no mes de xuño de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario