Roberto Laxe
Hai un tremendo apagamento informativo sobre o
que está a pasar en Francia, coa loita de clases manifestándose como é, clase
obreira contra capital, e as clases medias, aí, no medio, como o houbo cando na
Arxentina varias organizacións trotskistas agrupábanse no FIT e sacaban
1.200.000, e facían actos baixo a faixa do "goberno dos traballadores",
desmentindo a Laclau na súa patria.
Da mesma maneira que mentres a Podemos e os
seus 1.200.000 votos daquela dedicábanlle todos os informativos, ao FIT, non.
Os primeiros era "nova política", os segundos, "vella
política". Agora co que sucede en Francia tres cuartos do mesmo, a
"nuit debout" á que dedicaron paxinas, era a "nova
política", as folgas e cortes de estrada, a "vella"; e a
sociedade española, pequeno burguesa até a medula -aínda non superou o
fidalguismo, iso de ocultar que un é pobre tras unha capa e un sombreiro de á
ancha-, mirando para outro lado.
