A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 25 de octubre de 2018

ALGUNHA CONSIDERACIÓN SOBRE O CHAMADO "DECRETO DIGNIDADE" APROBADO EN ITALIA, O DEBATE SOBRE O MESMO E O FASCISMO


Carlos Dafonte
A aprobación por parte do Goberno italiano do que se ven en chamar “Decreto Dignidade”, e as modificacións sufridas despois ó seu paso polo Parlamento, abriu ó meu entender unha polémica importante, en relación cun artigo asinado por Monereo, Anguita e Illueca, no que formulan algunhas cuestión sobre o mesmo que lles parecía tiñan un carácter positivo, aínda que en conxunto, o considerasen deficiente. E creo que é importante, pola razón de que moitas veces os países que configuramos a actual Unión Europea e ademais pertencemos ò euro, descoñecemos e non nos importa moito, o que acontece nos nosos socios cuxas accións van ter importantes repercusións para tod@s nós.

lunes, 22 de octubre de 2018

"MARXISMO OU MARXISTAS", UNHA PALABRA QUE MUDA MOITO



Roberto Laxe.

Marxismos” sempre existiron, non é o mesmo "marxismo" o de Lenin que o de Plejanov, o de Kautski que o de Berstein, como Rosa Luxemburgo que foi a máis audaz criticando o mesmo Marx e O Capital na teoría da acumulación. Ou Trotski e dentro do trotskismo, cantos "marxismos" ha?
Esta diferencia entre “marxismos” e “marxistas”, colle toda a actualidade tras as criticas á obra de Bernabé o respecto da diversidade. Desde certos sectores do marxismo saltaron como un resorte, defendendo a analise da “diversidade social” dos “marxismos” como unha aportación un gran enriquecemento da teoría marxista, e sentíndose atacados pola obra de Bernabe.

domingo, 14 de octubre de 2018

CANDO A XUSTIZA DESAPARECE, FAISE NECESARIA A REVOLUCIÓN.


Eusebio López
O xuízo contra Willy Toledo, os presos cataláns, o 155 e as bandas quitalazos, Valtonic, as declaracións de Toni Cantou sobre a desaparición do castelán en Galiza (este tío non pisou Ferrol, Coruña ou Vigo, onde facer vida normal en galego é imposible, somos “imigrantes na nosa propia terra”), Casado e a sua “pistola sobre a mesa”, a provocación da subida do 1.5% á casa Real “coma se fosen funcionários”..., (pero que oposición aprobaron?) e a inviolabilidade do anterior rei... O verdadeiro carácter da xustiza, ademais de burguesa (“está feita para os robagaliñas”) é neofranquista (a maioría dos altos cargos son do OPUS DEI), e máis que quedan no tinteiro, non son actitudes da caspa, de “indivíduos” ignorantes,...

martes, 9 de octubre de 2018

ERREJÓN/CARRILLO, PEDIR PERDÓN 2.0


Ángeles Maestro

Quien no sabe es un imbécil. Quien sabe y calla es un criminal.
Bertolt Brecht

En los últimos días, Iñigo Errejón, ha dado un paso más para ubicar a Podemos en el marco de lo políticamente correcto para las estructuras de Poder. Sin que haya sido desautorizado por su organización, ni por su coaligada IU, ha pedido disculpas a parte de las generaciones anteriores por si se hubieran sentido ofendidas por declaraciones de Podemos que hablaban de hacer borrón y cuenta nueva con el Régimen del 78, cuando lo que pretenden en realidad es actualizarlo.
La Transición, además de una traición, fue una tragedia para el movimiento obrero y las izquierdas del Estado español. La clave de bóveda de esa maniobra estaba en el PCE, que tenía su fuerza real en el poderoso movimiento obrero, reconstruido en dura lucha contra la Dictadura. El PSOE era prácticamente inexistente. Era poco más que una carcasa “rellenada” con jugosos apoyos económicos, políticos y mediáticos de la CIA y la socialdemocracia que actuaban de forma coordinada y con los mismos objetivos: asegurar el control por parte de las mismas élites tras la muerte de Franco.

lunes, 1 de octubre de 2018

NIN VTC's NIN XESTIÓN PRIVADA DE SERVIZOS PÚBLICOS: NACIONALIZACIÓN.


Roberto Laxe
No Estado Español hai unha tendencia a resolver os problemas da clase traballadora coa xeneralidade de que “traballadores somos todos”, e máis os autónomos, que traballan máis que os demais; ou iso din eles. Con este simplismo encáranse conflitos sociais complexos. O drama desta metodoloxía é que confunde máis que clarifica, e xa sabemos que “en río revolto, ganancia de pescadores”. Por iso, para ter perspectiva e podamos ir máis aló das meras formas nas que se manifesta o conflito, intentemos ver cales son os axentes sociais que se moven ao redor do conflito do taxi para entendelo na súa profundidade.
Unha primeira aclaración de concepto, salvo os falsos autónomos que só constitúen o 10% do todo o sector, un autónomo é un pequeno empresario, teña asalariados ou non, porque é dono do seu medio de produción e vende o produto do seu traballo por un prezo; a mercancía que pon no mercado non é a súa forza de traballo, senón o resultado dela, sexa un transporte de viaxeiros, de mercancías ou a venda de coches.
Isto é chave para entender porqué cando este sector formula as súas reivindicacións non fala de xornadas nin de salarios, senón de custos de produción (combustible, alugueres de locais, etc.) e de cotas de mercado (licenzas) ou prezo da mercancía, sexan portes ou sexan tarifas; falan, en fin, nos mesmos términos que calquera empresario, pequeno, mediano ou grande. Pola contra, si fosen asalariados / as as súas reivindicacións terían que ver coa xornada ou o salario.