A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de octubre de 2023

ESTÁ A CHEGAR O SEGUNDO INTENTO DE INVESTIDURA. O TEMPO DO PSOE E SUMAR.

Carlos Dafonte

    O primeiro asalto para ter un goberno para os próximos anos finalizou sen que as perspectivas sociais, políticas, económicas, para os traballadores e traballadoras do país foran clarexadas. Coñecemos hoxe que o único que lle interesa a PP e VOX é a “unidade de España”, que segundo estes dous partidos atópase en grave perigo diante da ameaza dunha posible lei de amnistía, non para Puigdemont e algúns outros dirixentes do “process”, como sinalan eles, senón para centenares de persoas que participaron no referendo e que terán que ir aos xulgados para dar conta da súa actividade eses días. Tamén lles interesa moito se Bildu vai darlle a posibilidade de conseguir a investidura a Pedro Sánchez, pois “con terroristas e asasinos” non se pode ter pacto algún, agás si o beneficiado vai ser o PP, e sirva de exemplo os pactos coa forza independentista vasca no Concello de Vitoria cando o PP tiña a alcaldía.

Nas sociedades divididas en clases, cando os tempos de bonanza son lembranzas do pasado e os países do centro do sistema capitalista atópanse inmersos nunha fonda crise que non hai perspectivas de superar, PP e VOX preferiron que a sesión de investidura de Núñez Feijoo se convertera nun sainete, nunha “astrakanada”, nunha crítica constante ao goberno en funcións, antes que facer o que debe facer calquera candidato que enfronte un acto institucional da importancia do que Núñez Feijoo se enfrontou: crítica aos anos do anterior goberno esgrimindo datos obxectivos, e propostas de solucións aos problemas que resaltaches como as eivas máis importantes que ten a sociedade que queres gobernar.

sábado, 7 de octubre de 2023

A ERRADA INVESTIDURA DE FEIJOO. A "ESPAÑA REAL E A OFICIAL".

Eusebio López

Aínda que os medios de comunicación, con esa "produtividade/rapidez" que lles caracteriza na fabricación de información, xa pasasen páxina da semana pasada e agora toque falar de Pedro Sánchez, a errada investidura de Feijoo pon de manifesto a superficialidade coa que a inmensa maioría deles falan e escriben, educando á poboación no simplismo maniqueo nas análises -o insulto e a caricatura- co fin de despolitizala.

Trotski dicía que para “derrotar ao inimigo non fai falta insultalo”, e para derrotar ao PPVOX como “administradores do réxime” non fai falta insultalos, só caracterizar o seu papel no réxime e unha política coherentemente radical (ir á raíz das cousas) que se base na mobilización social. Nada menos, nin nada máis.