Roberto Laxe
Esta pandemia, unha “crise dentro da crise”, é o punto final da fase neoliberal do capitalismo ao demostrar ante a sociedade, fóra de toda dúbida razoable, a súa incapacidade para defender a saúde publica; a “nova normalidade” será o que a loita de clases determine para o futuro, pero o neoliberalismo atopou o seu “Muro de Berlín”. A pandemia tamén puxo en cuestión o tres ideas forza que xurdiron paralelamente á hexemonía neoliberal e que dominaron a esquerda nos últimos 40 anos.
1.- O fin das sociedades industriais teorizado nos 60 polos "novos filósofos" franceses, Bernard Henry Levy, Andre Glucksmann e Alain Touraine, que decretasen o "adeus ao proletariado" e o comezo da "sociedade postindustrial", que levaba á desaparición do suxeito social da revolución, a clase obreira e, dentro dela, o proletariado.