A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 13 de septiembre de 2020

A PANDEMIA E O FIN DA POS MODERNIDADE

Roberto Laxe

Esta pandemia, unha “crise dentro da crise”, é o punto final da fase neoliberal do capitalismo ao demostrar ante a sociedade, fóra de toda dúbida razoable, a súa incapacidade para defender a saúde publica; a “nova normalidade” será o que a loita de clases determine para o futuro, pero o neoliberalismo atopou o seu “Muro de Berlín”. A pandemia tamén puxo en cuestión o tres ideas forza que xurdiron paralelamente á hexemonía neoliberal e que dominaron a esquerda nos últimos 40 anos.

1.- O fin das sociedades industriais teorizado nos 60 polos "novos filósofos" franceses, Bernard Henry Levy, Andre Glucksmann e Alain Touraine, que decretasen o "adeus ao proletariado" e o comezo da "sociedade postindustrial", que levaba á desaparición do suxeito social da revolución, a clase obreira e, dentro dela, o proletariado.

2.- O fin dos que coas súas teorías pos modernas e pos marxistas acerca da Modernidade e o Marxismo, negaban a obxectividade e definían a política como un "discurso" sen raíces sociais, dándolle a razón a Margaret Thatcher de que "non había alternativa ao capitalismo", e a Francis Fukuyama, quen afirmou que "o fin da historia", demostraba que "a democracia (capitalista) era o menos malo os sistemas posibles" (Churchill).

3.- Aos que a globalización e a mundialización demostráballes que os estados perderan gran parte do seu sentido; nunha sorte de hiper imperialismo de Kautski, no Imperio de Negri afirmábase que quedaban superadas as fronteiras nacionais.

A realidade puxo a cada un no seu lugar, e pegado unha patada ao tres teorías.

1.- O país que se puxo no centro e no foco de todos é coñecido como a "fábrica do mundo", China. Mentres todos se desindustrializaban, eles construían fábricas, e nisto chega un virus e demostra que ou ben tes fábricas, ou tes que ir comprarlle aos que as teñen. O correlato social inmediato é obvio, nesas fábricas hai millóns de obreiros e obreiras, proletarios no seu sentido máis puro; aqueles que non teñen máis que a súa forza de traballo para vender por un salario.

2.- A pandemia demostrou con toda a claridade do mundo que o capitalismo como sistema global é incapaz de garantir a saúde pública mundial; e que só sectores da clase obreira, sanitarios e sanitarias, obreiros das industrias esenciais (alimentación, farmacéutica, etc.), dependentes de comercio e transportistas, foron os que sacaron as castañas do lume.

Que pasaría se traballasen ao servizo das necesidades sociais e cunha planificación democrática da economía, no canto de traballar para sacarlle as castañas do lume a un sistema decadente e en función de que a economía "non caese", de recuperar canto antes os beneficios empresariais?

3.- O sr Negri debería facerllo mirar, porque plaxiar as teses de Kautski do Hiperimperialismo, sen dicilo, é como para que os herdeiros de Kautski denunciáseno. Pero ese non é o problema, a cuestión é que a súa tese tiña un aspecto que a realidade dinamitou: como que os estados perderan o seu sentido na globalización?

A guerra desatada entre os estados nos diferentes aeroportos, convertidos en verdadeiras casas de poxas de produtos sanitarios, procedentes case todos eles da "fábrica do mundo", demostra que os estados non só non perderon o seu sentido, senón que se reforzaron, até o punto que a UE estivo máis ao bordo da desaparición que cando a crise da débeda de hai uns anos.

Negri e os adherentes ás súas teses esquecen que "o capital é xeneticamente mundial, pero a burguesía é xeneticamente nacional". E os estados non son a expresión abstracta da relación social capitalista, senón das formas concretas, nacionais, desa relación social. Cada estado é a manifestación dun desenvolvemento concreto desas formas de dominación.

A pandemia enviou polo desaugadoiro estas teses que durante anos pervirtiron a mensaxe da esquerda, desclasando-o, converténdo-o nun apéndice da democracia burguesa. Unha mensaxe que, desgraciadamente, influíu en amplísimas capas sociais, incluídos aqueles que se reivindicaban do 

Na "nova normalidade" faise necesario retomar o fío do marxismo revolucionario, roto nos 80/90 co triunfo das teses neoliberais, e a súa contraparte na esquerda, as teorías pos modernas e pos marxistas.

 

Na Galiza no mes de setembro de 2020

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario