A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 27 de marzo de 2017

LENIN, A SÚA IMPORTANTE CONTRIBUCIÓN Ó PENSAMENTO REVOLUCIONARIO (II)



Carlos Dafonte.

En quinto lugar a defensa do Dereito de Autodeterminación dos pobos.
Este foi un tema moi controvertido no seo da Socialdemocracia mundial; é certo que no Congreso celebrado en Londres en 1896 pola II Internacional aprobouse unha resolución en favor da autodeterminación nacional, pero tamén que dentro da mesma e na súa á esquerda xurdiron importantes discrepancias por exemplo entre Rosa Luxemburgo e Lenin que foron aproveitadas por sectores rusófilos, bundistas e ucraínos para atacar o epígrafe “9” do programa dos bolxeviques, que trataba sobre esta cuestión.

lunes, 20 de marzo de 2017

O SUXEITO SOCIAL DO CAMBIO


Roberto Laxe

Só en nome dos dereitos universais da sociedade pode unha clase determinada arrogarse o dominio universal. A enerxía revolucionaria e a conciencia moral do propio valor non bastan soamente para tomar por asalto esta posición emancipadora e, por tanto, para o esgotamento político de todas as esferas da sociedade no interese da propia esfera. Para que coincidan a revolución dun pobo e a emancipación dunha clase particular da sociedade burguesa; para que un estado da sociedade fágase valer por todos, todas as fallas da sociedade deben atoparse, á súa vez, concentradas noutra clase; un determinado estado debe ser o estado contra o cal é dirixido o ataque de todos, o que incorpora a traba imposta a todos; unha particular esfera social debe aparecer como o delito conocido de toda a sociedade, así que a emancipación desta esfera apareza como a emancipación universal cumprida por obra propia. Para que unha clase determinada sexa a clase liberadora por excelencia, outra clase debe, por tanto, ser a clase evidentemente opresora. O valor xeral negativo da nobreza e do clero franceses determinaba o xeneral valor positivo da burguesía, que era unha realidade e contrapúñase a aqueles”.

lunes, 13 de marzo de 2017

LENIN, A SÚA IMPORTANTE CONTRIBUCIÓN Ó PENSAMENTO REVOLUCIONARIO. (I)

Carlos Dafonte

A pesares da súa curta existencia, morreu ós 54 anos, e os dous derradeiros con importantes problemas físicos que lle minguaban o seu quefacer, o pensamento de Lenin marcou todo o século XX e o vai seguir a facer no presente, sempre que o obxectivo dun proceso sexa a revolución é dicir, levar adiante as transformacións que permitan deixar atrás o sistema capitalista e inicia-la senda da construción dunha nova sociedade baseada noutras premisas que non sexan a explotación da forza de traballo, a consecución do beneficio como obxectivo prioritario, a apropiación da riqueza que produce o conxunto da sociedade por un grupo moi reducido de persoas, o consumismo e a liquidación da natureza e mantemento do patriarcado como instrumentos que axudan ó capital na súa hexemonía na sociedade.
Por iso o pensamento de Lenin non pode ser neutralizado polo capitalismo nin polos manuais ó que tan aficionados foron na URSS, comezando polos folletos redactados por Stalin cos que tentaba “domesticar”, poñer ó servizo da súa actuación práctica, o pensamento do dirixente da revolución de 1917. De igual xeito que o Che Guevara escribiu nun momento dado, despois de regresar do Congo, na súa etapa en Checoeslovaquia, da necesidade de “menos manual e máis Capital”, con Lenin acontece o mesmo, non é posible pecha-lo seu pensamento nun manual; o seu pensamento e tan rico, tan dialéctico, tan unido ós acontecementos que está a vivir, que orienta, que recitar frases por el escritas, fora do contexto no que as redactou, algunhas veces non conducen a ningures, só a crear confusión.
Significa o anterior que non elaborou ó longo da súa extensa obra unha teoría da revolución?. En absoluto, baseándose no marxismo elaborou unha teoría científica que debe axudar a todo revolucionario a comprende-la realidade e o xeito de actuar, pero sen repetir mecanicamente consignas que nun momento, na situación concreta de Rusia situou en primeiro termo. Poñamos un exemplo, unha cuestión fundamental para o avance dun proceso de transformación estrutural é, ninguén o debe dubidar, a creación do “dobre poder” e outra distinta é, como algúns aínda repiten hoxe, que os órganos do mesmo deban estar formados por obreiros, soldados e campesiños; esa era a necesidade da composición dos soviets na Rusia de 1917, en plena guerra mundial, cunha poboación de base campesiña moi ampla, pero debe se-la loita de clases nun momento determinado a que exixa a composición do mesmo. Teño a impresión que moitos dos escritos de Lenin en vez de documentos históricos, convertéronos en fórmulas que para algúns son posibles de aplicar en calquera lugar, en calquera situación e en calquera tempo, cousa que desde o meu punto de vista non é aceptable. Considero que o importante nestes anos de crise ideolóxica no campo da esquerda, é volver álectura da súa obra.


lunes, 6 de marzo de 2017

A VITORIA DE TRUMP E A DIALÉCTICA.

Roberto Laxe
A vitoria de Trump, e o que significa de cambio de marcha na política do imperialismo ianqui puxo sobre a mesa a incapacidade de sectores da esquerda para entender as leis da dialéctica, a que di que unha acumulación cuantitativa de fenómenos e elementos da realidade, provocan nun momento preciso (momento nodal), un cambio cualitativo no analizado.