A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 26 de febrero de 2017

A SINATURA DO TRATADO CETA DA U.E. CON CANADÁ

Roberto Laxe
Os grupos europeos Populares e Socialistas no Parlamento Europeo votaron a favor do CETA demonstrando que son fieis servidores dos consellos de administración das multinacionais europeas, onde moitos deles sentan: as famosas “portas xiratorias” non son exclusivas do Estado Español, aínda que aquí sexa insultante.

viernes, 17 de febrero de 2017

A OBRIGA DE MIRAR MÁIS ALÓ DE TRUMP

>


Carlos Dafonte

É evidente que contra o que Trump quere levar adiante hai que mobilizarse, condenar as súas determinacións, a súa verborrea ultraconservadora e polo tanto sexista, xenófoba, e todo o que se queira pero eu como expresei no anterior artigo aparecido neste blog, non estou disposto a centrarme en tan nefasto personaxe e tento discernir o que significa Trump no contexto político e xeoestratéxico mundial, que el non deseña, que é unha continuidade da era Bush e sobre todo dos oito anos de presidencia do, como o cualifica James Petras, demagogo Obama. Cando me manifeste contra Trump o farei contra o imperialismo do que o novo presidente é un pión, e cuxas políticas van a beneficiar ó sistema, tentar sacalo da situación de decadencia no que se atopa.
Por iso tentei, cando analizaba a toma de posesión do novo presidente, dar algúns elementos do que representou para o planeta a presidencia de Obama, tanto a nivel exterior como interior, por que Trump, a pesares de que moit@s non o verán así, engaiolad@s pola figura do primeiro presidente negro e premio Nóbel da Paz, un “demócrata e progresista”, vai se-lo que tente rectificar o fracaso dos dous anteriores presidentes para rediseñar un mundo unipolar, a súa incapacidade para impor se-la potencia hexemónica unha vez desaparecida a URSS e o seu campo de influenza, tanto pola vía militar como na comercial ou política.

lunes, 13 de febrero de 2017

OUTUBRO DO 17, A CLASE OBREIRA GARANTE OS DEREITOS NACIONAIS




Roberto Laxe
En abril de 1917, Lenin dicía: “Se os ucraínos ven que temos unha república dos Soviets, non se separarán; pero se temos unha república de Miliukov (partido Kadete, dereita burguesa), separaranse”. En outubro, “sobre as ruínas da Rusia tsarista erixíase un novo estado de nacionalidades ligadas económica e politicamente, da maneira máis firme, polo Partido Bolxevique” (Trotski, Historia da Revolución Rusa)
O Partido Bolxevique, fronte ao nacionalismo opresor gran ruso, proclamou o dereito das nacións oprimidas a desligarse do Imperio dos tsares; esta definición revolucionaria sobre a cuestión nacional creou entre os pobos oprimidos unha confianza inquebrantable no Partido, e a través del, en que a clase obreira sería a que lles garantía os seus dereitos nacionais.
O imperio tsarista, unha cárcere de pobos
O tsarismo era unha combinación moi especial dun estado ancorado nunha contradición de ferro que a  súa queda en febreiro do 17 non resolveu. A Rusia tsarista era unha gran superestrutura que viviu da inercia do pasado feudal, aínda que as súas bases económicas estivesen minadas. Na década do sesenta do século XIX, fora abolida a servidume; nas cidades da Rusia europea, como Petrogrado, Moscou e algunhas das nacións dominadas, como Kiev en Ucraína, Baku en Xeorxia, o sur de Finlandia e Polonia, o capitalismo era xa a forma dominante nas relacións sociais, cun proletariado novo altamente concentrado. Esta estrutura capitalista combinábase con pobos aínda saíndo do neolítico, e outros, os de Asia Central, na fase nómade.

lunes, 6 de febrero de 2017

O PREZO DA ENERXÍA ELÉCTRICA: A BOLSA OU A VIDA, LITERALMENTE




Roberto Laxe
O prezo da electricidade disparouse neste mes de xaneiro, un dos de máis consumo, un 50%, a pesar de que o goberno mantén conxelada a parte da tarifa que lle corresponde, os impostos e subvencións que a gravan. Esta disparatada subida súmase á que xa se produciron desde a privatización da enerxía eléctrica polo goberno de Aznar.
Desde os máis diversos medios políticos e de comunicación, fanse todo tipo de recomendacións para “aforrar” no uso da enerxía, coma se o problema fóra de malgasto individual, e non dun sistema absolutamente liberalizado, que deixa en mans das empresas fixar os prezos. Como afirmou o presidente de UNESA, a patronal eléctrica, nun alarde de psicopatía (clinicamente un psicópata é aquel ser humano que non empatiza co sufrimento que xera), quen non poida pagala, “que San Pedro lla bendiga”.
Mentres miles de persoas, os máis vulnerables como os pensionistas, ven abocados ao frío, o presidente Rajoy  na súa liña psicópata de non facer nada cando é o pobo traballador o que sofre, encomendouse á “choiva” e ao “vento” para que baixe o prezo. Sr Rajoy parece mentira que sexa galego, porque de selo de verdade (en realidade é un sipaio), en Galiza deberíannos devolver pola enerxía que consumimos, pois a choiva e o vento é o noso aceno de identidade. Ademais do feito certo de que producimos o 38% da enerxía que se xera en todo o Estado.
Como chegamos a esta situación