A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 26 de febrero de 2017

A SINATURA DO TRATADO CETA DA U.E. CON CANADÁ

Roberto Laxe
Os grupos europeos Populares e Socialistas no Parlamento Europeo votaron a favor do CETA demonstrando que son fieis servidores dos consellos de administración das multinacionais europeas, onde moitos deles sentan: as famosas “portas xiratorias” non son exclusivas do Estado Español, aínda que aquí sexa insultante.

Europa exporta a Canada principalmente maquinaria e industria química e farmacéutica (a recente compra da estadounidense Monsanto pola alemá Bayer, traslada o peso desta industria ao “vello” continente), mentres Canadá vende en Europa minerais e tamén maquinaria; ademais, os bancos europeos, con Deustche Bank, o BSCH, a BNP, ou o BBVA, e todo os negocios que controlan (desde sanidade privada alemá -o grupo Helios- até industria da enerxía, Manuel Jove é un dos principais propietarios da industria da enerxía canadense) conforman o principal “activo” dunha economía, a da UE, que constitúen o principal bloque económico do mundo, por encima da EE UU, aínda que cos pés políticos de barro.
O acordo entre a UE e Canadá é un tratado entre dúas potencias imperialistas, que buscan desregularizar as súas economías ao servizo dos seus grandes multinacionais financeiras e industriais. Por iso, soan a estrañas as críticas que un sector da esquerda fan ao CETA coma se fose unha colonización dunha Europa “social” por un inimigo imperialista, neste caso o Canadense. Non é así, a UE é unha arma do imperialismo europeo contra a clase traballadora europea e contra os pobos do mundo e esta claro que o CETA benefícialle, cara fóra, destruíndo competidores, e cara dentro, con “xustificacións” que lle permitan seguir atacando os dereitos sociais e laborais na UE.
Segundo Socialist Action, organización trotskista canadense, que rexeita obviamente o CETA, afirma que se aprobarase, miles de postos de traballo en Canadá desapareceran (semella, é a provincia de Ontario onde mais sufrirían), porque a competencia dos produtos europeos destruiranos. Da mesma maneira que os compañeiros e compañeiras de SA denuncian isto, nós na Unión Europea debemos denunciar que as multinacionais europeas o que buscan con este tipo de Tratado de Libre comercio é ter as mans libres para deslocalizar e desregularizar todos os sectores.
O CETA é a confirmación de que a globalización capitalista e a "liberalización do comercio mundial" que con leva, eufemismo de imperialismo capitalista, é nefasta para os dereitos laborais e sociais dos pobos. O capital, na súa procura dunha alternativa á crise detonada no 2007, e da que aínda non saímos, busca con estes tratados, TTP en Asia, o TTIP entre a UE e a EE UU, o CETA entre a UE e Canadá, recuperar a taxa de ganancia sobre a base do aumento da explotación da clase traballadora e o desmantelamento das súas conquistas sociais (o chamado Estado do Benestar), agudizando as contradicións entre eles. Pretenden que os traballadores e traballadoras canadenses, golpeados polo CETA, enfróntense aos seus compañeiros e compañeiras europeos, tamén golpeados polo mesmo acordo. Posto que é un acordo entre capitalistas de ambos os lados do charco, de non ser derrotado só vai ter un vencedor, o capital transnacional.
Fronte a este desregulamento fomentado desde os poderes financeiros e industriais, europeos e canadenses, (como o TTIP cos EEUU) xurdiron algúns sectores dos capitalistas nacionais, en crises polas medidas desreguladoras, e incapaces de sumarse á globalización imposta polas transnacionais, que gritan pola recuperación da “soberanía nacional”, pola repatriación da industria, polo “proteccionismo”... Son os Trump, Le Pen, a extrema dereita holandesa, británica, etc... Da mesma maneira que a oposición da industria tecnolóxica dos EEUU (Sillicon Valley) á política inmigratoria de Trump non é altruísta, o 30% da súa forza de traballo son inmigrantes, posto que viven de comprar o “talento” científico de medio mundo, o proteccionismo dos Trump e demais non é ideolóxico, é ben concreto: incapaces de competir nun mundo tremendamente competitivo, apostan por pechar as súas fronteiras para, unha vez destruídas as conquistas internas (tanto Trump como Le Pen son tan neoliberais como os Obama ou os Hollandes), dar o salto á conquista do mundo numha sorte de “nacionalismo imperialista”. Ou alguén é tan inxenuo como para crer que os Trump/Le Pen son menos imperialistas que os seus opositores?. Son dúas maneiras de ser imperialista, nada máis.
A UE procura o libre comercio, porque é imperialista e quere que paises máis debiles como Canada baixen os aranceles para que os productos europeos, alemáns, franceses, italianos, holandeses, españois, ... se fagan, por exemplo, coas licitacions de infraestructuras; ACS, OHL, Ferrovial, Acciona, son grandes multinacionias que controlan, xa, por exemplo, todo o trafico nos aeroportos británicos (Ferrovial), ou a construcción do novo canal de Panama (ACS). O capital europeo non é a victima, é un dos responsabéis; só que esa esquerda vergonzante lle fai aparecer como a victima.
As grandes constructoras europeas están tolas polo TTIP para entrar a saco na reconstrucción das infraestructuras dos EE UU, devastadas por anos de decadencia e crise (din que a metade das pontes ianquis precisas un arranxo). E o tempo, queren como "xustificación" o TTIP e o CETA para destruir as poucas conquistas sociais e laborais que quedan na Europa.
A denuncia da UE non é porque sexa a victima dos ianquis, senon porque eles son os que queren abrir todo o libre comercio; o precisan para sair da crise.
A clase traballadora e os pobos de Canada e da UE, dos EEUU e de Francia, non teñen nada que gañar con ningún deles; non teñen porque escoller “entre guatemala e guatapeor”, por iso o rexeitamento ao CETA non se pode facer no nome dunha soberania, a da UE, que é falsa. A UE é un instrumento do grupo de sanidade privada alemá Helios (que comprou o grupo Quiron), da Bayer / Monsanto, do Deustche Bank e os bancos, de Inditex e da VW ou a Renault, para impor recortes a todos e todas; e do CETA sacarán beneficios, porque son os que mandan no mundo.
O rexeitamento ao CETA non é pola “soberanía” dunha Unión Europea construída polas multinacionais do “aceiro e o carbón” (a orixe da actual UE é a Confederación do Aceiro e Carbón), que con CETA ou sen CETA, ataca os direitos laborais e sociais; senón a partir un principio básico de unidade dos pobos de Canada e da UE, posto que como se ve, tanto uns como outros serán golpeados polos mesmos intereses. A nós, como europeos, tócanos rexeitar o CETA porque con el as políticas de recortes e austeridade da UE adquiren rango de “tratado internacional”.
Non se pode rexeitar o CETA e non rexeitar a UE, o primeiro é parte da lóxica neoliberal e capitalista da segunda. Os cantos de serea da extrema direita son iso, cantos de serea, que aproveitan a lóxica oposición a un tratado lesivo para todos e todos, ao servizo de ocultar o seu neoliberalismo salvaxe; e os cantos de serea dunha esquerda proeuropea, confunden ás poboacións pois xustifican umha UE tan neoliberal como os anteriores presentándoa como garante duns direitos que atacan todos os dias, como podemos comprobar en Grecia.
Para non cair nun dos dous polos, o rexeitamento do CETA e la ruptura coa UE so pode facerse desde a independencia da clase traballadora frente a eles, demonstrando que son duas vertentes do mesmo problema, a crise do capitalismo.

En Galiza no mes de febreiro de 2017




No hay comentarios:

Publicar un comentario