A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 21 de febrero de 2018

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Xulia Mirón e Roberto Laxe.

Loitemos para gañar
O 8 de marzo de 1917 segundo o calendario xuliano, 23 de febreiro segundo o vixente en Rusia dese ano, as mulleres do textil do barrio obreiro de Viborg en Petrogrado declaráronse en folga. Foi, ata hoxe, a folga de mulleres máis sonada da historia, pois foi o pistoletazo de saída da Revolución Rusa, que cambiaría o panorama mundial por máis dun século.

As mulleres rusas declaráronse en folga contra as consecuencias da I Guerra Mundial, por un aumento das racións mermadas pola profunda crise que vivía Rusia. Pero non se contentaron con simplemente protestar, con visibilizar a súa loita, senón, porque as súas esixencias eran do conxunto da clase obreira. Dirixíronse ás fábricas e centros de traballo maioritarios dos homes e chamáronos a apoiar a folga. O zarismo respondeu enviando ó exército para reprimilas, un exército maoritariamente campesiño que vista a forza da loita, renunciou á represión e os batallóns pasáronse ó campo da revolución que xa comezara.


martes, 13 de febrero de 2018

O HOLOCAUSTO?...E OS HOLOCAUSTOS

Roberto Laxe
Sen dúbida o holocausto xudeu foi un dos acontecementos máis tráxicos e salvaxes da historia, non só pola cantidade de mortos nas cámaras de gas nazis, senón no escaso lapsus de tempo en que se produciu.

O capitalismo na súa fase imperialista, na 1ª Guerra, trasladara a capacidade produtiva das fábricas aos campos de batalla. Mentres os xenerais de todos os bandos seguían cos esquemas militares de séculos anteriores, grandes cargas de cabalaría, ataques en liña da infantaría, ... a industria capitalista atopara un novo mercado, o da guerra, coas súas metralladoras, cos gases, os seus tanques e os rudimentos da aviación, así como os ataques aéreos cos Zeppelines. A matanza era inevitable

Hai a dramática anécdota que nunha deses ataques en liña da infantaría inglesa contra posicións alemás, os soldados xermanos, armados con metralladoras, saíron das trincheiras a gritarlles aos ingleses que non cargasen, que os ían a esnaquizar. O mando inglés mantívose no seu trece, e miles de soldados morreron. Era a maneira “industrial” de matar.


lunes, 5 de febrero de 2018

A 100 ANOS DA REVOLUCIÓN SOVIÉTICA EN RUSIA

Carlos Dafonte.

Finalizado o ano 2017 que coincidía cos 100 anos da chamada “revolución rusa”, dos libros, actos, simposios, artigos e todo o que queiramos agregar, dos que teño coñecemento sobre a celebración desta efemérides que relatan a toma do poder no antigo Imperio Ruso polo proletariado e os campesiños pobres, podemos sacar dúas conclusións.
En primeiro lugar o medo que ese proceso segue producindo nas burguesías, que se manifesta a traveso dos seus intelectuais orgánicos que participaron nesta celebración; medo a que se interprete a revolución soviética tal como foi e hai que dicir que neste senso, fixeron enormes esforzos para tentar seguir impoñendo toda unha serie de argumentos e interpretacións que pouco teñen que ver ca realidade.