A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 13 de febrero de 2018

O HOLOCAUSTO?...E OS HOLOCAUSTOS

Roberto Laxe
Sen dúbida o holocausto xudeu foi un dos acontecementos máis tráxicos e salvaxes da historia, non só pola cantidade de mortos nas cámaras de gas nazis, senón no escaso lapsus de tempo en que se produciu.

O capitalismo na súa fase imperialista, na 1ª Guerra, trasladara a capacidade produtiva das fábricas aos campos de batalla. Mentres os xenerais de todos os bandos seguían cos esquemas militares de séculos anteriores, grandes cargas de cabalaría, ataques en liña da infantaría, ... a industria capitalista atopara un novo mercado, o da guerra, coas súas metralladoras, cos gases, os seus tanques e os rudimentos da aviación, así como os ataques aéreos cos Zeppelines. A matanza era inevitable

Hai a dramática anécdota que nunha deses ataques en liña da infantaría inglesa contra posicións alemás, os soldados xermanos, armados con metralladoras, saíron das trincheiras a gritarlles aos ingleses que non cargasen, que os ían a esnaquizar. O mando inglés mantívose no seu trece, e miles de soldados morreron. Era a maneira “industrial” de matar.


Esta produtividade na industria da morte, os nazis elevárona a outro nivel; incorporaron os sistemas de producir mortos que Ford (simpatizante nazi) introducira na industria, o traballo en cadea. Os campos de concentración eran verdadeiras fábricas de destruír persoas.

A planificación e a racionalidade que introduciron os nazis é o que lle confire máis dramatismo. Isto é o que diferencia o holocausto xudeu doutros holocaustos, a racionalidade burguesa, capitalista, na organización da matanza. Pero esta racionalidade non xustifica as campañas para a través do holocausto xudeu ocultar que o capitalismo se construíu a base de matanzas masivas.

A colonización de América, tanto do norte anglosaxón, como o sur hispano, supuxo a morte de millóns de seres humanos, considerados inferiores. Iso foi un holocausto, non planificado pola racionalidade nazi, e ao longo de moitos máis anos, pero se xustificado polo desenvolvemento capitalista. Sen a ocupación das terras dos indios americanos, sen o saqueo do ouro e a prata, do norte e do sur, o capitalismo europeo non chegaría ao nivel que chegou nin a dominar o mundo.

Pero quizais o holocausto máis salvaxe da historia foi a colonización de África, onde están implicadas as clases dominantes de todo o mundo, desde os industriais do téxtil inglés de Manchester e Liverpool ata os xeques árabes que facían de intermediarios na mesma África -eran os que secuestraban aos africanos para envialos a América, a través dos portos do Atlántico-, pasando polas burguesías nativas de toda América.

Millóns de seres humanos eran arrincados das súas aldeas, metidos nos buques negreiros e enviados ás plantacións do outro lado do Océano, para aumentar a riqueza, non só das colonias e excolonias, senón, sobre todo, dos capitalistas das metrópoles europeas... que se beneficiaban da materia prima producida con man escrava.

A árbore do holocausto xudeu non pode ocultarnos o bosque que significan as matanzas sobre as que se construíu o capitalismo actual. Os nazis non eran uns tolos sedientos de sangue, senón como os esclavistas do século XIX, ferramentas dos grandes capitais que se beneficiaron dese holocausto, desde a Krupp ata a Siemens, pasando pola Benz.

Incluso esa árbore xudía ten moitas ramas, ademais da xudía, que queren ocultar. Os millóns de mortos nos campos de concentración, que inicialmente se encheu de comunistas e socialistas, e onde morreron republicanos españois antifranquistas, que o goberno actual négase a lembrar, xitanos e homosexuais, rusos e ucraínos, ... Lembrar a todos eles é un exercicio fundamental de xustiza histórica, para evitar xustificar ao estado actual de Israel. Os mesmos xudeus ortodoxos renegan do sionismo, considerando que desvirtúa o imprescindible recordo dos mortos nos campos de concentración nazis.

En Galiza no mes de febreiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario