A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 17 de diciembre de 2014

2015 UN ANO MARCADO POLO CALENDARIO ELECTORAL


 Carlos Dafonte

O calendario electoral vai marcar dun xeito determinante os procesos políticos do ano próximo; en primeiro lugar vai despexar se o réxime xurdido ca aprobación da constitución séguese a cambalear, afectado polo retroceso  dos dous máis firmes alicerces sobre o que se asenta, o PP e o PSOE, pola corrupción, o desprestixio da institución monárquica e a fonda crise económica que esta a beneficiar ós sectores oligárquicos, a consecuencia das medidas aprobadas nestes once últimos anos, polos dous partidos que monopolizan o control das institucións; en segundo se comézase a albiscar unha alternativa, dentro do propio sistema, que abra como mínimo un proceso constituínte que sen grandes traumas, poña remedio dun xeito máis democrático a algunhas chatas do réxime xurdido despois da desaparición da ditadura.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

EXTRADICIÓN DE MARTÍN VILLA E UTRERA MOLINA: UNHA ORDE CONTRA O RÉXIME DO 78


Roberto Laxe
 A orde de extradición emitida pola xuíza arxentina Servini contra 20 ex-altos cargos do franquismo, a instancias de descendentes de represaliados do franquismo, é un torpedo á liña de flotación do réxime do 78. Cuestiona unha das súas columnas vertebrais, a lei de amnistía / Punto Final que permitiu reconverterse en demócratas aos que participaran activamente da ditadura.
O franquismo en 1970 viuse na obriga, pola mobilización social interna e externa, a conmutar as penas de morte do Xuízo de Burgos contra militantes de ETA. A partir dese momento dá comezo realmente a Transición; pois é cando a burguesía española busca un recambio a un réxime agónico, para salvar os mobles. Non quería aventuras que conducisen a situacións irreversibles nunha década, os 70, caracterizada polas explosións revolucionarias. Nesa década prodúcese a vitoria do Vietnam, a revolución portuguesa, a caída da ditadura grega, a revolución nicaraguana, ... todo como resaca do maio do 68 francés.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

O TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-EEUU CADA VEZ MÁIS CERCA E O SILENCIO SOBRE O MESMO, CADA VEZ MÁIS CÓMPLICE

Carlos Dafonte

Polo seu nome en inglés, o Trasatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP) que eu denominarei “Tratado de Libre Comercio UE-EEUU”, supoño segue a negociarse entre a máis absoluta desinformación. Por parte da Unión Europea, negocia un chamado “Grupo de Traballo de Alto Nivel para o Emprego e o Crecemento” (HLWG), creado en 2011. Cando o “Observatorio da Empresa Corporativa”, preguntoulle á Comisión Europea quen formaba parte do mesmo, contestoulle despois dun tempo que o grupo “non ten membros identificables” e que “non hai ningún documento que conteña a listaxe dos autores dos informes”. Tampouco houbo resposta cando se lle preguntou polos “expertos externos” nin cando solicitaron listaxe das xuntanzas cos grupos empresariais, que segundo parece, son os que están a marcar a axenda.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

A REVOLUCIÓN COMO "APOSTA MELANCÓLICA"


Roberto Laxe
Nunha recente entrevista a M Lowy en Anticapitalistas.org, un dos teóricos máis importantes dunha das fraccións da IV Internacional, o Secretariado Unificado, fai unha afirmación moi preocupante por vir dunha persoa que se reivindica como trotskista: a revolución como "aposta melancólica", din, porque moitos dirixentes marxistas foran asasinados.

Que intelectuais provenientes do stalinismo caíalles o Muro de Berlín na cabeza e estean "melancólicos", enténdese: confiaban na Patria Socialista, a URSS; pero que os que veñen do trotskismo estean "melancólicos", xa é máis difícil de entender. A IV Internacional fundar en 1938, porque consideraba que na URSS había que facer a revolución política, acabar coa burocracia e avanzar ao socialismo. Pero xa o mesmo Trotski, na Revolución Traída, situaba perfectamente a disxuntiva de que ou a revolución política era dirixida por un partido de "tipo bolxevique" (dicía literalmente), ou o camiño desa revolución era a restauración do capitalismo. Desgraciadamente, na URSS, nin nos demais estados obreiros houbo un partido deste tipo, e o camiño foi o da restauración. Os trotskistas XA SABIAMOS QUE ESA VARIANTE SE PODERÍA DAR, e chamarse a engano porque sucedeu desa maneira non ten ningún sentido. O balance habería que facelo a partir do porqué non existiu un partido de "tipo bolxevique", e non cuestionalo todo, encerrándose nunha "melancolía" derrotista.


lunes, 17 de noviembre de 2014

ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE O ESTADO, O DOBRE PODER E A HEXEMONÍA (PARTE II)

Carlos Dafonte

OS ELEMENTOS CONSTITUTIVOS DA HEXEMONÍA
Gramsci foi abrindo perspectivas diversas, algunhas poden parecer contraditorias ó longo da súa reflexión, difícil reflexión na cárcere, sobre aspectos fundamentais do seu concepto de hexemonía e das relacións entre estado e sociedade civil.
Reflexións moi valiosas para axudarnos a comprender hoxe o xeito en que se produce o dominio dunhas clases sobre outras e que Anderson estudiou no seu libro “As antinomias de Gamsci”, destacando as contradicións que algunhas veces parecen existir no seu pensamento.
Por exemplo, noutro pasaxe dos “Cadernos” formula o problema da hexemonía non como  unicamente unha cuestión de consenso e centrada na sociedade civil, senón como unha suma de consenso máis coerción compartida entre a sociedade civil e o estado: O estado exerce a coerción e a sociedade civil o consenso. Formulación que pode inducir a equívocos e non permite comprende-la realidade.
Tamén, e posiblemente resultado da análise sobre o que acontecía na súa patria, do poder exercido polo totalitarismo fascista, da identificación estado- partido, da existencia de bandas de paramilitares, que acosaban e destruían as organizacións obreiras e partidarias, formula en determinado momento, a identificación total entre sociedade civil e estado, chegando case a negar a existencia da primeira, o que pode levar a interpretacións de carácter ultraesquerdistas, como  aquelas que consideran que toda democracia burguesa é fascismo. Di Gramsci: “ Por estado debe entenderse non só o aparello gobernamental, senón tamén o aparello privado da hexemonía ou sociedade civil” e sentencia “en realidade, sociedade civil e estado son unha e a mesma cousa”. “A sociedade civil é tamén parte do estado, en realidade é o estado mesmo”. Quen non distinga un réxime democrático-burgués do fascismo, aínda que ambas las dúas son formas da ditadura do capital, esta a caer nunha política sectaria como a do “terceiro período”, onde identificábase, mediante a teoría do social-fascismo, á socialdemocracia cos nazis e fascistas, de onde xurdiu a negativa da fronte obreiro para combater cos primeiros ós segundos. Na actualidade esta posición dificulta a comprensión das especificidades da democracia nas sociedades do noso entorno.

lunes, 10 de noviembre de 2014

CORRUPCIÓN, A ESENCIA DO RÉXIME?



Roberto Laxe

Non hai día en que a poboación non esperte cun novo caso de corrupción, aos xa “históricos” Barcenas, Gurtel, EREs,... agora aparecen os cartóns “opacos” de Bankia, ou a operación Punica... Isto polo que fai ao Estado Español, pero cada nación ou rexión do estado ten os seus asuntos, como na Galicia a Pikachu, a Pokemon, e ducias de alcaldes e concelleiros “pringados” en subornos, prevaricacións, etc., etc.

A corrupción é parte estrutural dun réxime, o do 78, que se basea no esquecemento e perdón dos que ao longo de 40 anos de ditadura fixeron de “España” o seu casarío persoal; e así seguen considerándoa. É consustancial, estrutural ao tipo de capitalismo que se desenvolveu, o “capitalismo castizo” que nasce, cresce e desenvólvese nas proximidades do aparello do estado, das concesións en infraestruturas ou servizos privatizados, nas recualificacións do chan, nas subvencións para cursos ou para a venda de automóbiles (plan Prive).


lunes, 3 de noviembre de 2014

ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE O ESTADO, A HEXEMONÍA E O DOBRE PODER (PARTE I)


Carlos Dafonte
As sublevacións populares de hai uns anos, en Ecuador, Bolivia e Arxentina, onde derrúbanse gobernos elixidos segundo as normas do parlamentarismo burgués, que levaban adiante políticas contrarias ós intereses da gran maioría da poboación, aínda que non conseguiran a instauración dun poder alternativo, quizais polo fetichismo que sobre as masas e determinadas forzas políticas exerce aínda a democracia burguesa, e as vitorias electorais de Chávez e Maduro en Venezuela, enfrontados ós intereses da oligarquía co apoio de sectores do exército, instrumento represor por antonomasia ó servizo das clases dominantes, de Evo Morales en Bolivia , Correa en Ecuador e Lugo en Paraguai, sitúan nun primeiro plano a necesidade do análise sobre o poder, o estado como órgano de dominación, e a sociedade civil, que sempre deben levar adiante as forzas revolucionarias.
Varias son as cuestións, relacionadas co anterior, sobre as que debemos reflexiona-los cidadáns dos países do centro do sistema capitalista.

martes, 28 de octubre de 2014

PORQUE APOIAR O PROCESO SOBERANISTA CATALÁN "DESDE FORA"


 Roberto Laxe
Existe unha tendencia inducida a considerar o proceso soberanista catalán como unha cortina de fume para tapar os problemas fundamentais da sociedade, e teñen parte de razón: se o goberno central houbese deixado decidir, é dicir, con facer un referendo como acaban de facer os escoceses quitarían moita tensión ao proceso, situándoo na pregunta central: a soberanía dun pobo axuda ou non a saír da crise. O réxime a través do goberno e os seus partidos (PP, PSOE, UpyD), ao que agora súmanse sectores do exercito, negan o máis simple dos dereitos democráticos. E aquí é onde entra o porque “desde fóra” hai que apoiar o proceso catalán.

martes, 21 de octubre de 2014

POLA CONCRECIÓN DUNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA COMO ÚNICA SAÍDA DA CRISE, AXEITADA ÓS INTERESES DO POBO TRABALLADOR

(Convocatoria dun Encontro Aberto a tod@s cant@s activistas queiran participar)


LIMIAR

 O proxecto de sociedade que chamamos socialismo, onde as maiorías sociais podan vivir sen ser explotadas, organizando o traballo en base a principios igualitarios e de capacidade, asumindo un reparto xusto da riqueza que producen, impoñendo un sistema de participación e toma de decisións que se atope ó servizo da maioría e penetre en todos os eidos da actividade humana, respectando o medio ambiente e establecendo con firmeza a igualdade entre o home e a muller, foi sempre ó longo da historia, unha necesidade. Desde a aparición da propiedade privada ata a actualidade.
Pero hoxe en pleno século XXI, a construción da nova sociedade, é unha cuestión de supervivencia, analicemos a situación desde o centro ou desde a periferia do sistema capitalista; desde o centro do sistema capitalista, porque non queremos retroceder a décadas pretéritas, que nos fan lembrar como nos momentos de crise, o capitalismo recorreu a guerras e agresións intercapitalistas e a creación do fascismo, o nazismo e o franquismo nin que se carguen os custes da saída da crise, sobre as costas da grande maioría da poboación das zonas periféricas, pero tamén pola necesidade de preserva-lo planeta da agresión que significa o actual sistema.

viernes, 10 de octubre de 2014

O ISLAMISMO RADICAL Ó SERVIZO DOS INTERESES DO IMPERIALISMO DOS USA


Carlos Dafonte

O islamismo máis radical, que popularmente coñécese como “yihadismo”, practican a “yihad”, e tamén como “muxadíns”, os homes que están dispostos a morrer por Alá, non é un proceso endóxeno das sociedades musulmáns, responde o seu pulo case sempre, a uns determinados intereses hexemónicos mundiais.
Hai xa moitos anos que Samir Amín o coñecido economista, escritor e politólogo exipcio, contou como estando en presencia de Gamal Abdel Nasser presidente de Exipto, diante da nova que lle comunicaron da celebración dun evento que xuntaba a un numeroso grupo de musulmáns moi radicais, o analizou como a resposta dos EEUU ós acontecementos que se estaban a dar naquel momento.

martes, 7 de octubre de 2014

O POTENCIAL PARA O CAMBIO QUE SE AMOSOU CO 15-M

Lorenzo (15-M da Ría, Oleiro, Culleredo e Cambre)
A resposta popular no estado español á situación de crise do capitalismo, do réxime e das institucións explicada no Manifesto polo Socialismo “POLA CONCRECIÓN DUNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA COMO ÚNICA SAÍDA DA CRISE, AXEITADA ÓS INTERESES DO POBO TRABALLADOR" tivo lugar durante a campaña das eleccións municipais de 2011 (o manifesto está dispoñible en http://esquerdalternativa.blogspot.com.es/2014/08/pola-concrecion-dunha-alternativa.html).
O traballo de axitación previo de moitos colectivos (“Estado del Malestar”, “Juventud sin Futuro”, “DRY”, “No Les Votes”,...) conectou perfectamente co desencanto da sociedade en xeral no momento adecuado, de especial noxo e desconfianza da sociedade en xeral contra os políticos dos partidos tradicionais (e extrapolado a tódolos políticos en xeral plasmado no desinterese por aquela campaña). E deu no fenómeno do 15M.

martes, 30 de septiembre de 2014

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA NA EPOCA DOS MOVEMENTES SOCIAIS (II Parte)


 Xulia Mirón e Roberto Laxe 

A estas alturas da crise social e política do sistema ninguén discute xa a necesidade da organización política, o que está en discusión son os lineamentos programáticos e as tarefas que se necesitan para a liberación da humanidade da explotación capitalista, e que ferramentas organizativas son necesarias para levalas até o final.
O elemento central que define a situación actual, tanto a nivel internacional como nacional, é a que Trotski definiu no Programa de Transición: “a crise da humanidade redúcese á crise da súa dirección revolucionaria”. Esta crise que hoxe podemos cualificar de “baleiro”, é a que provoca o estancamento e putrefacción dos procesos revolucionarios dos últimos anos, permite a restauración do capitalismo nos ex estados “socialistas”, e explica a aparición de fenómenos que, dunha maneira desvirtuada e/ou populista, ocupan ese espazo baleiro.
Podemos no Estado Español, Beppe Grilo en Italia, como antes as ONGs, e agora os movementos sociais, son paradigmáticos dunha organización política que vén cubrir ese baleiro que, sempre, preséntase baixo “formas” novas, enfrontadas ás “vellas”.

lunes, 22 de septiembre de 2014

O CAPITALISMO NON CONSEGUE REMONTA-LA CRISE E A ECONOMÍA DO ESTADO ESPAÑOL TAMPOUCO


Carlos Dafonte

Todas as institucións de carácter mundial, tanto económicas como políticas, amosan estes días a grave preocupación que lles produce a esterilidade de todas cantas medidas foron tomadas para saír da crise. Admítense os curtos avances e os retrocesos importantes que se producen desde hai anos. Só no estado español o Partido Popular practica un avestrucismo suicida.
A pesares de todos os seus esforzos e recorrendo a todo tipo de argumentos, a mentira o máis cotiá, para enganar ós distintos pobos que configuran o estado español nesta precampaña electoral longa, que desembocará nas eleccións municipais, autonómicas e xerais do ano 2015, sobre a bondade da súa política económica, as cifras son testanas e quítanlle a razón ó PP; todo indica que a situación económica vai a peor e a maioría da sociedade a sofre nas súas carnes.
Como pode o PP tentar convencernos de que España vai ben nun contexto europeo de Italia entrando en recesión, a posibilidade de que Francia o faga nun período curto e o estancamento da economía de Alemaña?. Unha economía subordinada como a nosa, baseada nos servizos, co sector industrial maioritariamente en mans foráneas, o automóbil, non pode ir nunca ben cando no noso entorno, as potencias industriais de Europa, non van ben. E Francia a quen toda unha serie de comentaristas consideraban desde hai anos, o “enfermo da UE”, non vai nada ben. No primeiro semestre do presente ano, o noso veciño tivo un crecemento do PIB cero, o déficit público atópase polas nubes, superando con moito o 3'8 prognosticado, o desemprego supera os 3.500.000 e sumándolle os que teñen traballo temporal, sitúase por enriba dos cinco millóns; pois ben en vez de estimula-lo consumo, medida máis na liña dun partido que se chame socialista, aínda que igualmente ineficaz, optou Hollande polo chamado “Pacto de Responsabilidade” que lle outorga ó sector privado privilexios fiscais por máis de 30.000 millóns de euros, para cuxo financiamento reducirase o gasto público en máis de 50.000 millóns de euro ata o ano 2017; falando claro, se carga sobre a maioría dos franceses, os custes deste plano, reducindo orzamentos en servizos públicos, salarios, prestacións sociais, etc. É polo tanto lóxico que a popularidade de Hollande atópese polo chan.

martes, 16 de septiembre de 2014

O "XENE" FRANQUISTA DAS REFORMAS ELECTORAIS


 Robero Laxe
Podería parecer que todo o rebumbio levantado polas reformas electorais propostas polo goberno e a Xunta é unha cortina de fume, coa que tratarían de evitar o importante, as consecuencias sociais e económicas das súas políticas para a poboación... Nada máis lonxe da realidade, o PP con estas reformas electorais -elección directa de alcaldes, redución de parlamentarios autonómicos, etc.- esta remodelando o réxime do 78, blindando as institucións fronte a cambios de calado que se anuncian.
 Mesturando a Lenin con von Clausewitz, “a política é a economía por outros medios”, e todos os recortes, axustes e rescates só poden garantise a través dun retroceso tremendo nas conquistas políticas, democráticas. É de caixón, de aí por exemplo a disolución das brigadas antirroubos da Policía Nacional e o reforzo dos antidisturbios para previr levantamentos sociais.
 Pero vaiamos por partes: primeiro, a reforma electoral de face ás municipais -elección directa dos alcaldes- arguméntana sobre a base de que é máis democrático unha lei electoral como a que eles propoñen, que a actual, e ademais garante a “gobernabilidade” dos concellos. Esta claro que o primeiro argumento se é unha cortina de fume, o máis democrático non é que se elixa directamente ao alcalde, é dicir, quen vai a mangonear catro anos, senón que o pobo decida sobre todos os aspectos do seu futuro: nun estado democrático a lei non está por encima da decisión do pobo, senón ao seu servizo, porque a lei é emanación do pobo. Mentres, nos estados non democráticos, absolutistas ou ditaduras, é a lei, arbitraria ou non, a que se sitúa por encima da vontade popular, encorsetándola.

O “xene” franquista asoma o seu nariz por esta vía de que a lei sitúa-se por cima do pobo: as leis do franquismo xa se situaban por cima do pobo, e non por iso era democrático. Pero ese “xene” saca todo o seu corpo co segundo argumento: garantir a “gobernabilidade”.
 Por favor, que se deixen de monsergas, o que realmente queren é o goberno dunha persoa e “brazos de Madeira” (parlamentarios, concelleiros, etc.) como os do franquismo, que a cambio dunhas prebendas e patentes de corso, votaban todo o que a “autoridade competente” propuña. Son uns nostálxicos da ditadura, na que os “políticos” non tiñan que pasar “o grolo” dunhas eleccións cada catro anos, de enfrontar programas, para logo incumprilos; e sobre todo arriscarse a perder o poder, é dicir o control das subvencións estatais, desde o goberno central até o ultimo concello. Garantir este control é o que esconden tras a palabra “gobernabilidade”, porque a burguesía española caracterízase pola súa dependencia total desas subvenciones / concesións.
 Se realmente queren achegar “a política” e as institucións ao pobo, que establezan a revocabilidade de todos os cargos electos, derroguen a antidemocrática lei D’Hont, que a través da “enxeñaría” electoral favorece aos partidos maioritarios, e os límites do 5% dos votos para ser elixido, poñan os medios de comunicación desas institucións ao servizo das organizacións obreiras e populares, das asembleas populares, de maneira que todos poidan concorrer en termos de igualdade; neste momento os únicos que teñen acceso a eses medios, públicos e privados, son as organizacións burguesas e as que se lles concede graciosamente ese “privilexio”.
 Estas e outras medidas son os oposto polo vértice á proposta polo PP neofranquista, polo que só a través da loita vanse a conseguir.
 Unidos a estes argumentos “políticos”, explican que as medidas de reforma electoral que propoñen, supoñen un “aforro” en custos parlamentarios ou nos concellos. Novamente sae o “xene” franquista, presupondo que o goberno dunha persoa é máis barato que unha democracia. Falso até a medula, porque ese goberno supón un alto grao de arbitrariedade á hora da utilización, sen control, dos orzamentos públicos.

martes, 9 de septiembre de 2014

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA NA ÉPOCA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS (parte I)


Xulia Mirón e Roberto Laxe
 
Fai xa bastantes anos, desde mediados dos 90 aproximadamente, a resistencia ao capitalismo atópase nunha encrucillada; entre manter o que se deu en chamar, as “vellas formas de organización”, os partidos políticos, e as “novas formas de organización”, é dicir, os movemento sociais.
No ano 2000 James Petras fixo unha severa critica aos organismos que, naquel momento levantábanse como alternativos aos partidos, as ONGs; que se diseminaron por todo o mundo ao servizo dunhas concepcións políticas baseándose no rotundo rexeitamento á loita de clases como motor da transformación social. A crise dos últimos anos confirmou a tese de Petras, as ONGs non eran máis que substitutos do estado, alí onde este deixaba de cumprir un papel no benestar da sociedade, e como tales axentes prácticos e ideolóxicos da privatización ao servizo das multinacionais e as grandes potencias.

jueves, 4 de septiembre de 2014

LAS TAREAS DE LA IZQUIERDA REVOLUCIONARIA ANTE PODEMOS Y OTRAS OPCIONES ELECTORALES




Ángeles Maestro.
Lo que algunos pensaron que era un aguacero de primavera se ha transformado en un ciclón político. La última encuesta del CIS muestra que, más allá de análisis rigurosos acerca de los poderosos apoyos mediáticos de la formación de Pablo Iglesias y de su debilidad programática, que la sitúa en el mismo espacio político que IU, Podemos tiene la capacidad de trastocar el escenario electoral.
El principio del fin de la Transición
El voto recibido por esa organización en las elecciones europeas, junto a la gran abstención, al crecimiento del voto en blanco, al ascenso de IU, ERC y Bildu, rubricaron el principio del fin del bipartidismo y con él de los pilares que – mediante la alternancia en el gobierno de PP y PSOE – han venido sustentando el engranaje político desde la Transición.

lunes, 18 de agosto de 2014

O SIONISMO ENFERMIDADE CON TENDENCIA O XENOCIDIO DO XUDAISMO


Carlos Dafonte

Estes días no que o xenocidio organizado polo estado sionista de Israel, abátese de novo sobre o pobo palestino, algúns cando analizamos o que está a acontecer, facemos unha diferenza entre os xudeus e os xudeus sionistas, aínda que teño a certeza de que si os sionistas atópanse no poder en Israel case dende a súa fundación, é grazas ó voto cativo de moitos xudeus que non son sionistas.
Vendo o martirio do pobo de Gaza ante a indiferenza do que denominamos “comunidade internacional”, é dicir, toda unha serie de institucións internacionais e estatais, mediante as que as oligarquías dominantes no mundo impoñen os seus criterios ós diferentes pobos, institucións que non son capaces de tomar medidas que castiguen os crimes de Israel e repiten despois dalgunhas condenas verbais o de “Israel ten dereito a defenderse”; este “mantra” que escoitamos estes días en numerosas ocasións, o que verdadeiramente significa é que só Israel ten dereito ilimitado para matar civís, contravir toda lei sobre a guerra e o respecto polos dereitos humanos, pero os palestinos, que son verdadeiramente os agredidos desde preto de 70 anos, non teñen dereito algún á defensa contra unha ocupación e a usurpación duns territorios, que os sionistas levaron adiante violentamente, e os condenan ó holocausto.

lunes, 11 de agosto de 2014

DÉFICIT FISCAL ENTRE AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS, O QUE PARTE E REPARTE...

Roberto Laxe 

En pleno mes de Xullo, e pouco antes da reunión entre Mais e Rajoy para discutir sobre o referendo catalán, o ministerio do sr Montoro fixo publicas as contas do déficit fiscal entre as comunidades autónomas. Segundo as súas contas, Madrid, Cataluña (menos do que di a Generalitat), Valencia e Baleares son as que pagan, e as demais son subvencionadas, entre elas, Galiza, en 3 mil millóns de euros. Pola súa banda, o BNG fixo públicos as súas propias análises, criticando por centralistas as contas de Montoro. Deles resulta que Galiza non recibe ese 3 mil millóns, senón que ten un déficit fiscal de 1 300 millóns.

domingo, 3 de agosto de 2014

POLA CONCRECIÓN DUNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA COMO ÚNICA SAÍDA DA CRISE, AXEITADA ÓS INTERESES DO POBO TRABALLADOR


(Convocatoria dun Encontro Aberto a tod@s cant@s activistas queiran participar)


LIMIAR

 O proxecto de sociedade que chamamos socialismo, onde as maiorías sociais podan vivir sen ser explotadas, organizando o traballo en base a principios igualitarios e de capacidade, asumindo un reparto xusto da riqueza que producen, impoñendo un sistema de participación e toma de decisións que se atope ó servizo da maioría e penetre en todos os eidos da actividade humana, respectando o medio ambiente e establecendo con firmeza a igualdade entre o home e a muller, foi sempre ó longo da historia, unha necesidade. Desde a aparición da propiedade privada ata a actualidade.
Pero hoxe en pleno século XXI, a construción da nova sociedade, é unha cuestión de supervivencia, analicemos a situación desde o centro ou desde a periferia do sistema capitalista; desde o centro do sistema capitalista, porque non queremos retroceder a décadas pretéritas, que nos fan lembrar como nos momentos de crise, o capitalismo recorreu a guerras e agresións intercapitalistas e a creación do fascismo, o nazismo e o franquismo nin que se carguen os custes da saída da crise, sobre as costas da grande maioría da poboación das zonas periféricas, pero tamén pola necesidade de preserva-lo planeta da agresión que significa o actual sistema.
Desde a periferia porque a experiencia capitalista tampouco foi nin é moi edificante: colonialismo estragador e xenocida, neocolonialismo explotador e salvaxes ditaduras que permitiron o enriquecemento das clases dominantes do centro e periferia e o reparto de migallas entre os explotados/as do primeiro. Esa realidade debe ser rexeitada dun xeito firme.
A construción do socialismo convértese nunha necesidade e unha cuestión de solidariedade entre as diferentes zonas e poboacións do planeta; adquire así un carácter e unha dimensión internacionalista..
É certo que as experiencias pasadas que iniciáronse, tentando construír esa nova sociedade levaban ese selo; máis as condicións históricas e políticas nas que se desenvolveron, levaron o seu fracaso.
Pero ese feito non debe servir para abandona-lo proxecto de edificar unha nova sociedade máis xusta, senón para establecer, analizando a fondo as orixes e as causas de por que non convenceu a xente, desbotar aqueles elementos que hoxe podemos dicir que eran erros, e así construír dun xeito máis firme os alicerces nos que se debe basea- lo novo proxecto.
Para acadar estes obxectivos facemos público o seguinte MANIFESTO cun carácter aberto, que debe servir para, a través da súa discusión, aglutinar a tod@s aquel@s que consideren unha necesidade inicia-la discusión sobre o proxecto alternativo ó sistema capitalista.

 MANIFESTO POLO SOCIALISMO

Atopámonos no período, que pode durar aínda un tempo, cualificado por Bourdieu, como da culminación da reacción conservadora neoliberal, feita, segundo os seus promotores, en nome do progreso, a razón e a ciencia referida particularmente como economía, que tentou, e en grande parte o conseguiu, relegar ó pensamento crítico, de esquerdas, a un “status” de arcaísmo.

Hoxe coñecemos onde toda a verborrea e practica neoliberal levou ó planeta e ó centro do sistema capitalista, seguindo a súa lóxica da preeminencia da lei do valor, da creación de plusvalor e da necesidade que ten hoxe da destrución física do capital excedentario, incluído o correspondente a salarios, posto que o seu investimento non vai producir a ganancia desexada. Xa Marx afirmou no O Capital, que en tempos de crise “a taxa de ganancia e con ela a demanda de capital industrial teñen desaparecido”, o que se traduce na actualidade en desinversión produtiva, desvalorización do capital e toda outra serie de consecuencias para @s traballador@s que coñecemos ben no estado español.

Neste cadro o único obxectivo das institucións ó servizo do capitalismo é acada-la máxima ganancia para unha minoría privilexiada, representada polos administradores das grandes empresas multinacionais, que so buscan lucrarse e o beneficio máximo para os accionistas, e os axentes das finanzas, particularmente dos grande fondos de investimento, a quen eufemisticamente se lles denomina “os mercados”; eles son os que gobernan e impoñen os seus criterios aínda que ninguén os elixiu.

AS CAUSAS DA CRISE ACTUAL

A crise económica cuxo eixo central é a tendencia á queda da taxa de ganancia, como consecuencia do aumento da composición orgánica do capital, é dicir o resultado da acción dos capitalistas de substituír traballadores por máquinas, obrigados pola competencia intercapitalista que lles leva á mingua da plusvalía, maniféstase con moita violencia no centro do sistema desde o ano 2007, o que permite coñecer mellor, por se alguén non a tiña clara, cal é a esencia e as leis do capitalismo: Un sistema baseado na explotación da forza do traballo e onde todo vale para logra-la fin proposta. Recolonización e intervención en numerosos países con importantes fontes de enerxía, ataque sistemático contra dos dereitos de todo tipo que @s asalariad@s e outras clases subalternas da sociedade acadaron como resultado das súas loitas, recomposición do proxecto democrático burgués, en función dos intereses de clase, que conduce o seu deterioro, restrinxindo os espazos do mesmo no que a sociedade tiña permitido expresarse. Quen ninguén espere polo tanto concesións. Non hai un capitalismo con faciana humana.

Despois das medidas tomadas no estado español pola oligarquía, ca intermediación dos partidos PP e PSOE, co apoio de forzas nacionalistas burguesas, para recupera la queda da taxa de ganancia, reformas laborais, baixada das pensións e dos soldos ós funcionarios e redución do seu número, mingua dos orzamentos en igualdade, dependencia, e servizos públicos moi importantes como sanidade, educación e privatización dos mesmos, recortes nas prestacións de desemprego, etc., que teñen consecuencias como o aumento da pobreza e desnutrición entre os nenos, do paro ata cifras dificilmente asimilables por unha sociedade que non se atope enferma, axudas á banca cos cartos de todos os contribuíntes, etc, tamén recortes moi importantes nas liberdades para evita-las protestas e sancionalas con maior dureza, medidas todas destinadas a aumenta-lo beneficio da clase minoritaria na sociedade pero hexemónica a nivel político, pensamos que ningún traballador, a estas alturas do desenvolvemento da crise, pode alegar descoñecemento sobre o sistema e os obxectivos do mesmo.

Agás aqueles que non queiran aceptalo por motivos ideolóxicos, o modo de produción capitalista e a súa superestrutura política, o estado, atópase ó servizo dunha clase política moi minoritaria na sociedade, que monopoliza a maior parte da riqueza producida polo conxunto, no seu exclusivo beneficio.

A pesares da dureza das solucións que os sectores oligárquicos da burguesía impuxeron nestes anos, as forzas que nas institucións din xoga-lo papel de oposición, o mesmo que aqueles movementos como o 15 –M e outras organización, que desde fora das mesmas pretenden xogar un papel antisistema, non foron capaces de presentar un proxecto ós sectores sociais golpeados polas solucións que desde o poder, tanto político como económico se lle da a crise, permita organiza-los ós afectados e a unidade de accións contra o inimigo común: o capitalismo e as súas institucións.
 Neste senso é necesario non trabucarse máis, hai que loitar con preferencia contra o sistema, os seus alicerces fundamentais, para superar esa falsa idea, que derrotando a un determinado partido por medio das eleccións se van soluciona-los problemas; quen o xestiona nun momento determinado é irrelevante, botar a un determinado partido das institución de goberno é unha cuestión táctica pero os obxectivos estratéxicos, poñer fin o sistema capitalista é o que ordena o programa, para non caer no erro reformista de que o importante é a táctica e os medios e non a estratexia e o fin.

Atopámonos cunha realidade teimuda que temos que enfrontar; o capitalismo é o inimigo dos pobos e aqueles que pensaban que as crises cíclicas do sistema nunca chegarían ó centro do mesmo, que só afectaría ós países máis atrasados, ós produtores de materias primas, as colonias ou semicolonias dos países imperialistas máis desenvolvidos, teñen que aceptar que trabucaron nas súas previsións. A crise do capitalismo instalouse nos países centrais, afectando en maior ou menor medida os mesmos segundo o elo que ocupen na cadea imperialista e, dada a imposibilidade polo momento, dunha guerra interimperialista a nivel mundial, como ocorreu en 1914 e 1939, que estrague unha enormidade de forzas produtivas, pódese afirmar 1) que a crise chegou para quedarse por un tempo prolongado e a saída vai ser só saída para un sector da burguesía, non para as clases populares que xa nunca recuperarán os dereitos de todo tipo que se lles arrebataron 2) que para as clases populares non hai superación da crise dentro do sistema, pois a xénese da mesma, a tendencia á queda da taxa de ganancia como resultado da competencia intercapitalista, que leva a unha mingua da chamada “economía produtiva” e ó aumento da “economía especulativa”, só pode solucionarse en beneficio da clase hexemónica, cas medidas que se foron tomando no transcurso destes anos.

NON HAI “TERCEIRA VÍA” PARA SAIR DA CRISE

Ningunha outra solución, como non sexa a neoliberal, o capitalismo actual, vai ser aceptada polos poderes económicos; non hai pois posibilidade algunha, aínda que haxa partidos e organizacións políticas que aplican as teses neoliberais cando se atopan no goberno e tentan explicar a posibilidade dunha saída socialdemócrata cando se atopan na oposición, saída deste tipo. Entendemos hoxe este concepto como a proposta keynesiana que é asumida polos partidos autotitulados como socialdemócratas ou socialistas.
E non serve esta alternativa porque os poderes económicos que operan no mundo, non atopan con ela solución á crise de acumulación, aínda sendo como é unha saída de carácter burgués, que tenta defende-lo capitalismo fronte o seu posible derrube, desactivando a iniciativa d@s traballador@s mediante a intervención do estado e a consolidación dunha “economía mixta” que potencie a “demanda agregada”.

Hoxe a oligarquía non é favorable ó pacto e a cesión; para supera-la crise necesita da derrota do movemento obreiro, que non se atopa nun momento de ofensiva revolucionaria fronte ó capitalismo. A política baseada nos presupostos de Keynes só é factible en momentos de expansión, cando as ganancias dos capitalistas do centro do sistema son tan importantes que non teñen reparo algún en prescindir dunha parte pequena das mesmas para garanti-la paz social. O pacto social que levou ás políticas socialdemócratas despois da segunda guerra mundial, debeuse a diversos factores que hoxe non se producen: ó desprestixio do capitalismo entre grandes sectores da sociedades da época, cuxas contradicións produciron dúas guerras de carácter mundial nun período curto de anos, á grave crise dos anos trinta e o fenómeno do nazi-fascismo; a existencia da URSS como un posible modelo alternativo para moitos traballadores; ó inicio dun período de expansión económica, resultado da reconstrución do destruído, a explotación das colonias e a fortaleza do movemento obreiro cuns partidos comunistas moi poderosos no centro do sistema que xogaran un importante papel na loita contra a ocupación, en determinados países, polo exército nazi e atopábanse no que parecía un proceso revolucionario de disputa do poder á burguesía. Estas circunstancia levaron a un pacto da burguesía co movemento obreiro.

Pero hoxe esa alternativa esta completamente pechada e non deixa de ser, por parte de quen a propón, puro electoralismo, que pode enganar a determinados sectores sociais o que lles pode permitir acceder a dominar determinadas institucións, pero unha vez nas mesmas, aplicará, como sempre fixeron, as vellas receitas neoliberais.

No fondo o que se tenta con todo este tipo de manobras e culpar o neoliberalismo da situación, tentando introducir no pensamento das amplas masas e sectores da sociedade, que o capitalismo é reformable, como xa dixemos máis arriba, que existe un capitalismo de “faciana humana”.

No mesmo senso van outro tipo de alternativas que aparecen ligadas ás importantes mobilizacións populares que coñecemos como 15-M que se están a consolidar no estado español arredor da afirmación “non somos de esquerdas nin de dereitas” e que tentan esconde-la realidade de que a crise e a súa saída formúlase, por parte da oligarquía no poder, en termos de acada-la derrota da clase traballadora asalariada, co aumento do seu grao de explotación, polo que a saída da mesma só vai ser posible co enfrontamento entre burguesía e o que xenericamente coñecemos como proletariado. Agochar esta evidencia baixo outro tipo de formulacións como a loita da cidadanía ou da multitude, contra os “de arriba”, só axuda á burguesía porque esvae o campo da loita de clases que é o motor da historia.

Fronte a esta situación, a alternativa de “máis soberanía”, que é o que propoñen os nacionalistas burgueses do estado, proposta asumida polos nacionalistas galegos, non deixa de ser unha saída burguesa, que beneficia ás respectivas burguesías e pequenas burguesías de Cataluña e País Vasco, que non conduce a ningures, desde a perspectiva dos traballadores, da clase obreira; máis soberanía para que política económica?. Para seguir a aplicar como se está a facer en Cataluña a política da Troika, que desbarata o feble “estado de benestar” existente? Conseguila soberanía, pero sen solta-las amarras do capitalismo, só vai beneficiar á burguesía nacional que consolidará un mercado interior máis libre de competencia, para implementar a política económica neoliberal; polo tanto só beneficiará a un sector minoritario da sociedade, o propietario dos medios de produción. A proposta da burguesía catalá do “dereito a decidir”, tenta esconder os brutais recortes de todo tipo levados a cabo nestes anos, pola devandita burguesía desde a Generalitat, contra o nivel de vida da maioría da poboación, e dada a aceptación por unha parte importante da sociedade, indica o nivel tan baixo da “conciencia para si” da maioría d@s traballador@s desa nación sen estado.

Ademais, somos conscientes que a loita polo socialismo, a loita por poñer termo a explotación e a un modelo baseado no produtivismo, que esgota os recursos naturais e degrada dun xeito irreparable o medio ambiente, que renuncia á defensa dos dereitos humanos, que considera a igualdade home muller como algo irrelevante e a inmigración como un perigo, de levarse a cabo dun xeito vitorioso, vai ser resultado da loita coordinada dos pobos do estado español, pero tamén dos pobos de Europa, onde @s traballador@s asalariados teñen que ter o papel hexemónico; nese senso rachar ca unidade da clase obreira, pódese considerar un atranco a todo proceso transformador e revolucionario. A defensa desta unidade non debe significar renunciar a conseguir e defende-lo dereito de autodeterminación dos pobos do estado español, dereito que todo demócrata ten o deber, a obriga, de defender.

CONSTRUINDO A ALTERNATIVA SOCIALISTA INTERNACIONALISTA

A única solución verdadeiramente factible, se queremos saír da actual situación, é a de avanzar cara ó socialismo.

Galicia, o seu pobo traballador, polo seu carácter de nación oprimida, periférica na UE e no Estado Español, esta a sufrir dun xeito especialmente duro as consecuencias da crise. Nestas condicións é preciso redactar un programa adecuado ás condicións concretas nas que se desenvolve a loita na U.E., o Estado español e Galicia, que ten como obxectivo a transformación socialista da sociedade. Pero non un programa máis de corte electoralista, senón o programa que conteña as transformacións necesarias para avanzar desde unha sociedade ancorada no capitalismo explotador, do que é necesario facer unha crítica científica, cara a unha nova sociedade, establecendo a etapa de transición entre a actual e a que temos como obxectivo estratéxico.

O socialismo ten que deixar de ser unha verba, que para a maioría da sociedade di moi pouco, para converterse nun proxecto que faga seu, que o acolla como propio, unha parte importante da sociedade. É o único xeito de loitar contra a afirmación defendida pola burguesía, de que non hai alternativa ó capitalismo

A loita polo socialismo significa tamén abrir un proceso constituínte, obxectivo da creación dun dobre poder que pule a mobilización social sostida no tempo, que culmine nunha folga xeral política que poña freo ás medidas de austeridade e axuste, e derrube o aparello administrativo da burguesía, impoñendo unha nova estrutura.

Por todo elo, é preciso abrir un debate para determina-los eixos do programa e os obxectivos da loita, iniciando todo este proceso ca celebración dun Encontro Aberto, desde a base, que agrupe ós activistas que hoxe se enfrontan ca realidade do capitalismo explotador e se atopan a favor dunha saída de carácter socialista.

En Galicia no mes de xullo de 2014






miércoles, 23 de julio de 2014

DO MAINE AO BOEING 777, O FIN DO CICLO NORTEAMERICANO E OS BRICS.




Roberto Laxe
 A pesar de figurar como nova secundaria nos grandes medios occidentais, o 15 de xullo de 2014 é unha data para a historia: cinco economías mundiais, entre elas a actual 2ª potencia, China, acordaron a constitución dun Banco de Reservas alternativo aos que se construíron tras a II Guerra Mundial, o FMI e o Banco Mundial, pondo en cuestión a hexemonía euronorteamericana da economía mundial. Algúns ven neste acordo, a constitución doutra columna imperialista no mundo fronte á euronorteamericana.

viernes, 18 de julio de 2014

A BARBARIE SIONISTA ABÁTESE DE NOVO SOBRE PALESTINA


Carlos Dafonte

Deixei pasar uns días para comezar a cavilar sobre o que está a acontecer en Palestina pois son consciente que co sentimento que desde hai moitos anos me producen as accións do sionismo e o horror tan próximo, as veces pérdese a perspectiva e a obxectividade.
Dende hai preto de setenta anos, toda Palestina é unha prisión para os seus habitantes e Gaza, dende hai uns anos, un campo de exterminio. Unha solución falsa para o problema da persecución dos xudeus e as matanzas levadas a cabo polos nazis, creou outro para centos de miles de palestinos que ocupaban dende tempo inmemorial estes territorios e observaron como os xudeus, que eran moi minoritarios, ca chegada procedentes de numerosos países, tiveran ou non problemas, instaláronse no territorio desprazando ós habitantes por medio do terror, das súas propiedades e a territorios menos fértiles.

miércoles, 9 de julio de 2014

CASTE E TEORÍA DO ESTADO, É A HORA DAS DEFINICIÓNS.


Roberto Laxe

Hai un termo que tras o éxito electoral de Podemos púxose de moda, a “caste". A partir dese momento, cando se quere caracterizar unha posición política ou social, con engadir a frase, “pertence á caste” xa parece que está todo dito. Cun simplismo moi español, resólvense todas as contradicións sociais cunha palabra que cabe nun titular, nun twitter, e que non implica a menor reflexión: “es da caste”, “defendes á caste”, é da “caste”, e todo resolto.
Parece que nunha sociedade complexa, capitalista industrializada (aínda que en proceso de desindustrializacion), as relacións sociais redúcense á contradición entre “caste” e “cidadanía”. E o máis grave, é que isto presenta-se como “novo”, como a “nova política”, fronte á “vella política”, que se asocia á “caste”.


martes, 1 de julio de 2014

NECESÍTASE A UNIDADE, PERO NON A CALQUERA PREZO


Carlos Dafonte

Nun artigo anterior aparecido no blogue, “A campaña contra os que poden poñer en perigo o bipartidismo”, analizaba dun xeito moi sinxelo, os atrancos que atoparían determinadas forzas políticas no desenvolvemento do seu labor, desde o momento en que os resultados das eleccións europeas confirmaron os vaticinios establecidos polas enquisas; os dous grandes partidos perderon un importante número de votantes e produciuse o ascenso dos de outras forzas que de xuntarse, de facer unha alianza política, aínda que sexa con carácter electoral, poden poñer en perigo un dos alicerces do sistema: a alternancia no control institucional entre PSOE e PP, para o que se necesitou facer pasar ó primeiro por ser de esquerdas e ó outro de centro dereita.

martes, 24 de junio de 2014

UNHA COROACIÓN BAIXO UN ESTADO DE EXCEPCIÓN. A PAZ REINA EN MADRID


Roberto Laxe

A proclamación do novo rei, Felipe VI, fixo evidente o que xa é un clamor: tras el só están os empresarios e banqueiros, que pagan a esgallo para sacar bandeiras e símbolos, os medios de comunicación, cunha asfixiante campaña de propaganda, os partidos do réxime, o PP, o PSOE, UPyD, e as cúpulas sindicais de CCOO e UXT. Enfronte, unha poboación que activa ou pasivamente, demostrou que Felipe VI vai ser o “breve”. As supostas multitudes arengadas polos políticos mais dereitistas, como Botella o Ignacio González, non apareceron por ningures e non pasaron duns miles de persoas, menos mesmo que os que habitualmente andan polo centro de Madrid.
E para evitar que esas multitudes si apareceran, mas baixo as bandeiras republicanas, declararon o estado excepción na capital do Estado, coa desaparición dos directos civís de expresión e manifestación, e a toma policial da cidade.

sábado, 21 de junio de 2014

REESCRIBINDO A HISTORIA DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL


Carlos Dafonte

Con gallo dos fastos para celebra-lo desembarco por parte dos aliados nas praias de Normandía, a maioría dos plumíferos e intelectuais orgánicos de sempre, os da burguesía, explican o acontecemento polas consecuencias que din trouxo esta acción bélica, gañar a guerra e implanta-la democracia en Europa.
Está hoxe bastante claro que a guerra estaba perdida para a Alemaña nazi despois da derrota das súas mellores tropas no leste, sobre o territorio da URSS; a retirada ás portas de Moscova, o fracaso no cerco de Leningrado, a rendición do exército de von Paulus en Stalingrado e a derrota posterior en Kursk no verán de 1943, permitiron ós soviéticos inicia-lo avance que tería fin ca toma de Berlín. A estas vitorias hai que sumarlles a actividade guerrilleira en Iugoslavia, Grecia e Albania, anticipo da derrota definitiva. Polo tanto dicir que grazas ó desembarco conseguiuse a vitoria sobre o nazismo, como se repetiu estes días, ten moi pouco de verdade e non pasa de ser máis que propaganda, da moita que sobre estes feitos teñen realizado os “ianquis” en estes setenta anos últimos.

martes, 17 de junio de 2014

A CAMPAÑA CONTRA OS QUE PODEN POÑER EN PERIGO O BIPARTIDISMO

Carlos Dafonte


A loita de clase maniféstase tamén dunha forma moi crúa, na loita ideolóxica que ten como obxectivo quitarlle valor ós argumentos de inimigo de clase e conseguir que o xeito de pensar da clase hexemónica, a todos os niveis, sexa o pensamento maioritario na sociedade, convertido sen que os explotados se decaten, no sentido común.
O periodista Ansón escribiu hai días un artigo nun medio, loando a postura de Podemos e do seu dirixente Pablo Iglesias, por renunciar, di trabucándose ou tentando que teña maior sona o argumento, á subvención de máis dun millón de euros que lle correspondería a esa formación polos votos e deputados acadados nas pasadas eleccións. A realidade é outra, entendo que Podemos non pode cobrar máis que o que dixo ter gastado e o dito ata o de agora, non chega por moito a esa cantidade.

martes, 10 de junio de 2014

DEMOCRACIA E APARIENCIA DE DEMOCRACIA...


 Roberto Laxe

En Podemos, baixo o manto da modernidade, está a reproducirse unha discusión tan vella como o propio movemento obreiro, a que dividiu aos bolxeviques dos menxeviques; a concepción de democracia dentro da organización. No congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, no seu II Congreso, as dúas tendencias chocaron pola votación sobre quen era membro do partido e quen non, o que se traducía en quen podía decidir sobre o seu programa e a súa política. Dito doutra maneira, como se garantía a democracia interna do partido.
Estas diferenzas manifestáronse en dous proxectos, e aínda que o congreso logo aprobaría unha formula aparentemente intermedia, a ruptura estaba dada porque expresaban dúas concepcións distintas das tarefas políticas fronte ao réxime de quenda e as formas de organización necesarias para enfrontalo.
O proxecto de Martov, que foi a base do menxevismo, dicía:
"Considerarase como pertencente ao Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia a todo o que, aceptando o seu programa, traballe activamente para levar á práctica as súas tarefas baixo o control e a dirección dos órganos do Partido".
Mentres que Lenin, e os bolxeviques, dicían:
"Considerarase membro do Partido todo o que acepte o seu programa e apoie ao Partido tanto con recursos materiais, como coa súa participación persoal nunha das organizacións do mesmo". (as cursivas son miñas)

martes, 3 de junio de 2014

A AGONÍA DUN RÉXIME


Carlos Dafonte

O que se denomina o “réxime da transición”, a actividade dun conxunto de institucións e aparellos ca monarquía no cumio, pero tamén dos xeitos, dos comportamentos na actividade político-institucional dos partidos, amosa a súa quebra ca abdicación do monarca.
Tivemos que sufrir unha fonda crise económica, transformada nunha crise social sen parangón na UE, para que toda a estada, feble e corrupta nunha maior parte, que serviu para secuestra-la democracia, e amosarlle ó pobo, azoutado nunha parte moi importante pola crise, como o que chamamos “o poder”, non se atopaba o seu servizo, senón ó dos sectores económicos máis poderosos, que utilizan a crise, todas serven para o mesmo, para purga-lo sistema, eliminar competidores, centralizar e concentra-lo capital e facerse con sectores importantes dos servizos públicos.

miércoles, 28 de mayo de 2014

ALGÚNS COMENTARIOS SOBRE AS ELECCIÓNS Ó PARALAMENTO EUROPEO


Carlos Dafonte

Son varios os trazos que hai que valorar a nivel da Unión Europea (UE) no momento de facer unha análise do acontecido o día 25 de maio.

En primeiro lugar hai que sinalar que a crise, que está a deixar unha fonda pegada na conciencia da maioría das sociedades, tivo que estar moi presente no momento de votar e que foi un acontecemento, pola dureza das solucións aprobadas polas forzas que gobernan na UE, que rachou ca indiferenza con que antes actuaba moita xente diante de procesos electorais similares. Considero que o día 25 de maio, todos os que votaron, o mesmo que aqueles que podendo facelo non o fixeron, que foron maioría e nalgúns países do leste, unha estrepitosa maioría, actuaron cun grao de conciencia maior que hai cinco ou dez anos. É un acto de castigo.


domingo, 18 de mayo de 2014

O 25 DE MAIO HAI QUE DAR UNHA RESPOSTA AXEITADA Á GRAVIDADE DA AGRESIÓN


Carlos Dafonte

O 25 de maio nos esperan, din os representantes de algunhas candidaturas, unhas eleccións moi importantes, ¡¡¡O Parlamento que saia dos mesmos, vai poder elixir ó Presidente da Comisión, ó substituto de Durao Barroso!!!. E que?, debiámoslles contestar, como se iso servise para algo. Os dous candidatos con posibilidades de presidi-la Comisión, atópanse no que podemos denominar “consenso neoliberal” de construción da UE e de saída da actual crise. O que os dous candidatos representan, tanto o proposto polo grupo socialista como polo popular, que foi primeiro ministro dun importante paraíso fiscal, son parte do problema que estamos a sufrir os cidadáns europeos, son os grupos maioritarios que crearon as estruturas da UE, que aprobaron os seus diferentes tratados onde se establecían as súas institucións e o seu funcionamento, as súas políticas favorables e ó servizo dos poderes económicos e nocivas e contrarias ós intereses dos traballadores asalariados, a grande maioría dos habitantes da UE.

martes, 13 de mayo de 2014

CRISE E RECESIÓN, COUSAS DISTINTAS

 Roberto Laxe

 
O goberno, á calor de certos datos da chamada “macroeconomía” como o previsto crecemento do PIB ou a baixada da “curmá de risco”, lanzou aos catro ventos a campaña de que xa estamos a saír da “crise”. Para iso fai unha trampa conceptual, equipara crise con recesión. É certo que certos datos como os mencionados, son os que lles permiten inchar peito para afirmalo; pero saír da recesión non é saír necesariamente da crise. Unha recesión é unha fase dentro dun proceso moito máis longo, ten unhas causas máis conxunturais (des/investimento do estado, repunte ou non dalgún sector da economía, etc.) e menos estruturais, que pode resolverse sen tocar para nada a crise.


miércoles, 7 de mayo de 2014

O AGRAVAMENTO DA TENSIÓN EN UCRAINA


Carlos Dafonte

Despois do golpe de estado contra a lexitimidade existente no país, os acontecementos vanse desenvolvendo cun rumbo que posiblemente o imperialismo encabezado polos norteamericanos non tivese valorado, como aconteceu noutros casos recentes, como Iraq, Afganistán, Libia ou Siria.
En primeiro lugar porque posiblemente colleunos desprevidos a resposta contundente dada por un dos elos fortes da outra cadea imperialista, Rusia, que respondeu con prontitude diante dos acontecementos e incorporou Crimea ó seu territorio, despois dun referendo multitudinario, onde ten bases militares imprescindibles para o control de zonas consideradas xeoestratéxicas. Crimea pertencía a Ucraína desde hai poucos anos, foi un regalo de Krutchov, o substituto de Stalin, en 1954 e levouse a cabo dun xeito ilegal, contrario á lexislación vixente na URSS, pois non se solicitou a opinión da cidadanía. Por outra banda, as autoridades de Crimea utilizaron o mesmo procedemento que as de Kosovo cando se separou de Serbia, que naquel momento foi aceptado polos organismos internacionais.
En segundo lugar, e posiblemente a actitude rusa en Crimea axudou a tomar conciencia, a poboación de cultura rusa do leste, maioritaria e celeiro de votos do presidente ilegalmente expulsado do seu cargo, reaccionou diante do golpe dun xeito lóxico, en defensa da orde constitucional e polo non recoñecemento do goberno ilexítimo. Aspectos todos estes reforzados pola implicación no golpe dos dous partidos máis importantes de carácter neonazi, Svoboda (Liberdade) e Pravy Sektor (Sector Dereito) en cuxos programas aparece dun xeito nidio a persecución da cultura rusa e dos xudeus. Non hai que esquecer que o primeiro conta con tres ministros no goberno ilexítimo e que unha das primeiras medidas deste goberno foi que a lingua rusa deixe de ser oficial naquelas rexións do país onde tiña esa consideración.

miércoles, 30 de abril de 2014

A CONSTRUCIÓN DO MODELO DE ACUMULACIÓN.BREVE PERCORRIDO POLA ECONOMÍA ESPAÑOLA DOS ÚLTIMOS CORENTA ANOS


Carlos Dafonte

A crise e as súas consecuencias de paro, desafiuzamentos, rebaixa de salarios e pensións, ataque os dereitos sociais, laborais e políticos, etc, abriu un período no que a xente fala e discute sobre a economía, sobre as causas da crise, as súas consecuencias, tamén as razóns de por que afecta máis ó noso país, a determinadas clases e sectores sociais; as xentes opinan pero forman o seu criterio moitas veces influenciados polos medios que tentan dar unha versión moi nesgada do que está a acontecer.
Polo tanto, creo importante fomenta-la discusión sobre o tema, sobre as razóns que fan que o noso modelo de explotación, ou de acumulación, se vexa máis afectado pola crise que outros moi próximos o que tradúcese en consecuencias máis prexudiciais para a poboación; sería bo abrir unha discusión sobre o modelo, chamémoslle “español”, que se foi xerando desde finais do franquismo ata a actualidade.

A FINALIZACIÓN DA ETAPA EXPANSIVA.

Debemos partir dunha afirmación que hoxe case ninguén discute; a finais da década dos anos sesenta do século pasado, o modelo de acumulación, que permitiu unha importante etapa de expansión mundial desde o final da II ª Guerra Mundial, chega ó seu final cas recesións de 1967 e de 1969-70.

lunes, 21 de abril de 2014

120 MIL MOZAS E MOZOS GALEGOS "VOTAN COS PES", EMIGRAN


Roberto Laxe

Como se fose un escaldazo na fronte, nestes días cuantificase a perda de poboación moza da Galiza: en 6 anos saíron 120 mil persoas novas cara a emigración. Xa non se ven as imaxes dos anos duros do século XX, cando centos de miles de galegos e galegas colleron o camiño da emigración, mas iso non quer dicir que non exista. O drama é moi profundo, pois expresa a renuncia da xuventude a cambiar a sociedade que lle tocou vivir, e adopta a solución individual, mas masiva, de abandonar.
Lenin, cando o exercito tsarista no 17 desertaba masivamente, dixo que os campesiños vestidos de soldados “votaban cos pés”, desertaban. Hoxe é o que podemos dicir da xuventude galega coa súa masiva emigración, vota “cos pés”: ningunha das grandes opcións políticas que se presentan, o xeito de facelo, levantan a menor perspectiva de cambio.

martes, 15 de abril de 2014

DE 14 DE ABRIL A 14 DE ABRIL


Roberto Laxe

En 1931, tras a vitoria da coalición Republicano-Socialista en case todas as zonas urbanas e industriais, proclámase a II Republica... abrindo un proceso revolucionario que culminaría en 1936/37.
Para moitos é unha data histórica superada polo tempo... Pero, e isto é o decisivo, as causas estruturais que provocaron a proclamación da Republica e despois a revolución española non só seguen sendo basicamente as mesmas, senón que se agudizaron.
O capitalismo español segue sendo un imperialismo de “segunda” división, dependente das subvencións do estado, como demostra a corrupción galopante que atravesa o Réxime do 78, agora atado a un organismo supra estatal, a Unión Europea, que profunda nas causas estruturais que deron orixe ao 14 de abril de 1931.
O problema da terra mantense cunha Política Agraria Común que segue favorecendo aos vellos e novos terratenientes; unha estrutura ultracentralista do Estado, que a UE apoia sen fisuras, e un capitalismo que segue baseado na máxima “que inventen eles”, mentres baixamos salarios e destruímos as conquistas do pobo traballador.
As ilusións populares de 1931 foron frustradas pola II Republica; nesta ocasión non pode repetirse a historia, por iso hai que levantar un programa que apunte directamente ao corazón dos problemas, ao capitalismo español e europeo, ao dereito dos pobos á autodeterminación e á resolución do problema agrario; é dicir, o programa do socialismo na forma dunha Federación de Republicas Ibéricas no marco dos Estados Unidos Socialistas de Europa.

 En Galiza no mes de abril de 2014

lunes, 14 de abril de 2014

14 de ABRIL DE 2014: SAÚDE E REPÚBLICA!


Carlos Dafonte

O 14 de abril de 1931 proclámase a república en todo o estado español; os primeiros lugares foron Redondela e Eibar, o día 13. Cataluña proclamou a República Catalá e Manuel Azaña tivo que negociar cas autoridades para que acordaran deixa-la declaración sen efecto ata a aprobación dunha constitución. Unha vez aprobada en novembro do mesmo ano, e como se establecese un novo proxecto de estado, onde se lles daba resposta a moitos dos seus devezos, os catalás decidiron permanecer dentro do estado español. O novo proxecto de estado que se configuraba, permitía gozar de autonomía a Cataluña, País Vasco e Galicia e aprobación de estatutos despois dunha serie de trámites. A República buscou e atopou, naquel intre, solución para o problema do estado multinacional español.