Xulia Mirón e
Lorenzo Llinares
Este 1º de maio puxo
de manifesto, primeiro, a tremenda dispersión que vive o sindicalismo no Estado
Español, e na Galiza no concreto; non só o alternativo, mas tamén sindicatos que
tampouco asinaron pactos sociais, como CIG e LAB... ; así como que, goste ou
non, CCOO e UXT manteñen influenza en sectores da
clase traballadora a pesar de seren parte problema e do réxime.
Esta dispersión
manifestouse en que na Galiza houbera 25 manifestacións distintas, en
diferentes localidades e cada umha co seu percorrido; obrigando aos
traballadores e traballadoras, que en moitas ocasións nas súas loitas
de empresa ou sector están xuntos, a ter que escoller baixo que bandeiras
queren se manifestar o 1º de
maio.
