A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 27 de diciembre de 2016

SOBRE O DOCUMENTO POLÍTICO DE EN MAREA APROBADO NO PLENARIO DE DECEMBRO



Carlos Dafonte

O documento político presentado ó Plenario de En Marea contén algúns elementos que creo merecen unha análise pois configuran á nova organización, que acadou uns importantes resultados nas eleccións ás Cortes e o Parlamento Galego, como a forza central do cambio político no noso país. Pero ten tamén un defecto, que é un documento moi aberto, susceptibles as súas afirmacións que aparecen como consignas, de diferentes interpretacións. Vou dar a miña opinión sobre algunha delas. 
En primeiro lugar defínese como un movemento político e social, superando a etapa de “partido instrumental” figura xurídica utilizada para presentarse nos procesos electorais; supera tamén o que foi a

lunes, 12 de diciembre de 2016

UNHA LENDA SOBRE LENIN E A REVOLUCIÓN


Roberto Laxe
Hai unha lenda que di que Lenin, en decembro de 1916, comentoulle a uns compañeiros novos que “el non vería a revolución”. Un lince, si señores; Lenin en decembro de 1916 dicía que non vería o que, xusto un ano despois, estaría a dirixir co Partido Bolxevique, a primeira revolución obreira triunfante, e con percorrido temporal, da historia.
Vén a conto esta anécdota, porque este ano que entra vai haber artigos de todos os tipos para conmemorar, criticar, deostar e mentir, sobre eses días que cambiaron o mundo gústelles ou non aos burgueses e os seus apoloxistas de calquera cor.
A revolución de outubro non se entende sen esa figura, sen Lenin, e a súa gran obra, o Partido Bolxevique.
Lenin fixo grandes achegas ao marxismo; completou dunha maneira maxistral a análise do Capital, ao definir o Imperialismo, na súa fase actual, como a superior (e de decadencia) do capitalismo, cuxa esencia é o dominio do mundo polo capital financeiro. Tamén fixo achegas na economía, na análise das crises económicas, tan de moda agora, en obras como Sobre o Problema dos Mercados. Polemizou cos primeiros populistas, os que dan orixe ao nome, os narodniki rusos, en Quen Son os Amigos do Pobo.
Derivado da caracterización do imperialismo, a definición de nacións opresoras e oprimidas, permite ter claridade na loita polo dereito das nacións á autodeterminación.
Así mesmo, xunto con Rosa Luxemburgo, Trotski, e uns trinta máis de revolucionarios, comprenderon o verdadeiro carácter da I guerra, como Interimperialista, e levantaron a política correcta de "guerra á guerra" na Conferencia de Zinmerwald, de onde xurdiría a III Internacional.

viernes, 2 de diciembre de 2016

FIDEL


Carlos Dafonte.

Fidel morreu; este acontecemento servirá para que a partires de agora e durante un tempo, uns quererán convencernos de que a revolución cubana foi un fracaso e Fidel un ditador sanguento, que como sempre acontece cando se quere poñer fin ó capitalismo e á explotación da forza de traballo, sumiu ó pobo cubano nun sistema político carente de democracia, que só lle produciu problemas de todo tipo, dende o illamento internacional ata lacras xa solucionadas nos países onde habitamos, como a fame e a miseria. A est@s os coñecemos, unhas veces chámanse dun xeito e outras teñen outro nome, pero se chamen como se chamen, son os que levan máis de cincuenta anos atacando a un pobo por se-lo vencedor nun proceso revolucionario e poñer fin a séculos de oprobio, durante un tempo baixo a bota do colonialismo hispano, e despois cando se acadou a independencia, baixo a do imperialismo, a grande potencia situada a oitenta millas das súas costas.