A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 
Mostrando entradas con la etiqueta SITUACIÓN INTERNACIONAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SITUACIÓN INTERNACIONAL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de diciembre de 2017

REFLEXIÓNS SOBRE A SITUACIÓN MUNDIAL E O PROCÉS

Carlos Dafonte.

O chamado procés que se está a levar a cabo en Cataluña, necesita ser enmarcado, entendo eu, nun espazo máis amplo que o do Estado Español, para comprende-los seus cando, como e porqué; e neste senso paréceme que se levou a cabo dun xeito bastante improvisado, máis que para constituir unha nova legalidade en Cataluña, como un modo de presión sobre un réxime que se atopa con serias dificultades internas e nun contexto europeo, como veremos máis adiante, tamén moi difícil e de clara debilidade do proceso de construción oligárquico e imperialista.
O procés, como xa dixen noutras reflexións, deixou espido ó réxime; amosouno como o que é, feble e carente de recursos como non sexa a violencia, a represión, carente tamén dunha grande parte do consenso social co que se instaurou hai preto de 39 anos e onde Psoe e os conservadores, tanto AP como PP, foron construíndo grazas ós votos da poboación, a realidade que hoxe sufrimos.