A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 23 de noviembre de 2011

AS ELECCIÓNS DO 20-N, BALANZO E PERSPECTIVAS


Carlos Dafonte

Como estaba previsto o PSOE é derrotado e o PP acada a maioría absoluta. Certifícase nas urnas o que as enquisas dicían antes da campaña, e se pon en evidencia que cada vez menos estas teñen influenza na opinión dos futuros votantes.
Pensaba que visto que nestes últimos anos quedou claro que quen goberna, sobre todo no referente ós temas económicos son os mercados, os burócratas da Unión Europea, o Fondo Monetario Internacional e Alemaña e Francia, que a abstención e o voto en branco ou nulo subirían bastante; pero non foi así; a suba da abstención en dous puntos e dos votos en branco e nulos, non reflicten as verdadeiras circunstancias de crise e deslixitimación das organizacións políticas, que hai poucos meses afirmábase nas rúas. Os resultados indican que para unha parte importante do corpo electoral, dos votantes, o exercicio do voto aínda o seguen a vincular a soluciona-los seus problemas. Neste senso, un dos aspectos do xeito de exerce-la hexemonía a clase dominante, o consenso e neste campo, o dereito a voto, a pesares da crise e das evidencias que esta descubriu, aínda non sufriu unha degradación importante.

jueves, 17 de noviembre de 2011

DA INDIGNACIÓN Á REVOLUCIÓN (II). O PROGRAMA DA TRANSFORMACIÓN SOCIALISTA DA SOCIEDADE



Roberto Laxe

A crise que atinxe ó conxunto do sistema capitalista fai parte dun proceso de crises cíclicas que parecían desaparecidas trás a queda do Muro do Berlin e a restauración do capitalismo nos chamados “estados do socialismo real”. Os feitos son mais duros que as “ideoloxias”, e a realidade de hoxe demostra que o capitalismo é un sistema que chegou o seu limite, que todo o que fai transformase en destruccion. Nestas condicions, a sociedade atopase diante da escolla entre a barbarie dun sistema que ten demonstrado o seu fracaso para garantir as mais elementais necesidades, e un novo sistema de se organizar.
A sociedade ten nas súas entrañas as precondicions para resolver a inmesa maioria das suas necesidades fundamentais, desde as enfermidades ate a vivenda ou a alimentacion. Mas, a acumulacion do capital en cada vez menos mans é o freo para esta resolucion. A tarefa que ten a clase traballadora e a sociedade diante de si é a de expropiar as propietarios do capital, e poñer a riqueza xerada polo traballo ao servizo do desenvolvimento do ser humano.


jueves, 10 de noviembre de 2011

DESPOIS DO 20 DE NOVEMBRO, NADA CAMBIARÁ EN BENEFICIO DOS ASALARIADOS



Carlos Dafonte

A próxima consulta electoral se vai dar nun marco caracterizado polo pulo da mobilización no estado español e na Unión Europea, como resposta ás medidas aprobadas polas diferentes oligarquías para recupera-la taxa de ganancia, cuxa caída é a xénese da crise actual.
As loitas sociais teñen polo de agora, carácter defensivo, non hai aínda, non apareceu, unha alternativa clara ó actual sistema; hai confusión e desorganización no movemento obreiro e nos sectores da pequena burguesía que se teñen mobilizado neste tempo e que se coñece xenericamente como “movemento dos indignados”. O primeiro pola postura de cesión constante dos sindicatos maioritarios, o desarme ideolóxico e político das organizacións reformistas que centran exclusivamente a súa actividade no campo institucional e non foron capaces, de encabezar a loita contra todas as medidas tomadas polo goberno, establecendo así claramente os límites da súa actuación; pero tamén a causa do fraccionamento e a incapacidade para levantar unha proposta alternativa, dos sectores anticapitalistas.

sábado, 5 de noviembre de 2011

UN MUNDO EM PROFUNDA MUDANZA QUE ALGÚNS NON ENTENDEN

Roberto Laxe
A perspetiva dun enfrontamento das potencias imperialistas tradicionais, a chamada Troika (EE UU, Xapon e a Union Europea) côas novas potencias emerxentes, que algumha como China anuncia que vai resgatar as finanzas europeas, non é descartable a médio/longo prazo, pola decadencia desa Troika e a aparicion de novos competidores polo mercado mundial.
Mas un sector da esquerda segue ancorada aos esquemas prévios á crise: un mundo dominado pola CIA e os EE UU, e os demais os seus criados; e umha clase traballadora sumisa e alienada pola derrota da restauracion do capitalismo.
Este esquema morreu côas hipotecas subprime. Nin os EE UU son hoxe a potencia hexemonica (si a dominante), nin as clases populares asisten sumisas á crise. É preciso adecuar os nosos análises á realidade para non cair em maniqueísmo como aconteceu com Libia e a revolucion árabe: hoxe o perigro de colonizacion em Africa non so vem da OTAN, mas tamen vem do capital chinês, dono de media Africa XA!.
Temos que prepararnos para revolucions que non seguen os esquemas fixados polo imperialismo (no mundo árabe non existia sociedade civil so “terroristas” islamistas, dixeron o longo de anos, e este demonstrou o contrario), e para a aparicion de novas potencias imperialistas contra as que loitar

martes, 1 de noviembre de 2011

O ANUNCIO DE ETA


Carlos Dafonte

Ós sectores da dereita máis conservadora, parécelles pouco o acontecido, critican a quen di que o comunicado de ETA é positivo; segundo eles esquécense das vítimas, de arrepentirse, de entrega-las armas, de disolverse, de entregarse para ser xulgados polos tribunais especiais que sobran en calquera democracia. Esta dereita queda descolocada e de seguir por ese camiño de manipula-las vítimas, se converterá en parte do problema