A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 29 de abril de 2012

ANDALUCÍA: SOBRE ALIANZAS E PACTOS DE GOBERNO




Carlos Dafonte.

A cuestión das alianzas é desde hai moito tempo unha das máis debatidas no seo da esquerda. Cando facelas? Con quen?.A posibilidade de alianzas interclasistas, foron por exemplo, obxecto de debates na IIª e na IIIª Internacionais.
Un partido da Iiª Internacional, o PSItaliano, unha vez creado o PCI, fixo intentos de illalo contando co partido de Mussolini, antigo dirixente socialista da súa á esquerda.
Non esquezamos as posicións do propio Lenin , a favor, en determinadas circunstancias, por exemplo para frea-lo fascismo, de aliarse ca socialdemocracia ou con anterioridade en 1901 facendo un pacto conxuntural con Struve, un burgués liberal, ou as posicións, unha vez tomado o poder, en relación ós “socialistas revolucionarios”, con grande incidencia no campesiñado.
E unha vez morto Lenin , na cuestión de alianzas a IIIª Internacional, deu bandazos, pasando das posicións do chamado “terceiro período” no que se identificaba a socialdemocracia co nazi-fascismo, pola súa posición contraria á revolución, para a continuación no VI Congreso da Internacional, unha vez asentados en moitos países os seguidores de Hitler e Mussolini, pula-los frontes populares cos sectores burgueses progresistas.
No estado español, en 1910 prodúcese a primeira conxunción republicano socialista, que se volverá a repetir, dun xeito salientable, despois das eleccións de xuño de 1931, para culminar en febreiro de 1936 ca formación da Fronte Popular, unha ampla alianza.
Nos anos 50 en plena ditadura, o PCE lanzou a política de “reconciliación nacional”, que tentaba uni-los sectores populares, partindo da certeza de que independentemente do bando en que loitaran na guerra civil, eran as vítimas dun réxime ó servizo da oligarquía e sectores burgueses. Un segundo chanzo foi o chamado “pacto pola liberdade”, onde se produce un acercamento a sectores burgueses, proceso que culmina, na democracia da transición, no Pacto da Moncloa, que establece, aínda que posiblemente esa non fora a intención, a hexemonía da burguesía e dos antigos franquistas.
Fago todas estas consideración con motivo do “pacto de goberno” que PSOE e IU van a asinar en Andalucía. A estes pactos sempre se lles pon un apelido, “de esquerdas”, e se así se fai hai que amosar desconfianza, pois si se nomea dun xeito que non é, algo tentarán ocultar; tentan vender unha mercadoría adulterada. E o afirmo dun xeito categórico, porque non pode ser un pacto de esquerdas cando unha das partes que o asina, o PSOE, non o é.
Esta mercadoría adulterada xa tentaron vendela en Galicia con ocasión das eleccións autonómicas do ano 1997, unha operación perfectamente instrumentalizada, para abate-la IU que dirixía Julio Anguita. Pois ben, o pacto dun reducido número de militantes de Esquerda Unida co PSOE que dirixía Francisco Vazquez, si, si, o Paco Vazquez alcalde da Coruña, tamén se consideraba non só polos asinantes, tamén pola prensa interesada, como un pacto de esquerdas.
Sei que é difícil hoxe, pero moi necesario, redefini-la esquerda. Moita xente esixe moi pouco para considerar a unha organización, ou persoa, como de esquerdas; basta ser progresista para que sexas así considerado. Pero debemos ser máis precisos e definir as posicións de esquerda e dereitas, en momentos nos que se necesita unha clarificación, en función das posicións que se teñan con relación ó sistema capitalista. Hoxe despois de anos de crise e das medidas que se foron tomando a favor dos sectores burgueses, a cidadanía ten moitos máis datos para opinar sobre o capitalismo e coñecer quen o defende e quen tenta superalo.
Podemos dicir, copiando a Marcelo Colussi, que as xentes e organizacións de esquerda son as que se enfrontan a quen tenta soster o sistema capitalista; sistema que para tod@s debe estar claro que é un sistema explotador da forza de traballo, da natureza, corrupto, patriarcal, sexista e clasista, cuxas institucións funcionan ó servizo dunha minoría da sociedade, a quen lle pagamos, cos cartos de tod@s, as falcatruadas e ladroadas que a cotío comete.
Despois de máis de 22 anos co PSOE no goberno, ninguén, creo, é capaz de defender que o PSOE sexa unha organización de esquerdas; pola contra podemos afirmar que é un firme defensor do sistema capitalista por moito empeño que teña por parece-lo contrario.
Tamén sei que para que a sociedade acepte a afirmación máis arriba expresada, existe toda unha serie de atrancos. En primeiro lugar, o propio sistema, utilizando os medios de comunicación que lle son afins, machacan constantemente á poboación establecendo unha división que non é real, asignando papeis de dereita e de esquerdas, nun intento, ata o de agora con éxito, de que o descontento co sistema e as críticas ó mesmo, se canalicen cara a organizacións que nunca van cuestiona-lo propio sistema.
Esta artimaña xa a descubriu hai moitos anos Antonio Cánovas del Castillo xefe do chamado Partido Conservador, que contou coa inestimables colaboración de Práxedes Mateo Sagasta, xefe do chamado popularmente Partido Liberal, para manter durante moitos anos a ficción de dous partidos, un á dereita e outro a esquerda, cando ámbolos dous tiñan o acordo de non aprobar ningunha lei que o outro tivera que rexeitar no período no que gobernase.
Volvendo á realidade andaluza; o PSOE recibe un forte correctivo e IU recolle un importante número de votos e escanos. Moitos dos votantes de IU proveñen do PSOE e se cambian o carácter do seu voto cara a IU é pola razón de que tampouco querían vota-lo PP, nin absterse ou votar en branco; votaron a IU para castiga-lo PSOE e sacalo do poder. Abandonaron ó PSOE aínda a risco de que perdera; coñecían a posibilidade de que cambiando o voto o PP gañara e a pesares desa posibilidade o fixeron; reforzaron á esquerda para que desde unha posición máis forte, levase adiante unha política nidia de oposición fronte a posibilidade de que gañara o PP. Oposición tanto nas institucións como na rúa.
Hai un tema que é ineludible citar sobre o goberno do PSOE en Andalucía durante todos estes anos: a constitución dun réxime o que posibilita a corrupción xeneralizada. O primeiro elemento é de carácter político e hai que desmontalo para que avance a democracia, como debe querer IU; sobre o segundo hai que investigar, sacar a luz todos os casos con nomes e apelidos e levar diante da xustiza e se é posible á cárcere, a tod@s @s culpables.
Os dous elementos estenden as súas ramificacións polas sociedades civil e política e as forzas cas que conta IU son cativas, máxime para enfrontarse desde un goberno cando se conta cun socio, poderoso a todos os niveis, que vai poñer serios atrancos tanto, para que se coñeza a realidade, como para que se lle desmonte “o chiringuito”.
Penso polo tanto que é un erro que vai pagar moi caro, que entre a formar goberno cun partido corrupto e neoliberal, por moito que o cualifiquen de “esquerdas”; ese goberno co PSOE non o vai ser. IU comeza a cava-lo seu propio sartego polo devezo de poder dos seus dirixentes.
A posición política máis axeitada para unha forza de esquerdas e polo tanto anticapitalista, que sobre todo lle debe interesar a defensa d@s asalariad@s, modifica-las estruturas da sociedade e desenmascara-las falsas posicións de esquerda, sería vota-lo PSOE na investidura e pasar a continuación a oposición defendendo o programa propio.
Esta posición podería dar lugar a dúas saídas: unha colaboración PSOE e PP, sería o lóxico pois os dous son neoliberais, de dereitas e con programas moi parecidos, ou en pouco tempo a convocatoria de novas eleccións, cun forte deterioro institucional, circunstancia que a IU non lle debía importar, pois se é de esquerdas, o deterioro das institucións do estado burgués é un avance importante. Ademais, como vimos en Grecia e Italia, as institucións e o parlamentarismo, non o respectan nin as propias clases dominantes.

En Galicia no mes de abril de 2012.

martes, 24 de abril de 2012

ALGUMHAS REFLEXIÓNS SOBRE A "EXPROPIACIÓN" DE YPF NA ARXENTINA




Roberto Laxe

1.- O goberno arxentino tomou o control do 51% de YPF, con esta medida faise coa maioría das accións do que até agora era a “xoia da coroa” da multinacional española, REPSOL, da que supón o 50% da súa produción total de hidrocarburos e ao redor do 40% dos seus reservas.
2.- O goberno español e as forzas institucionais, cúpulas de CCOO e UXT incluídas, reaccionaron histéricamente ante unha medida que supón a recuperación para Arxentina do control dunha das súas principais riquezas, os hidrocarburos, privatizados e vendidos a Repsol polo presidente Menem, no que foi a orxia privatizadora dos anos 90, e que terminou no “Corralito”.
3.- Non é certo que defender a Repsol, e ás multinacionais españolas, sexa defender os intereses de “España”; é defender á “España” imperialista e capitalista. Mentres estes declaran beneficios multimillonarios (1200 millóns declaro Repsol no 2011), repartindo dividendos en bolsas de medio mundo, a clase traballadora do Estado Español afronta uns plans de empobrecimiento, privatización de servizos públicos e reformas laborais que apuntan no mesmo camiño que a Arxentina de Menem.
4.-Entre 1999 e o 2011 Repsol IPF investiu na Arxentina 8 mil millóns de dólares, mentres obtivo unhas ganancias netas de 16 .500 millóns de dólares, dos cales repartiu entre os seus accionistas 13 mil millóns. Estas son as contas do saqueo que Repsol someteu á Arxentina ao longo de todos estes anos.
5.- A explotación dos traballadores e as traballadoras do estado español por empresas como Repsol e a patronal en xeral, ponos ao lado do pobo arxentino, que viu como se saquearon impunemente as súas riquezas para beneficiar aos mesmos responsables da explotación da clase traballadora.
6.- O goberno arxentino, que di “expropiar” YPF, en realidade o que esta facendo é se converter en socio do seu grupo industrial Petersen, propietaria do 25% de IPF, e que non ve tocadas as súas participacións. O obxectivo real do goberno arxentino non é nacionalizar IPF de conxunto, para pola ao servizo do pobo traballador, senón facerse coa maioría das accións para explotar os recursos aparecidos nas provincias de Neuquen e Mendoza.
7.- O pobo arxentino, como calquera pobo traballador do mundo, ten todo o dereito a controlar e gozar das suas riquezas naturais, pero a medida non apunta neste sentido, senón no de promover unha industria nacional arxentina ao servizo dos intereses da súa burguesía.
8.- Os traballadores e as traballadoras do Estado Español debemos apoiar toda medida que vaia no sentido de romper as cadeas de dependencia entre as potencias imperialistas, así sexa en crises como a española, e os países dependentes, posto que a súa loita esta inexorablemente unida á loita de todos os pobos do mundo contra o capitalismo imperialista.
9.- O imperialismo español e as súas multinacionais (Repsol, Telefónica, BBVA, BSCH, Inditex, Acciona,...), como calquera outro, é sinónimo de saqueo das riquezas dos pobos e explotación da clase traballadora. O exemplo de Repsol, apoiando a ditadores como Obiang en Guinea Ecuatorial até as republicas seudo democráticas de Kazajastán ou Peru, onde foi denunciada pola organización Survival Internacional, é un exemplo de que non existe un imperialismo “humanitario e civilizatório”, o europeo, e outro “militarista e ditatorial”, o ianqui.
10.- Ante a crise do capitalismo e a resposta obreira e popular vai pór á sociedade ante procesos similares, ou moito máis agudos. A soa mención dunha  “expropiación”, así sexa tan descafeinada como esta, levanta todas as alarmas nos gobernos do mundo, lanzados a unha orxía privatizadora sen parangón.
11.- Baixo a xustificación do pago da débeda -como foi nos 90 en Arxentina- estamos a asistir en Europa a unha verdadeira ofensiva de todos os grupos aseguradores e financeiros  a través dos seus gobernos por facerse co control de sectores públicos como a sanidade, as pensións e a educación. En Grecia “alugan” até a policía, en Italia, o Estado Español, Portugal, etc., a privatización da sanidade e as pensións é o gran obxectivo.
12.- Neste marco, un xiro “expropiador” como o dado desde Buenos Aires é un verdadeiro berro de guerra: A PRIVATIZACION NON É A UNICA ALTERNATIVA, existen outras vías para enfrontar a crise que non pasa a pola venda ao capital privado de todo o que é rendible.
Coas súas ameazas contra o pobo arxentino, o goberno de Rajoy non só defende os intereses de “España” no estranxeiro, senón tamén busca evitar que no Estado Español creza a idea de que é posible enfrontar as súas políticas de axustes e austeridade, de privatización e reformas laborais.
13.- Pero non nos confundamos, a única expropiación que pode favorecer á clase traballadora e o pobo é aquela que pon os recursos naturais, a industria e os servizos baixo control da poboación traballadora na súa loita por unha saída obreira e popular á crise, a través da planificación democrática da economía.
É dicir, só avanzando no camiño da transformación socialista da sociedade unha expropiación non se converte nunha ferramenta ao servizo do capital nacional ou de competidores imperialistas.
14.- A única garantía para avanzar é a mobilización, tanto na Arxentina como no Estado Español, contra os que son os inimigos comúns dos pobos do mundo e a clase traballadora, as potencias imperialistas, o capitalismo e os seus estados que os defenden, e a construccion dunha organizacion politica que conscientemente levante no seu programa a loita pola Transformacion Socialista da Sociedade.
19 de abril do 2012



sábado, 21 de abril de 2012

O ESTADO ESPAÑOL Ó SERVIZO DAS MULTINACIONAIS



Carlos Dafonte

Os dous grandes partidos neoliberais do estado, PP e PSOE, atópanse moi preocupados, como non podía ser doutro xeito, pola expropiación do 51 % das accións de YPF en Arxentina e o quebranto, din eles e a empresa REPSOL, que esa acción vai representar.
A ningún dos dous tremeulles o pulso cando comezou o PSOE e pechouno o PP, o ciclo de privatizacións do patrimonio do pobo español, aquelas si que as podían chamar empresas españolas, privatizacións da que saíu a hoxe poderosa REPSOL, adquirida a baixo prezo e preferentemente polos amigos do goberno, posiblemente para que cando lles chegue a algúns a idade de xubilación da política, poder gozar dun bo salario a cambio de “traficar cas influencias” que cada un foi tecendo no desempeño da función pública.
As multinacionais españolas, REPSOL entre elas, están consideradas como das máis rapaces, posiblemente porque chegaron tarde ó reparto do pastel e hai que queimar etapas. Establecéronse preferentemente en América Latina, a competencia era moi grande en Europa, a partires dos anos 90, converténdose nos investidores máis importantes na zona e de onde sacan a maior parte dos seus beneficios, a cambio, na maioría dos casos, de malos servizos e moi caros.
Algunhas delas tivéronse que enfrontar a importantes mobilizacións da poboación en contra das súas actuacións ineficaces, accións sempre silenciadas nos medios de comunicación do estado español; non se deben tirar pedras contra o tellado do patrón.
Aproveitaron a chamada crise da débeda, cando numerosos políticos corruptos latinoamericanos, venderon a prezo de saldo patrimonio e servizos públicos, para entrar nesta zona do planeta, axudados polo goberno español, asinando acordos, acadando subvencións e toda outra serie de prebendas, que situaron a moitas delas nos primeiros lugares da listaxe mundial.
A finais dos anos 90 REPSOL mercou o 98,23% de YPF e converteuse na novena petroleira do mundo, cunha produción diaria superior a un millón de barrís, a cambio dun forte endebedamento.
REPSOL é unha empresa con moito peso nas tomas de decisións de determinadas institucións do estado; aínda están frescos na nosa memoria os percorridos que facían o señor Moratinos, ministro de asuntos exteriores, e o señor Brufau, presidente de Repsol, por repúblicas exsoviéticas e países africanos, nun xogo no que non se distinguía moi ben quen era verdadeiramente o ministro e a que intereses servía. E nunca esqueceremos o incidente, despois dunha viaxe a Guinea Ecuatorial, destes dous personaxes e a negativa do Congreso dos Deputados a entregarlle o ditador Obiang unha medalla, honores que terían pactado con máis prebendas supoño, a cambio de concesións petrolíferas.
No ano 2000, na época do goberno Aznar, 24 destas grandes empresas agrupáronse na Fundación Carolina, co respaldo do goberno. Mais tarde entrarían outras. Funciona como un verdadeiro grupo de presión sobre as sociedades latinoamericanas e española.
Pero tamén teñen moita importancia, para terxiversa-la realidade, as fundacións dos dous grandes partidos, IDEAS do PSOE e FAES do PP no obxectivo de dulcificar as actuacións das multinacionais neses países.
Un caso moi explícito de intervención, a favor das multinacionais españolas na área, foi o apoio do PSOE a Alain Garcia, presidente en varios mandatos do Perú, disposto a abrir a amazonía peruana ás multinacionais, intención que produciu enfrontamentos moi violentos cas comunidades indíxenas, que contou co apoio explícito de Filipe González, a traveso da Fundación Carolina e de Trinidad Jimenez desde a Secretaría de Internacional do propio partido. Máis tarde sería ministra de Sanidade e de Asuntos Exteriores.
Por iso non nos debe estrañar o ruído que esta a mete-lo goberno do PP, axudado polo PSOE, con ocasión de que un estado exerza o dereito a súa soberanía sobre os recursos naturais que posúe. Recursos naturais que REPSOL esta a estrar en función dos seus intereses e non nos do pobo arxentino, que ten que pagar importacións de petróleo e gas, xa que a multinacional española leva anos sen investir na Arxentina e reducindo a extracción e os stocks de reserva o que pon en perigo o desenvolvemento industrial.
Nestas circunstancias a única dúbida que teño é se non estaremos, e posto que unha crise do calado da actual agudiza as propias contradicións capitalistas, diante dunha pelexa interoligarquica para quedarse ca plusvalía arrancada @s traballador@s arxentinos, que poucos beneficios van a recibir, penso eu co risco de trabucarme, como resultado desta operación.
En calquera caso, como me comentaba hai poucos días un compañeiro arxentino, mellor é que sexa o estado arxentino quen controle YPF, por moi explotadora que sexa a clase que o domina, que este poder o teña unha empresa multinacional.
Tampouco debemos esquecer que “os Kichner”, foron partidarios da privatización; neses tempos el presidía a organización das provincias arxentinas con petróleo, era o gobernador da de Santa Cruz, e sobre os cartos que recibiu a provincia despois da privatización, hai serias dúbidas de que se teñan empregado en beneficio de tod@s.
REPSOL vai pedir unha indemnización enorme pola expropiación de YPF, espero que o estado arxentino valore e lle esixa a empresa, as indemnizacións pertinentes polos danos causados ás comunidades indíxenas, desprazamentos, espolio das súas propiedades, a aparición de numerosas enfermidades inexistentes ata que a empresa comezou a actuar; no cerro Loma da Lata os individuos da comunidade mapuche, teñen ata 17 metais pesados en sangue e aparecen enfermidades fetais. Pero tamén hai que valorar os danos ambientais, que segundo numerosas organizacións ecoloxistas son enormes, dada a impunidade con que a empresa actuou; non respectou nin espazos protexidos, parques nacionais, etc .

En Galicia no mes de abril de 2012

martes, 17 de abril de 2012

UMHA VOLTA Ó PASADO: A RUPTURA DA "BURBULLA" POLÍTICA



Roberto Laxe

As recentes declaracions de Esperanza Aguirre chamando a desmontar o Estado das Autonomias, feitas baixo a loxica infame da direita, de lanzar um “globo sonda” á sociedade, para que moitos deles saian desmentindo, e o final digan que non queda outro remédio, como xá fixeran co “prepago”, côa Reforma laboral, cós impostos, etc. É o vello xogo do policia bom e o malo.
Pois bem, a estas declaracions veñen a xuntarse as propostas do Ministério do Interior de criminalizar os chamados desde as redes sociais, a resistência pasiva ou os piquetes diante de centros públicos.
O goberno do PP, que din que a folga xeral non sirviu para nada desminte cós feitos a sua propaganda. Se non servira para nada, porque se preparan para novas mobilizacions sociais, afiando as ferramentas represivas; porque como din o conseller de Interior da Generalitat, a “xente tem que ter medo”.
Mais alo da ameaza concreta que supoen estas medidas contra as liberdades democráticas, contra os direitos que costaron “sangue, suor e bágoas” conquista-las, é evidente que as burguesias españolas apostan firmente pólo “medo” na poboacion frente á resposta social as suas políticas de recortes e ataques ós direitos sociais e laborais.
Com estas medidas, que xuntase a xá permanente lexislacion “antiterrorista”, como a lei de partidos ou a consideracion de “kale borroka” das mobilizacions na rua, a situacion legal nas mobilizacions teñen retrocedido a era pré constitucional.

A constitucion do 78 foi um acordo entre as forzas do franquismo, com Suarez á cabeza, e as organizacions obreiras e populares, co PCE á cabeza. A loita antifranquista conquerira umha marxe de liberdades importante que foron garantidas a troques de non tocar os adminstradores do franquismo, côa lei de amnistia.
Mas o proxecto inicial da burguesia española non era a constitucion do 78, eso foi o maximo que concederan antes de ameazar seriamente cumha volta o pasado mais preto. A “reforma constitucional” fixose sempre baixo a ameaza do ruído de sables, é dicer, do golpe de estado e a volta á guerra civil.
O proxecto orixinal da burguesia era a chamadas Lei de Reforma Política do 76, aprobada em referendo o 15 de decembro dese ano, côa abstencion de toda a esquerda.
Esa Lei establecia as bases dun estado seudo democrático, e o aparello do estado franquista nas Cortes aprobouno maioritariamente, nun votacion que propagandisticamente chamaron “o harakiri do franquismo”.
Nada mais lonxe da realidade, na Lei de Reforma Política estan a bases do rexime da Transicion, o papel do rei, dos partidos (chamados daquela “asociacions políticas”, de feito, o rexistro que se abriu chamabase o “rexistro de asociacions políticas”), e das insitucions “democráticas”.
A correlacion de forzas entre as clases sociais o longo dos anos 76-77, côa sucesion de mobilizacions sociais, obreiras e populares, pólos direitos laborais e politicos, conseguiron estirar esa tímida apertura ate os limites impostos nos pactos constitucionais.

A partir do 78 semellaba que a burguesia española renunciara o seu proxecto inicial, de reforma do rexime franquista, e co apoio dos partidos maioritarios, nomeadamente o PSOE e o PCE, asi parecia. Todos dixeron ate fai pouco tempo que o Estado Español entrara na sua era democrática, homologable ás europeas; e mentras a estabilidade econômica permitiuno, asi era. Vivíamos nunha “burbulla” de paz política, so rompida pólos atentados de ETA, e a represion sistemática no Pais Basco.
Mas, nesta chegou unha crise descoñecida... oh casualidade!, desde o 72-73, a crise esquecida por todos, pero que foi a que se levou por diante o mundo establecido trás a guerra mundial. Esta crise do capitalismo, que tem golpeado com especial dureza no Estado Español, baixou da burbulla econômica á sociedade española, tamen sacou da burbulla política.
De igual xeito que descubriron que o capitalismo so coñece empobrecimento e explotacion, descubriuse que o rei é umha institucion posta pólo franquismo, e que as institucions deste seguen vivas e coleando, atacando a todo o que se move (Garzon!), e que istas institucions son, na sua esencia, franquistas e represivas, pois asi foi garantido pólos pactos da Transicion.

Agora, trinta anos despois, a burguesia retoma o seu proxecto orixinal. Considera que diante desta crise non se podem permitir “xogos” democráticos e recuperan as maneiras que acordaran o 4 de xaneiro do 77, cando as Cortes franquistas, solemnemente, votaron a Lei de Reforma Política.

E trinta anos despois, a clase traballadora e os pobos do Estado Español, em loita contra as consecuencias dunha crise que non xeraron, vem como o rexime da Transicion a través do seu goberno tenta frear co medo e a represion á que se vem.

A victoria frente os ataques ás condicions laborais e os direitos sociais teñen unha precondicion, a compresion de que a defensa das liberdades, dos direitos políticos son esenciais para esa victoria. Sem elas é imposible organizar cun mínimo de garantias de victoria a loita contra os plans da Union Europea e o Rexime.
Non existe mitoloxia da “clandestinidade”, as liberdades son umha ferramenta fundamental para avanzar na loita, para organizala. Por isso, as organizacions sociais, sindicais e políticas teñen que facer umha frente comum na defensa desas liberdades, e na denuncia do rexime que, como o ovo da serpe, incuba os represores.

Galiza, 12 de abril do 2012




viernes, 13 de abril de 2012

ORZAMENTOS 2012: AS "BÁGOAS DE CROCODILO" DO PARTIDO POPULAR


Carlos Dafonte

Escoitando hai uns días ó presidente do goberno, Mariano Rajoy, presentando, cun atraso moi calculado, os orzamentos para o ano 2012, lembreime da expresión que fala de que os crocodilos choran cando se comen as súas vítimas. O Presidente do Goberno, despois de falar de recortes e austeridade, de defende-la reforma laboral imposta a tod@s @s traballador@s, afirmou que, ós do PP, tampouco lles gustaban os presupostos e toda outra sarta de frases impregnadas de cinismo, pero que eran os únicos que podían facer, dada a situación de extrema gravidade na que se atopa a economía española.
Os orzamentos que van aprobar condenan á grande maioría dos habitantes deste estado a sufrir unha longa recesión económica, róubannos dereitos custosamente conquistados, continúan polo camiño de destruír servizos públicos básicos como a sanidade ou a educación, ben pola vía da redución orzamentaria afectando a súa calidade, ou pola da privatización para que a oligarquía faga enormes negocios a costa da saúde e do futuro dos habitantes do estado e di, ca mesma expresión que cando falaba dos “hilillos de plastilina” que saían do petroleiro Prestige, que sente facer todo o que fai, pero é o único xeito de “salvar España”. Neste senso a proposta do ministro de economía De Guindos, sobre a sanidade, e unha trampa tendente a copia-lo modelo norteamericano de unha pública, propia de países subdesenvolvidos, para pobres e o resto, @s que teñan maior capacidade económica, na privada. Pero España non se salvaba só con elixir por maioría absoluta ó PP, señor Rajoy?.
Que ironía, identificar os intereses dos habitantes dun estado cos dunha minoría moi cativa, que leva apropiándose ó longo dos séculos da riqueza producida pol@s traballador@s, privatizando o que debe ser de toda a sociedade; minoría que non tivo o menor reparo en provocar unha sublevación militar cando albiscou que a democracia republicana dos anos trinta, do século pasado, podíalle afastar do poder, que deu apoio a unha brutal ditadura e manobrou no período da transición para acadala hexemonía e agora aposta polo bipartidismo PP-PSOE, como mellor xeito de defende-los seus intereses como clase.
Os orzamentos para o ano 2012 expresan con claridade a posición e os intereses dunha fracción da clase burguesa, negan toda posibilidade de que a economía mellore, parece que os seus redactores se regodean dándolle pulo á recesión, provocando a queda do consumo interno e aumentando o “exército de reserva”, o número de parados, nunha cifra que o propio goberno estima en 600.000 ó longo do ano; reflicten importantes recortes nos ministerios máis vinculados á economía produtiva e son, como non podía ser doutro xeito claramente tendentes á privatización de servizos básicos pola vía de brutais recortes en transferencias a sanidade e educación, servizo de emprego, etc.
Dicía que son uns presupostos feitos o servizo dunha clase, pois non intentan nin propoñen asentalos alicerces para un novo modelo produtivo, que supere os tres pes nos que se asentou o vixente, construción, turismo e consumo interno, en plena bancarrota, o único que queren é seguir afondando na derrota d@s traballador@s, soluciona-las contradicións intercapitalistas, tamén neste eido vai haber vencedores e vencidos, e recuperar para a oligarquía a taxa de ganancia; e como non podía ser doutro xeito, no apartado de ingresos, ós delincuentes defraudadores, se lles permite pagar pouco, menos que ós traballadores e volver cos seus cartos sen penalización algunha.
E só estamos a falar dos orzamentos da administración central, pero os recortes en servizos básicos tamén se están a producir na administración autonómica, con moitas transferencias, e na local, onde tamén os procesos de privatización levados a cabo polo PP e o PSOE son moi importantes.
Por último subliñar que cando o goberno PP, como antes o do PSOE, din que “non hai diñeiro”, menten, haino, o problema é no que se emprega, é unha decisión que ten que ver cos intereses de clase, e desde o comezo da crise emprégase en pagar a débeda de particulares, en concreto do sistema financeiro español, un dos máis saqueadores do mundo.
@s asalariad@s nada debemos esperar deste goberno ó servizo, como pula a UE e toda outra serie de organizacións internacionais, dunha minoría explotadora; só continuando polo camiño da loita, cuxa nova etapa tivo como fito máis importante a folga xeral do mes pasado, e da organización dos traballadores arredor dun programa, se poderán facer retroceder os planos do goberno e da forza política que permite a alternancia das mesmas políticas.
Os científicos descubriron que as “bágoas de crocodilo” non son tales, son os efluvios das glándulas salibares, sobreexcitadas pola comida, o que lle sae polos ollos. Non teñen pois ningún remorso polo que lle fan a súa vítima, o PP tampouco.

En Galicia no mes de abril de 2012

viernes, 6 de abril de 2012

EL MITO DE LA VUELTA AL "ESTADO DE BIENESTAR". OTRO CAPITALISMO ES IMPOSIBLE.



Nines Maestro



"El Estado de los burgueses no es más que un seguro colectivo de la clase burguesa contra sus miembros individuales y contra la clase explotada". Karl Marx[1]

El pasado 20 de febrero se hizo público un Manifiesto1“En defensa del Estado del Bienestar y de los servicios públicos” firmado por cuarenta organizaciones entre las que se encuentran algunas organizaciones como CC.OO, CEAPA o la FADSP.

Su aparición debe vincularse con el auge de un discurso que, coincidiendo con la pérdida del poder político del PSOE en el gobierno del Estado, CC.AA y Ayuntamientos, propone como solución a la crisis la vuelta a una especie de paraíso perdido, llamado “Estado del Bienestar”; una treta, que lo único que persigue es precisamente mantener el “bienestar” de toda la nebulosa que accedió a la gestión del capitalismo en el estado español de la mano del PSOE en lucha puramente interna de poder con los exfranquistas (hoy en el PP) y en medio de una gravísima crisis sistémica que amenaza por afectar a los propios equilibrios dentro del bloque dominante recompuesto tras la Transición.