Carlos Dafonte
Dende antes de finaliza-la II ª Guerra Mundial, os USA comezan a prepara-lo seu futuro dominio diante do enorme proceso que se vai producir de acumulación de capitais, tanto no seu territorio como no resto do centro do sistema dominado polo capital.
Debemos ter en conta que finalizaron a guerra co seu sistema produtivo intacto o que lle permitiu se-lo subministrador de mercadorías a unha parte moi importante do planeta e ter tamén unha grande capacidade para financiar a interese alto, a outras economías estragadas polo conflito.
Hudson na súa obra “Super Imperialismo” explicou como os diplomáticos estadounidenses destruíron o imperio británico e se fixeron co control da área da libre esterlina, a traveso dos onerosos termos impostos polo préstamo de 1946 que obrigaba a Grande Bretaña a abri-la Commonwealth as súas exportacións.