A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 29 de noviembre de 2006

O ESTATUTO. PORQUE TEÑEN QUE "CONSENSUALO"

Fai uns días o sr. Touriño e o sr. Feijoo puxeronse dacordo que Galiza ía ser a “nazon de Breogan” (un mal pensado dixo que pactuaran ser, como moito, “terra meiga”). O sr. Rajoy, dende Cataluña, saiu berrando desaforado: “Galiza nunca sera nacion”. O que queiran os galegos, importame ben pouco, eu o digo, e basta, tivo que pensar como o señorito “galego” que é, indignado porque os aldeans ou “pailans” galegos ergueran a voz.


Loxicamente o BNG non tivo outra que respostar, e Quintana ameaza: se non hai acordo, non hai Estatuto.


Pero, a cuestion de fondo cal é. Galiza é unha nacion, queira ou non Rajoy –se non fora tan importante o tema, non farían cuestion de principio como fan-, e polo tanto ten dereito a autodeterminación.


O PSOE fica no medio, sen saber moi ben como pechar a contradiccion. E ao BNG lle gostaría consensuar, pero o PP non cede.


Do que ninguen fala, é de consultar xa mesmo a poboacion a súa opinión sobre que quere facer co seu futuro. O estan a cociñar nas bambalinas, e a poboacion lle daran o peixe feito.


Pero, e si a poboación quere outro peixe?. Non vai ter a posibilidade de escoller: ou votas o que eles cociñen, ou non comes. Ista é a solución democrática que nos propoñen.


E non queren facelo, porque os tres estan dacordo no aspecto central do problema: o desenvolvimento da Galiza ven da man das subvencios aos “emprendedores”, eufemismo actual de empresarios ou burgueses, das obras publicas faraonicas (AVE, Portos Exteriores ou Cidades de Cultura), e do manteñemento dos indices actuais de baixos salarios, precariedade, etc. Do que ningun deles fala é da prohibicion por lei das deslocalizacions ou dos despidos, da imposición da reduccion da xornada, da prohibicion das privatizacions, etc.


E isto é o que queren pactuar; as pelexas sobre se “nacion ou non” son o fume ca prensa bota para agachar o fundo: que non van a dar a oportunidade de decider sobre o noso futuro, máis alo do que eles queiran consensuar.



Roberto Laxe


Corrente Vermella



martes, 28 de noviembre de 2006

¿SÓ VIOLENCIA NA ESCOLA?

Nos medios de comunicación aparecen desde hai meses numerosas noticias sobre conflictos violentos nos centros de ensino; entre alumn@s, ou nos que se ven involucrad@s profesor@s. Todas estas noticias abriron un gran debate no estado, onde se manifestan as diferentes posicións políticas, ideolóxicas, pero onde a “voz cantante”, a primacia no debate lévana as posicións de dereita, interesadas moitas veces en daña-lo ensino público. Debate sobre o que tamén planea, aínda que non sexa polo de agora dun xeito explícito, a controversia sobre a escola laica, o tema da relixión e a nova disciplina que a debe sustituir, nos casos en que pais ou alumnos o soliciten. É curioso que o tema da violencia sexa o tema central referido ó ensino na sociedade, en tempos nos que se coñeceron diferentes informes europeos sobre o ensino no estado español, o fracaso escolar, e outras cuestións que parecen non interesar demasiado.


Pero ó calor deste debate tamén emerxen, ainda que tampouco se expresen dun xeito explícito, opinións negativas sobre a integración da muller no mercado laboral, que as obriga a estar moitas horas fora da casa, e polo tanto “xa non educan os fill@s”, ou a reclamar a volta a unha escola autoritaria.


É pois un debate de gran calado, no que se estan a poñer en entredito conquistas sociais moi importantes e sobre o que as forzas de esquerda deben intervir á ofensiva.


Independentemente de que a escola sempre foi un lugar onde houbo acoso, dos máis fortes sobre os máis febles, da maioría sobre os diferentes, fose a súa particularidade a gordura, o tatexar, ou calquera outra condición, o que creo importante é destacar que a escola reflicte o que é a propia sociedade.


E o conxunto de medidas de carácter económico que configuran o que coñecemos como neoliberalismo, tomadas nestes últimos 25 anos, establecen unha sociedade, onde os ricos e poderosos exercen unha grande violencia sobre a gran maioría da sociedade.


Non esquezamos o que significaron as reconversións industriais, as sucesivas reformas laborais, precarizando o mercado de traballo, permitindo os contratos lixo e a existencia das ETT’s, os recortes nas pensións, a existencia de feito do despido libre, elementos todos eles que rebaixan o nivel de vida dos traballador@s e modifican á baixa numerosas conquistas sociais, que ten como resultado que cada vez hai que traballar máis horas para perder poder adquisitivo, o que unido a unha propaganda desmedida polo consumo, leva ó endebedamento das familias a límites insospeitados e as dificultades consabidas para chegar a fin de mes que se poñen de manifesto en numerosos estudos económicos.


Avanzamos cara a unha sociedade dividida claramente en tres tercios, e privamos a un deles, dos elementos esenciais para desenvolver unha vida digna, condenadoo á marxinación, e a ter serias dificultades a un segundo, nunha sociedade onde cada vez se fai máis ostentación da inmensa riqueza duns poucos. Sociedade que xenera grandes bolsas de paro, precariedade, feminización da pobreza, etc., sobre todo orredor dos centros máis industrializados e aquelas zonas máis afectadas polas medidas neoliberais. E seguro que nos centros escolares destas zonas hai problemas, e non podía ser doutro xeito.


Estas circunstancias de violencia estructural que se viven en numerosas familias, refórzase co labor dalgúns medios, TV sobre todo, onde @s cativ@s se lles propón a violencia como o elemento básico para soluciona-los conflictos; non é preciso máis que ver uns poucos minutos de debuxos animados para confirma-lo anterior aserto.


É certo que o desenvolvemento da Lei de Educación conleva problemas e que a administración non adica os medios necesarios para enfrontalos; que os centros concertados non aceptan a diversidade social, resultado da complexidade actual da clase obreira, e que esta complexidade recae sobre a pública non concertada; que somos un dos países da Unión Europea que menos medios adicamos á escola pública; que o profesorado ten perdida, non diante do alumnado, senón na sociedade, a súa autoridade moral polo pouco respeto que polo coñecemento hai hoxe e por numerosas campañas onde se lles presenta como un corpo de privilexiados que gozan de numerosas vacacións; que variaron as pautas educativas na familia e que moitas veces hai un proteccionismo dos fillos desmesurado,… Podíamos seguir enumerando cuestións, todas merecentes dun debate en profundidade e que teñen consecuencias para o ensino. Pero a realidade é que todas elas son consecuencia de que o capitalismo encadea crise tras crise, e que mentres esto ocurra, paralelamente avanzarán a crise da escola e as solucións que o neoliberalismo esta disposto a levar adiante: privatizar todos os servizos públicos.


Nesta situación é precisa unha actitude moi firme en defensa da escola pública, sen deixarnos confundir nun debate no que é necesario separar o fundamental do que non o é.


Hai que denunciar que nunca @s traballador@s crearon tanta riqueza e nunca no mundo houbo tanta miseria, marxinación, e morte, e nunca tan pouc@s apropiáronse de tanto. Esa é a orixe da violencia na sociedade e na escola, e todo o demáis son cuestións accesorias para esconde-la realidade.



C. Dafonte