Carlos
Dafonte.
Estes
días as clases populares de Venezuela c@s
traballador@s ó fronte, están a combater
unha vez máis, e é a miña opinión, sen a dirección institucional e política
adecuada, a agudización da agresión imperialista que conta a nivel interno ca
complicidade, como non podía ser doutro xeito, de sectores oligárquicos que
perderon nas urnas fronte a Chávez e Maduro o seu dominio sobre a renda
petroleira e as riquezas do país. Sectores sociais moi minoritarios que durante
moitos anos controlaron o goberno e outras institucións propias da democracia
burguesa, instaurando unha verdadeira ditadura do capital, que lle permitiu
manter a preto do 70% da poboación na miseria, analfabeta, sen servizos sociais
básicos como menciña e educación, sen posibilidade de voto e sometidos a unha
férrea represión, que como no caso do chamado “caracazo”, sublevación popular
iniciada o 27 de febreiro de 1989 como resposta ás medidas económicas
anticrise, tomadas polo goberno de Carlos Andrés Pérez, que afectaban ás clases
populares venezolanas; os mortos contáronse por milleiros, diante da
indiferenza da maioría da comunidade internacional; posiblemente por ser
presidente naqueles momentos un home cuxo partido era membro da Internacional
Socialista o que lle valeu para consegui-lo silenzo sepulcral dos sectores
“progresistas” dos diferentes países europeos, e só a denuncia da
esquerda comunista. Felipe González, hoxe tan activo contra o goberno
democrático de Venezuela, mantívose calado o mesmo que toda a dirección do Psoe
e os conservadores que hoxe configuran o PP.
