Carlos Dafonte
Estes días, os que
habitamos no estado español, recibimos constantemente noticias que
falan da corrupción, cobros de comisións por obras e servizos para
financiamento ilegal dos partidos, sobresoldos non declarados en
Facenda, enriquecemento ilícito de numerosos políticos, rapina
sempre, das “arcas públicas” que se nutren cos impostos, taxas e
outros tributos, da cidadanía. Hai que clarexar que cando un
empresario paga unha “contribución” a un partido por unha obra o
un servizo, os cartos entregados, os aumenta no presuposto da obra ou
servizo, nunca perde nada, os que perden son os cidadás. Tamén que
ese empresario e tan corrupto como a quen soborna.