A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 17 de septiembre de 2018

ATOPÁMONOS ÁS PORTAS DUNHA NOVA RECESIÓN?


Carlos Dafonte
Levamos anos afirmando que a potencia hexemónica imperialista, os USA, atópanse nunha crise de difícil solución; Larry Summers antigo Secretario do Tesouro, denomínoulle “estancamento secular”, que senón é maior, e por ser capaces a traveso da súa moeda e outras medidas, de traspasar parte da mesma ó resto dos compoñentes da cadea imperialista.
Hai algúns datos que destacaba o “The Washington Pots” hai un tempo, que é necesario coñecer sobre a que se considera a primeira potencia mundial e que poden estar a amosa-lo inicio dunha nova crise. En primeiro lugar, un 45 % dos estadounidenses en edade adulta, carecen dun “colchón financeiro” para permitirse un gasto inesperado de 400 $. En segundo, o 43 % dos fogares non poden enfronta-los gastos de vivenda dunha sociedade do digamos “primeiro mundo”, comida, escolarización infantil, transporte, sanidade, conexión a internet. En terceiro, durante o ano 2017 algo máis do 25 % non acudiu a recibir asistencia sanitaria por non poder pagala. E en cuarto lugar, un 22 % non gañan o suficiente para pagar todas as facturas a finais de mes e unido a isto, só o 38 % d@s traballador@s que se atopan en activo, consideran que os seus aforros para a xubilación, nun país sen pensións públicas, vanlle permitir cubrir as súas necesidades unha vez se teña xubilado.

jueves, 6 de septiembre de 2018

COMO CONSEGUIR UNHA SANIDADE 100 % PÚBLICA E UNIVERSAL


Xulia Mirón e Lourenzo Llinares

Na sesión de investidura, Pedro Sánchez falou de garantir a universalidade para todas as persoas sen importar a súa nacionalidade e recuperar o dereito á protección da saúde. Así, no mes de xullo o Goberno do PSOE aprobou o RDL 7/2018, sobre o acceso universal ao Sistema Nacional de Saúde; pero non blinda a universalidade, nin se derrogan a Lei 15/97 nin o art. 135 da Constitución, onde segue aberta a porta á privatización. O PSOE mente, como sempre.
A sanidade pública universal foi un gran avance social pero a aprobación da Lei 15/97 polo PP con apoio de PSOE, PNV, CIU e CC, permite introducir a privatización da sanidade en todo o estado e deixar sen servizo a unha gran parte da poboación. O abandono do estado causa a deterioración, as listas de espera, a falta de profesionais,...  mentres promove o transvasamento de pacientes ás clínicas privadas.