A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 6 de septiembre de 2018

COMO CONSEGUIR UNHA SANIDADE 100 % PÚBLICA E UNIVERSAL


Xulia Mirón e Lourenzo Llinares

Na sesión de investidura, Pedro Sánchez falou de garantir a universalidade para todas as persoas sen importar a súa nacionalidade e recuperar o dereito á protección da saúde. Así, no mes de xullo o Goberno do PSOE aprobou o RDL 7/2018, sobre o acceso universal ao Sistema Nacional de Saúde; pero non blinda a universalidade, nin se derrogan a Lei 15/97 nin o art. 135 da Constitución, onde segue aberta a porta á privatización. O PSOE mente, como sempre.
A sanidade pública universal foi un gran avance social pero a aprobación da Lei 15/97 polo PP con apoio de PSOE, PNV, CIU e CC, permite introducir a privatización da sanidade en todo o estado e deixar sen servizo a unha gran parte da poboación. O abandono do estado causa a deterioración, as listas de espera, a falta de profesionais,...  mentres promove o transvasamento de pacientes ás clínicas privadas.

Un dereito non pode estar en mans da empresa privada, pois a súa lóxica baixo o capitalismo non é buscar o benestar de toda a poboación senón maximizar o seu propio beneficio. Este dereito ha de garanti-lo o Estado.
A crise actual e as reformas laborais de PP e PSOE devólvennos ao S. XIX cando unha doenza grave significaba quedar sen traballo e sen ingresos. Igual que entón, a clase traballadora sofre o problema en maior medida, pois conta con maior mortaldade e morbilidad por barrios insalubres, precariedade, desafiuzamentos e pobreza. As condicións laborais, longas xornadas, desprazamentos eternos, baixos salarios, paro, etc. son factores que aumentan as posiblidades de enfermar psíquica e orgánicamente. O Goberno quítanos a sanidade, as empresas a vida e nós pagamos seguros privados. Un negocio redondo.
Durante anos as direccións sindicais (CC.OO, UXT, CIG, CSIF...) así como os partidos parlamentarios como EU ou PSOE limitaran-se a meras accións simbólicas, orientadas estratexicamente á convivencia do público e o privado, que levaron á precariedade máis absoluta a todo o persoal e á privatización. Isto fixo xurdir direccións sindicais máis combativas e Movementos Sociais por todo o estado, onde as persoas usuarias e traballadoras uníronse para loitar e defender unha sanidade 100% pública con condicións laborais dignas, priorizando a mobilización e non as institucións. Prometedor, pero non existen atallos. É un labor paciente de mobilización, debate, organización e concienciación.
Pero entre estes Movementos que apareceron hai sectores que se orientan cara a denúnciaa pero admiten a convivencia público-privada e confían nas institucións, como Podemos ou En Marea. Non poden afirmar que defenden a sanidade pública 100% cando están en organismos de unidade cos que aceptan a 15/97 ou o artí. 135 da Constitución, como SOS Sanidade en Galiza onde están PSOE, CCOO, UXT, BNG, EU,…
O traballo eficaz para lograr unha sanidade pública e universal só comezará cando se asuma que xorde da loita dunha clase social contra os intereses económicos doutras. Esa visión é o que fai que xurdan métodos, organización e estratexias. Tamén alianzas útiles: colaborar con quen defende o contrario a unha sanidade 100% pública e universal é inútil por definición.
E sobre todo ofrece un foco de unidade de acción eficaz con outros movementos con reivindicacións igual de perentorias para esa mesma clase traballadora precarizada: aí están as loitas por unhas pensións públicas e dignas, pola educación, por un aborto libre, gratuíto e con garantías, polos dereitos do sector inmigrante da nosa clase (porque non só se lles nega cobertura senón que se lles rouba, porque a sanidade pública en España é financiada en gran parte por impostos como o IVE), polos servizos sociais, etc.
Pero esta perspectiva das cousas só xorde tras a libre discusión e a aceptación con madurez das conclusións do debate. O debate político consecuente non divide senón que reorganiza.

En Galiza no mes de setembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario