A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 27 de enero de 2018

A "DITADURA" DOS XUÍCES: INDEPENDENCIA XUDICIAL E DIVISIÓN DE PODERES?


Roberto Laxe


Hai poucos días, e como agasallo do Nadal, a vice presidenta do goberno fixo unhas declaracións que viñeron confirmar o que é publico e notorio, a independencia xudicial no Estado español é unha entelequia. Dixo, literalmente, que "Rajoy tiña descabezado o soberanismo catalán". En que quedamos sra vicepresidenta, ou son os xuíces os que aplican a lei, ou é o sr Rajoy (e o seu goberno). Polas súas palabras é obvio que os xuíces son os que asinan as sentenzas... que escriben outros. E iso é todo, menos independencia xudicial.


viernes, 12 de enero de 2018

AS ELUCUBRACIÓNS INCONSISTENTES DA "MENSAXE DE ANO NOVO" DE "M.RAJOY

Carlos Dafonte

Estamos dominados polo “pensamento único”; o discurso alternativo ó oficial é moi dificil que apareza na sociedade ca insistencia necesaria para que cre unha tendencia asentada; o debate ideolóxico está moi limitado e non se permite que as alternativas, por outro lado desorganizadas, cheguen amplos sectores sociais. Ven esto a conto pola razón de que hai poucos días o Presidente convocou unha rolda de prensa para destaca-los enormes logros do seu goberno no ano 2017 en materia económica e social. Unha grande cantidade de postos de traballo creados, nunca tantos afiliados á Seguridade Social, un crecemento económico adecuado para proseguir por esa senda trunfal e un só atranco para continuala: os problemas de Cataluña.

lunes, 1 de enero de 2018

O TEITO DE CRISTAL "DEMOCRÁTICO" DA CONCIENCIA DE CLASE


Roberto Laxe
A pesar dos clamorosos silencios dos medios de comunicación de masas,
controlados como están polo gran capital financeiro, as loitas dos pobos
e dos traballadores e traballadoras son un feito. No últimos catro meses
deste ano asistimos a grandes mobilizacións obreiras en Francia contra
os plans de Macron, o comezo dunha revolución democrática en Catalunya e
o Estado Español, a crise política e social de Honduras e as
manifestacións obreiras arxentinas que conseguiron rexeitar o plan de Macri.
"A loita de clases existe", como afirmaba o financeiro Warren Buffet, e
"vana gañando (eles)" porque teñen claro, son conscientes do seu papel
na sociedade: son burgueses, son capitalistas; son os donos e xestores
dos medios de produción, distribución e financeiros. E como burgueses
que son, teñen pánico a que a clase obreira tome conciencia do seu
papel, e do seu poder, na sociedade.