A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 1 de enero de 2018

O TEITO DE CRISTAL "DEMOCRÁTICO" DA CONCIENCIA DE CLASE


Roberto Laxe
A pesar dos clamorosos silencios dos medios de comunicación de masas,
controlados como están polo gran capital financeiro, as loitas dos pobos
e dos traballadores e traballadoras son un feito. No últimos catro meses
deste ano asistimos a grandes mobilizacións obreiras en Francia contra
os plans de Macron, o comezo dunha revolución democrática en Catalunya e
o Estado Español, a crise política e social de Honduras e as
manifestacións obreiras arxentinas que conseguiron rexeitar o plan de Macri.
"A loita de clases existe", como afirmaba o financeiro Warren Buffet, e
"vana gañando (eles)" porque teñen claro, son conscientes do seu papel
na sociedade: son burgueses, son capitalistas; son os donos e xestores
dos medios de produción, distribución e financeiros. E como burgueses
que son, teñen pánico a que a clase obreira tome conciencia do seu
papel, e do seu poder, na sociedade.

A burguesía subrogó o poder económico e político da aristocracia, cando
destruíu o estado feudal; e fíxoo como clase explotadora. A revolución
burguesa, de últimas, non foi máis que a substitución dunha clase
explotadora por outra, aínda que isto significase un progreso
cualitativo para a humanidade. A burguesía ao acabar coa propiedade
feudal da terra falou "en nome dos dereitos universais de toda a
sociedade", que era a maioría campesiña, e encabezou a súa revolución.
Por iso saben, porque son conscientes, de que se a clase obreira pasa
dunha situación de clase "en si", a "clase para si", comezaría a
levantar un proxecto social alternativo ao capitalismo, falaría en "nome
dos dereitos universais de toda a sociedade".
O capitalismo na súa fase imperialista e decadente, levou á humanidade
ao nivel máis alto de produción de bens e servizos posible baixo o seu
dominio, e este nivel é o que xera a miseria na que viven miles de
millóns de seres humanos. As crises humanitarias, de guerra, fame e
seca, baixo o capitalismo non son froito das condicións naturais, senón
das mesmas relacións sociais de produción que provocan a sobreproducción
de alimentos, armas e megamineria, e que se basean na explotación do ser
humano por unha minoría de "Warren Buffets".
O cambio climático, o rexurdimento masivo da escravitude ou a volta a
formas de explotación da clase obreira decimononicas son o resultado
directo desas relacións sociais de produción capitalistas.
Isto é o que temen os capitalistas, que a clase obreira, que constitúe o
70% da poboación activa mundial, tome conciencia do seu papel na
sociedade, de que é unha clase social oposta polo vértice á clase
propietaria dos medios de produción e distribución. Que esa toma de
conciencia leve aparellada a construción dunha ideoloxía que en outubro
de 1917, hai 100 anos, demostrou que se é posible desenvolver desde o
poder político, co que isto supón, a destrución das relacións sociais de
produción capitalistas e a construción dunha nova sociedade, sobre bases
radicalmente distintas.
Para evitar esta toma de conciencia os capitalistas non só falan eles,
os seus pensadores e técnicos, senón que contan con "quintacolumnistas"
dentro do movemento obreiro que repiten, como papagaios, os mesmos
mantras que desde os "think thank" e universidades xéranse, que se poden
sintetizar na frase da principal neoliberal, M Thatcher, cando dixo que
"non hai alternativa ao capitalismo".
Tras a caída do Muro de Berlín, e como un efecto central do acontecido,
o muro caéuselle na cabeza a moitos deses que din falar en nome da
transformación social, e deixounos "parvos". Frases como "o socialismo
morreu", "o marxismo é cousa do pasado", ou como moito, "é unha teoría
económica", "a clase obreira xa non existe", ou, no mellor dos casos, "é
un movemento máis dentro doutros moitos movementos liberadores", son
eses mantras que se repiten machaconamente dentro das filas da esquerda,
e terminaron por calar.
A consecuencia política de todo este bombardeo ideolóxico é a
cristalización dun teito de cristal democrático na conciencia da clase
traballadora de practicamente todo o mundo. Como o capitalismo non deixa
de ser un sistema explotador de seres humanos e espoliador de riquezas
naturais, a loita de clases existe; só que a clase obreira actúa con ese
"teito democrático de cristal", que lle impide ver que si hai
alternativa ao capitalismo.
Pero toda gran mentira debe ter un elemento de verdade, senón seria
incrible, é certo que o que caeu co Muro de Berlín non era, nin de
lonxe, socialismo, senón sociedades non capitalistas pero dexeneradas
burocraticamente que falaban no nome do socialismo. Hai que entender a
forza desta mentira que calou tanto na conciencia das masas, ata o punto
que este teito democrático de cristal é o principal freo para que a
clase obreira de o salto que lle permita enfrontar a raíz do problema, as
relacións sociais de produción capitalista
Se a clase obreira non é capaz de romper ese teito de cristal, todas as
súas loitas serán un eterno recomenzar, nas que irán substituíndo
dirixentes burgueses ou pequeno burgueses por outros; mentres o
capitalismo seguirá podrecéndose no seu propria crise.
A pregunta que xorde, inevitablemente, é de se é posible, ou non, baixo
as condicións actuais do capitalismo ese salto entre "clase en si" a
"clase para si". Obviamente de como se responda a esta pregunta, un
sitúase baixo o teito de cristal, ou ten un programa e unha política
para rompelo.

En Galiza no mes de decembro de 2017

2 comentarios:


  1. Roberto,los estados obreros son estados capitalistas dirigidos por la
    clase obrera,así como los estados burgueses son estados capitalistas
    dirigidos por la burguesía.Esto nos lo dejaron claro Marx,Engels,Lenin
    y Trotski.Fueron Stalin,Mao, y todos los contrarrevolucionarios los
    que nos quisieron hacer creer a los trabajadores que podía lograrse el
    socialismo en un solo país o estados que no fueran ni capitalistas ni
    socialistas o que se podía llegar al socialismo a través de las
    elecciones burguesas.Así como la burguesía nos quiso hacer creer que
    el nacismo,el fascismo y el falangismo no tienen nada que ver con el
    capitalismo o lo que ellos llaman democracia.

    ResponderEliminar
  2. No es exacta tu afirmación; Lenin lo más que llegó a afirmar es que "habían dado un barniz rojo a la burocracia gran rusa zarista. La URSS no era capitalista, puesto que no habia propiedad privada de medios de producción, distribución y financiero, ni mercado al que llevar los productos, la ley de valor (ley basica para determinar el valor de cambio de una mercancia, incluida la fuerza de trabajo) no era el criterio del valor y de los salarios. Por ello, no existía explotación capitalista; otra cosa es que fruto del "socialismo en un solo pais", el mercado mundial impusiese un ritmo a esos estados que no eran capitalistas, que los llevó a la implosión. Sin mercado no hay capitalismo, habra otra cosa pero no explotación capitalista.

    ResponderEliminar