A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 23 de mayo de 2019

ENFRONTAR A AMEAZA POS APOCALÍPTICA DOS "XOGOS DA FAME"



Roberto Laxe
Cando o goberno de Sanchez retirou a fragata que estaba "incrustada" na flotilla do imperialismo ianqui, argumentou que foi por "motivos técnicos", pondo sobre a mesa o carácter submiso mas cobarde do imperialismo español ... A realidade é que esa flotilla, cun portaavións á fronte, achegábase perigosamente ás costas iranianas, en paralelo ao anuncio do despregamento de 200 mil soldados estadounidenses na zona. Poucos días antes o goberno Iraniano anunciaba que reactivaba o seu plan nuclear, no aniversario en que Trump rompese a política de Obama e recomenzara coas sancións a Irán. O que saiba sumar, dous e dous son catro; pero non exactamente.

miércoles, 15 de mayo de 2019

O "PODO PROMETER" E A VENDA DE FUME


Roberto Laxe
Foi Adolfo Suárez o que dixo "podo prometer e prometo", e con iso definiu perfectamente o que é unha democracia representativa e burguesa, tutelada como a española polos neo franquistas, ou non, como as do resto de Europa. Todas as candidaturas "poden prometer e prometen", e todos e todas sabemos dos limites que esas promesas teñen.
O grave da situación non é que as dereitas e os partidos do réxime, utilicen esa lóxica "suarista"; é o seu; eles prometen de todo porque saben que cando comecen a gobernar, os ditados van vir do poder real, da CEOE, do IBEX 35, de Bruxelas, do exercito e a súa cabeza visible, o rei, ou da igrexa... O que na transición chamábanse os "poderes fácticos".

sábado, 4 de mayo de 2019

SOBRE AS ELECCIÓNS XERAIS DO 28 DE ABRIL DE 2019


Carlos Dafonte

Había unha enorme expectación por coñecer os resultados, despois da moción de censura e a chegada do Psoe ó Goberno apoiado por un amplo abano das fragmentadas Cortes. Tamén para coñece-las forzas reais dos independentistas de Cataluña asumida a súa fractura e división política e sometemento a xuízo a unha parte dos seus dirixentes; da intervención moi directa de Aznar na política do Pp, apoiando o seu delfin, Pablo Casado; da segunda aparición de Vox no panorama político, a primeira foi no 2016, os “duros” de dentro do Pp que cunha maior financiación e propaganda, aparecían ben situados nas enquisas o que levou a pensar a Casado e o seu equipo, que aproximándose as súas formulacións e dicindo barbaridades de Sánchez e o Psoe os ían neutralizar; de comprobar si C's acadaba os seus obxectivos estratéxicos de ser a primeira forza da dereita conservadora e xurar unha e outra vez, que nunca gobernaría co Psoe; malamente podería conseguir o primeiro obxectivo dicindo na campaña que, si os necesitaban, acabaría pactando cos socialistas, despois dos bos resultados xa está liberado desa promesa; das enquisas que daban a perda de grande número de escanos e votos de Podemos e polo tanto a dimisión de Pablo Iglesias; pero sobre todo se o Psoe e Pedro Sánchez conseguían consolida-la súa situación, tanto dentro do partido do segundo como nas institucións no primeiro.