A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de octubre de 2017

O PROCÉS CONTINÚA A SÚA MARCHA NUNHA NOVA ETAPA


Carlos Dafonte.
O conflito entre a Administración Central e a Comunidade Autónoma de Cataluña, que no fondo é un episodio do enfrontamento dunha parte da sociedade catalá e as súas institucións co réxime, ten unha característica que o fai singular e parece que o PP e outras forzas políticas actuantes no mesmo non teñen en conta, por ser cecais o PP a forza maioritaria nas Cortes, unha organización cuxas raíces ideolóxicas entroncan co franquismo: Cataluña é unha nación sen estado.

martes, 10 de octubre de 2017

O PROBLEMA NON É CATALUNYA, O PROBLEMA É O RÉXIME DO 78.


Roberto Laxe
Os acontecementos de Catalunya non son un "raio en ceo sereno", nin como tentan ensinarnos desde os medios máis belixerantes, un conflito entre "algúns" cataláns radicais encabezados por un perigoso "bolxevique" disfrazado de Puigdemont e "España" (todos os españois). Tampouco é un choque de trens, como pretenden os "equidistantes", entre o nacionalismo burgués catalán e o nacionalismo burgués español, onde o pobo traballador aparece como un espectador ou un simple peón
Non é nin unha nin outra cousa; o discurso do rei onte demostrou ás claras que a chamada crise catalá non é máis que un paso na profunda crise que vive o regimen do 78, cuxas costuras constitucionais estan tensandose e rompendo polo eslabon máis debil, Catalunya hoxe.
De aí a obsesiòn de ligar "constitución a democracia", coma se esta constitución non fose froito dun réxime que naceu dunha trampa; as eleccións do 77 foron presentadas como "non constitucionais", e ao final elaborouse unha constitución. Furtáronnos hai 40 anos o proceso constituínte e agora estálalles nos narices.
Ademais, a chamada crise catalá vén de atrás, non estala en "ceo sereno". Por facer unha relación non exhaustiva de momentos craves nos que o réxime comezou a facer augas.

miércoles, 4 de octubre de 2017

SOBRE A INDEPENDENCIA DE CATALUÑA E OUTRAS CUESTIÓNS


Carlos Dafonte

Comezo a escribir esta valoración o día en que a maioría dos catalás, que están a favor do dereito a decidir, reflexionan sobre a xornada electoral de mañá día 1 de outubro, un día moi importante para Cataluña pero tamén para as nacións e autonomías do Estado Español e o seu réxime.
Si nas guerras a primeira derrotada é a verdade, nesta confrontación entre a Administración Central do Estado Español e unha das administracións periférica do mesmo, tamén a verdade sae derrotada cada día. Non é un conflito entre o Estado Español e Cataluña, é un conflito entre dúas administracións dun determinado estado; esa é a primeira realidade que debemos constatar.
Estes días sobre todo por parte do Goberno en mans do PP e os medios de comunicación que lle son afines, a grande maioría, se teñen dito numerosas medias verdades e tamén moitas falsidades; tanto a nivel histórico, como político esquecendo por exemplo, mellor dito ocultando, que a maioría do Parlament está inequivocamente a favor do dereito a decidir e a realidade é que dun xeito reiterado repiten ata a saciedade que os independentistas non teñen a maioría nese organismo, cousa que é certa pero esconden a realidade.