A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 23 de junio de 2011

O 15 M, PERSPECTIVAS E NECESIDADES.




Carlos Dafonte


Teño a impresión que aquel@s que esperaban que o movemento que se coñece como 15 M trouxera importantes modificación de todo tipo nas relacións sociais, políticas e económicas, agora que se poñen fin ás acampadas na maioría das prazas do estado español, se poden sentir presos da frustración.
Creo, comeza o momento da reflexión, da análise, de sacar algunhas primeiras conclusións sobre o que ocorreu nestes “30 días que convulsionaron” a actividade de tod@s nós. Non creo que exista un só habitante do estado, que non opinase neste tempo a favor ou en contra do que estaba a pasar. E si iso é así, temos que convir que foi algo importante, algo que non pasou desapercibido, algo que, aínda que non teña continuidade, marcará un fito na historia recente.
En primeiro lugar amosou ser un movemento complexo, heteroxéneo, que transpira unha certa inxenuidade, que se atopa en fase de nacemento, democrático a maioría das veces, a pesares que nalgúns lugares houbo “donos do micrófono”, que decidían quen podía e quen non falar, e sobre o que se debía ou non debía falarse.
Dicía heteroxéneo pois nútrese por toda unha serie grupos, centros sociais, organizacións, capas sociais, intereses, etc., moi distintos uns dos outros, o que se manifestou na dificultade para chegar o consenso sobre uns puntos básicos. O máis acabado que coñezo son os 16 puntos da “asemblea de Sol” e estou convencido que unha parte do movemento, os de raíz ácrata, non os subscriben.
Houbo lugares onde xurdiron problemas entre chamémoslles os “plataformistas” e os “asemblearios”; estes últimos non recoñecían que plataformas formadas antes do día 15 de Maio, tiveran ningún tipo de privilexio, así como as dificultades que se crearon entre a busca do “consenso” e as “unanimidades”, que dificultaron moitas veces as tomas de decisións.
Pero tamén o cualifiquei de “inxenuo”, porque moitas declaracións dos primeiros días de algúns voceiros, daban a impresión que da acción que levaban adiante, esperaban como resultado, poñer en dificultades ó estado burgués capitalista e os seus poderes político, económico, as súas institucións, aparellos, etc.. A realidade é que o estado apenas se resentiu con estas mobilizacións, serviu máis ben para que amosara unha cara distinta, máis amable, quebrando unha etapa de represión moi dura.
Se o que se tentaba era amosar que fronte a “democracia realmente existente”, dun home e unha muller un voto e despois todos a casa e @s “representantes lexítimos” fagan o que lles pareza ca “lexitimidade”, considero que estes 30 días de acampadas, asembleas e tomas de decisión a man alzada, pouco aportaron para solucionar a carencia de participación, de información, de control dos elixidos; non apareceu dun xeito nidio unha alternativa que vaia no camiño de soluciona-las chatas que o sistema actual ten. E a cuestión non é difícil, hoxe como nunca nestes anos de democracia, se pode cuestionar perfectamente a lexitimidade dos que din representarnos. Son lexítimos se cumpren os programas para os que foron elixidos; ese é o contrato que se establece entre o elector e o elixido e PP e PSOE, non hai máis que repasar os presentados no ano 2008, en ningún aparecen reformas laborais, rebaixa de salarios, conxelación de pensións, e toda outra serie de medidas que foron tomando nestes anos, uns como goberno e outros apoiando como oposición; non o cumpren polo tanto non están lexitimados para facer o que fan.
Conseguiu sintetizar moitas das respostas e dos análises que fai a sociedade, pero que non era capaz de poñelas en común, traducilas en verbas, facer posible que foran asumidas por colectivos dispares e levadas á rúa.
Outro aspecto é que aínda que o 15 M se materializou nas acampadas, foi o máis visible, o máis palpable, o movemento, como o amosou a mobilización do 19 de xuño, non termina ca desocupación das prazas. É un movemento de protesta que posibilitou que aparecera unha conciencia crítica ata o de agora oculta, que só tivera ata o momento, expresión nas folgas d@s asalariad@s e da clase obreira; aparece agora non unido ós intereses dunha clase, senón como un movemento interclasista que se non busca aliados entre os traballadores e os sindicatos combativos, non burocratizados, vai ter importantes limitacións, para espallarse, pasados os primeiros momentos de euforia e enfrontarse a esa oligarquía explotadora, unha cativa minoría, que se serve do PSOE e PP, para impoñe-los seus intereses a toda a sociedade; só a paralización da produción de mercadorías e dos servizos fundamentais, pode poñer en xaque os seus intereses e para iso, se este movemento quere chegar ó fondo da cuestión, ser anticapitalista, dar unha alternativa ó marxe do sistema, necesita a alianza d@s traballadores asalariados e o seu “núcleo duro”, a clase obreira.
Non teño moi claro que se queira chegar ó fondo da cuestión, os programas que foron aparecendo nestes días así como os voceiros do movemento, parecen máis rexeneracionistas que revolucionarios. Parécenme non ter consciencia do que é o capitalismo, e na encrucillada no que se atopa. Unha grande parte das reivindicacións que eles propoñen, non son novas, hai sectores de esquerda que desde hai moitos anos, as inclúen nos seus programas, podemos dicir incluso que son socialdemócratas; en momentos expansivos da fase capitalista podían ser aceptadas, cando o “exército de reserva” é cativo, pero na fase actual, sobre a base dun enorme “exército de reserva”, ós capitalistas e as súas organizacións FMI, UE, BM, etc., só lles serven medidas que continúen recortando dereitos de todo tipo, que de non impedilo, nos poden retraer ós principios do século XX. Atopámonos nun momento culminante da loita de clases e os poderosos, os explotadores queren vencer, queren “creba-lo espiñazo” d@s traballador@s, polo que centrar hoxe o conflito social nun horizonte de simples reformas, sen engarzar estas nunha perspectiva de cambios estruturais, de loita polo socialismo, e de creación dunha vangarda que dirixa o proceso de resposta, é levar ó movemento a unha quella sen saída, deixalo sen perspectiva, independentemente das loitas e mobilizacións que podan levar adiante. No fondo terán que debater, canto máis tarde peor, que só o poder político lles vai permitir levar adiante as reformas que propoñen.

En Galicia no mes de Xuño de 2011

martes, 14 de junio de 2011

O MOVIMENTO 15 M, AS ELECCIÓNS E O CAMBIO SOCIAL. A "ESQUERDA" MORREU VIVA A ESQERDA

  

Roberto Laxe


As eleccions do 22 de maio xeran umha imaxe distorsionada da realidade social española, pois deixan un resultado inequívoco, a victoria do PP e a débâcle do outro partido do reximen da restauracion monaquirco, o PSOE. Mais é um resultado enganoso.
Primeiro os resultados concretos. O PP só crece em 400 mil votos, o que corresponderialle polo crescimento da poboacion, demonstrando que son bem poucos os traballadores e traballadoras que, segun os supostos expertos electorais dirían, van do PSOE ao PP; ou como queren demonstrar outros, que xá non há barreiras sociais. Nada mais lonxe da realidade, a abstencion, o voto branco ou o nulo foron as expresions de rebeldia que usaron os veciños das barriadas obreiras e populares das cidades e zonas urbanas.