A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 14 de junio de 2011

O MOVIMENTO 15 M, AS ELECCIÓNS E O CAMBIO SOCIAL. A "ESQUERDA" MORREU VIVA A ESQERDA

  

Roberto Laxe


As eleccions do 22 de maio xeran umha imaxe distorsionada da realidade social española, pois deixan un resultado inequívoco, a victoria do PP e a débâcle do outro partido do reximen da restauracion monaquirco, o PSOE. Mais é um resultado enganoso.
Primeiro os resultados concretos. O PP só crece em 400 mil votos, o que corresponderialle polo crescimento da poboacion, demonstrando que son bem poucos os traballadores e traballadoras que, segun os supostos expertos electorais dirían, van do PSOE ao PP; ou como queren demonstrar outros, que xá non há barreiras sociais. Nada mais lonxe da realidade, a abstencion, o voto branco ou o nulo foron as expresions de rebeldia que usaron os veciños das barriadas obreiras e populares das cidades e zonas urbanas.
O PP non gañou, perdeu o que ate a de agora presentabase como a “esquerda” e o progresismo frente ao neofranquismo. E perdeu porque ficou clara cal é a sua verdadeira faciana, un partido de direitas, tan burguês como o PP; mas “moderno”. Un partido que manten, pola sua historia, as suas siglas e mesmo pola súa base electoral, esa imaxe de “esquerda”, e non o é.
A contradiccion que atenazou á sociedade española o longo destos anos, cun falso bipartidismo entre “esquerdas” e “direitas”, desapareceu. Estas eleccions puxeron branco sobre preto que o PSOE non é esse partido de “esquerdas”, a esquerda real, social, ou esta nas acampadas ou votou contra o PSOE, votando branco ou abstivendose.
Foron as políticas do goberno de ZP dos últimos anos, as reformas laborais, o pensionazo ou as privatizaciones e resgates de banqueiros e empresários os que deixaron bem claro donde estan e a quen representan. De feito, o que mais indigna á sociedade é que esse papel e esa representacion incapacitan ao goberno do PSOE para frear a ofensiva da patronal, que dia si e dia tamen envia milleiros de traballadores e traballadoras o desemprego.
E ista sociedade simplesmente deu as costas ao PSOE nas eleccions, pondo em cuestion a sua própria existência. Por isso, para os que si queren construir uma verdadeira opcion de esquerdas, umha opcion que enfrente a crise capitalista desde os presupostos e a perspectiva da clase traballadora e os pobos, chegou o momento de berrar alto e claro: a “esquerda” morreu, VIVA A ESQUERDA.
E nesta desenvolvese o movimento 15M
O feito político central destas eleccions foi a irrupcion da xuventude a través do movimento 15M e as acampadas que atingiron todo o território do estado español. Trabucanse sectores da esquerda ao considerar iste movimento como un fenômeno epidérmico na sociedade, que non tem raices sociais.
É certo que nun sentido, polo seu caracter “cidadan”, onde a clase traballadora non actua como clase, é un movimento democrático e interclasista. Mas a cantidade de xente mobilizada o 15 M, as respostas sociais aos dous intentos de desmontar as acampadas, a de Madrid ao comezo e as de Catalunha, e o mantemento no tempo das acampadas só pode facerse se este movimento tem o que tem, un respaldo em amplos sectores da sociedade, que ollan para elas com simpatia. A forza e a solidariedade que levanta un movimento popular esta em relacion directa co programa social que defende, e o movimento 15 de maio expresa as ilusions mais profundas do pobo traballador do Estado Español de democracia, de xustiza social e de defensa dos direitos individuais e colectivos conquistados ate o de agora.
O movimento 15 de maio – e por outro lado o voto ao PP e a extrema direita - pon sobre a mesa os limites superestructurais sobre os que se construiu o rexime da Transicion. A ruptura do bipartidismo côa crise do PSOE como “casa comum da esquerda”, o caracter marxinal, ainda que suba nos votos, de IU, o desprestixio dos dirixentes sindicais, que arrastan ás organizacions fundamentais da clase traballadora, os sindicatos, o desprecio cara un dos poderes fundamentais do estado, o Poder Xudicial, e o ódio que levanta na poboacion a chamada “clase politica”, corrupta ata a medula.
O rexime do Transicion baseouse em duas patas, que foron os arquitectos dos pactos que lle deron orixe, os vellos falanxistas e Opusdeístas do rexime franquista, agrupados despois na desaparecida UCD (lembremos que Adolfo Suarez foi o ultimo Segredario Xeral do Partido do rexime franquista, o Movimento Nacional), o PCE e as CCOO, e tanxencialmente, o PSOE.
O PCE hai tempo que desapareceu da vida politica como tal, trás as siglas de IU. A UCD desapareceu a comezos dos 80, e dos seus restos xurdeu o PP, onde se agruparon todos os ex franquistas, a extrema direita, etc. Por isso, entre outras, no Estado Español non xurden experiências neofascistas como em Finlandia, Francia ou Gran Bretaña, os neo frascistas españois, os neofranquistas, estan dentro do PP, representados pola FAES de Aznar.
Os resultados destas eleccions poen ao terceiro actor ao borde da débâcle, o PSOE.
Mentras, a xuventude, unha xuventude que maioritariamente non se recoñece nas institucions que se construiron no 78, pide paso. Exixe nas acampadas e co movimiento 15 de maio, á súa maneira, cun bagaxe que tem unha sinal de identidade, o desprestixio dos “políticos”, das organizacions chamadas tradicionais.
Mas, com a auga suxa botan o neno dentro.  Cos dirixentes corruptos dos partidos e os sindicatos, desprecian ás organizacions políticas em xeral, e sindicais no concreto. O tempo que fan isto, construen novas organizacions que non lles queren chamar organizacions políticas ou reivindicativos, mas actuan como tais.
Dun xeito inconscente, reconstruen partidos e organizacions políticas. Cando un grupo de persoas comezan a debatir de “politica” no seu sentido mais clasico, “interesarse polos asuntos da polis/sociedade”, a propor alternativas aos problemas que atingen isa sociedade, e construen un organigrama/organizacion, estamos falando dun movimento político e, dun xeito moi  xeral, dun partido político. Guste ou non, esa é a maneira que as sociedades actuais teñen de se organizar.
Esta é a contradiccion mais profunda do movimento levantado o 15 de maio: tende á construccion dunha nova organizacion politica, ainda que moitos dos seus compoentes e dirixentes non o vexan ou, nalguns casos, rexeiten. Obxectivamente, o Movimento 15 de Maio é o xermolo desa organizacion.
O cambio social
O movimento social 15 de maio tem umhas profundas raices na crise do rexime da Transicion, mas a súa explosion agora ven, sem lugar a dubidas, da frustracion xerada na sociedade pólas direccions de  CCOO e UXT, que levan anos negandose a convocar un plan de mobilizacions contra as políticas do goberno de ZP. A negativa desos dirixentes a continuar côa loita comezada na folga xeral do 29 de setembro, e a aceptacion sem rechistar dos marcos impostos pólos empresários, banqueiros e o goberno, frustrou as espectativas xeradas nessa mobilizacion.
Na sociedade o vacio non existe, o que non encheron as direccions sindicais e políticas que como IU, non tiveron umha propostas independentes das defendidas pólas cúpulas sindicais, facendose parte desa frustracion, foi cuberto pólos convocantes da mobilizacion do 15 de maio.
Pola sua banda, ainda que a CIG convocou umha folga xeral em Xaneiro deste ano, foi moi evidente que a convocatória, alen de respostar ás políticas dos gobernos, facia parte da estratexia electoral do BNG. Por isso, non rompeu o seu illamento côa sociedade e non sirviu de canle para expresar a súa indignacion co estado das cousas.
As revoltas no norte de África e en Oriente próximo e medio, amosaron nos casos de Tunisia e Exipto, o poder dun pobo que se mobiliza masivamente; estes días moitos tertulianos se escandalizaban cando aparecía o nome da praza Tahir, unido ó proceso actual; a situación é distinta pero o método o mesmo; aquí, do que se trata é de amosar o rexeite a un sistema democrático e as consecuencias dunha situación económica, que comezando polo “rendemento do voto”, e seguindo por todos os demais, esta deturpada, corrompida, e onde non se respecta o programa que se somete á consideración da cidadanía, onde non hai control dos elixidos, nin participación entre votación e votación; se lles entrega un “cheque en branco” a quen se elixe, e fan con el o que queren
As súas reivindicacións son xustas, pero, son asumibles polo capitalismo? Están os centros do poder económico dispostos a facer concesións en momentos de recesión?
O importante para unha saída deste movemento que o permita avanzar é confluír cos traballadores asalariados, é a concreción de propostas, organizalo, levalo os barrios obreiros e populares. Comezar, en suma, a edificar xunto cas organizacións da clase obreira, un referente politico áos poderes institucionais e os partidos do sistema.
É preciso establecer un obxectivo estratéxico nidio, que non pode ser outro, que poñer fin ó sistema capitalista. Porque por moito que se lle queira lavá-la faciana ó capitalismo, as principais medidas deste movemento van neste senso, non hai saída progresista nin socialdemócrata á crise. Non hai posibilidades de reformalo; e as únicas medidas efectivas, que verdadeiramente poden facernos avanzar son aquelas que poden inicia-lo camiño cara ó socialismo.

29 de maio de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario