A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 13 de junio de 2015

UNHA LECTURA DOS RESULTADOS ELECTORAIS DO 24 DE MAIO




 Carlos Dafonte.

Que conclusións podemos ter do proceso electoral levado a cabo o 24-M no estado español? En primeiro lugar que o ciclo político de rebeldía popular que pon en cuestión ó réxime alicerzado arredor da constitución de 1978 e do “pacto da transición”, que se iniciou ca derrota do candidato popular en 2004 dándolle o PSOE o goberno despois das mobilizacións contra a guerra de Iraq, que tivo un segundo chanzo, capaz de rectificar o erro primixenio, ca ocupación da Porta do Sol e numerosas prazas do estado, que continuou medrando cas diferentes mareas en defensa dos servizos públicos e amosando a súa forza na primeira “marcha da dignidade” que levou a Madrid máis dun millón de manifestantes contra as políticas do goberno, a monarquía, a democracia deturpada que impón o capital a traveso do PP e PSOE, que se expresa electoralmente nas consultas das europeas, creando un grande desacougo no réxime e no bipartidismo, chega ás eleccións autonómicas e municipais, convertido nun instrumento do réxime, agás nalgunhas cidades onde son posibles algúns cambios.  Todo o proceso canalizado en función dos procesos electorais e afastándose cada vez máis da mobilización popular e avanzando deste xeito cara as xerais de finais de ano.

martes, 9 de junio de 2015

(G)ALICIA NO PAÍS DOS EUFEMISMOS




Roberto Laxe
Como pode ser que neste pais ninguén fale claro. Un amigo hai uns días dixo, como non vamos falar con eufemismos se no 36/39 a clase traballadora e os pobos recibiron umha malleira brutal, malleira que foi "ratificada" numha Transición que garantiu o Punto Final aos responsabéis do golpe e a ditadura.
A dereita neofranquista, que non vota nin tola umha condena expresa do réxime que lle deu vida, só pode falar con eufemismos: "son de centro", son "democratas", etc.... mas a súa ideoloxía neofranquista xurde a cada paso de dan: desde as homenaxes á División Azul, que actuou como un corpo de Exercito dos nazis (esos non se andaban con eufemismos), ate leis mordazas que os medios internacionais non precisamente de extrema esquerda, cualifican de "franquistas" e a ONU pide a súa retirada.