A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 24 de octubre de 2019

A NECESARIA RECONSTRUCIÓN DO MARXISMO



Roberto Laxe
[XI] Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero do que se trata é de transformalo. (C Marx, Tese sobre Feuerbach).
Na decadencia do capitalismo, a tese de Marx significa a morte dos filósofos, non da filosofía. A filosofía, a súa historia, é un longo camiño de estudo e reflexión, de “pensar como pensamos”, até chegar á tese de Marx. Con ela termina ese camiño e comeza o da transformación definitiva da sociedade, o salto da “prehistoria á historia da humanidade”. Os filósofos son parte da prehistoria da humanidade, vén dicirnos Marx.
Que pasou para que a tese de Marx siga tendo exactamente a mesma vixencia que cando a escribiu?... Levamos máis de 20 anos, desde a caida do Muro e a restauración do capitalismo, con moitas interpretacións do mundo; que se "ecosocialismo", que se "feminismosocialista", que se "decrecentistas", que se "diversidade", que se "vuelta a lo local"; etc, que non son máis que formas parciais de interpretar o mundo, non de transformalo... Todos eles terminaron integrados no sistema, no discurso oficial, como parte do chamado "politicamente correcto". A extrema dereita mundial atopa nesta media verdade (a integración formal das interpretacións do mundo) un argumento para aparecer como os "politicamente incorrectos", cando en realidade son absolutamente "correctos", son a máxima expresión da barbarie capitalista.

miércoles, 16 de octubre de 2019

NOVEMBRO, A PRIMEIRA VOLTA DAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN GALICIA.


Carlos Dafonte.

As eleccións xerais convocadas para novembro do presente ano e a proximidade cas autonómicas do ano 2020, debe dun xeito case obrigatorio abrir dende hoxe unha reflexión, sobre a situación política, económica e social da nosa nación sen estado, que permita entender os resultados electorais de novembro e abrir cara a convocatoria das autonómicas o proceso que axude, ós progresistas e os restos da esquerda, a tentar rectificar ou reafirmar os devanditos resultados.
O obxectivo fundamental en todo este longo proceso debe ser, sexamos realistas, opoñer os maiores atrancos posibles á continuación das políticas neoliberais que están a mergullar Galicia nunha situación de emerxencia económica e social; a privatización dos seus servizos públicos, a continuidade do proceso desindustrializador, a indiferenza de moitas organizacións políticas diante das consecuencias do “brexit” ou dos aranceis impostos por EEUU a algúns dos nosos produtos, a emigración de decenas de miles de mozas e mozos nos últimos anos, a venda do noso territorio a empresas extractoras, etc

lunes, 7 de octubre de 2019

A IMPOTENCIA DO RÉXIME PARA PECHA-LO "PROCES"



Eusebio López
De novo un 1 outubro, e de novo a impotencia do réxime para pechar o que se deu en chama-la crise en Catalunya. Nunha entrevista ao sr Sanchez onte, este insistía na idea de que o problema dos cataláns é un problema "entre os cataláns", que están divididos; e recorría de novo ás estatísticas e aos resultados electorais (suma de forzas soberanistas vs forzas unionistas) para tentar reducilo a iso, a un problema "entre cataláns".
Primeiro, moitos dos que non son soberanistas estiveron nas manifestacións de onte, porque a suma non hai que facela entre os soberanistas, senón entre todos aqueles que esixen o dereito a votar, a decidir... para despois, seguramente, votar contra a independencia. A primeira capa da cebola é esta, non estamos nunha división ideolóxica, senón política; entre os que queren votar e os que o negan, como fixeron o 1 de outubro co rei á fronte dos "aporellos".