A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de diciembre de 2019

A "MOCHILA AUSTRÍACA" UNHA NOVA AGRESIÓN CONTRA OS DEREITOS D@S TRABALLADOR@S


Carlos Dafonte

Unha nova ameaza, e no capitalismo son constantes, sobrevoa ó sector do traballo asalariado, a maioría da poboación, unha parte da cal son @s unic@s creador@s de riqueza no planeta; coñécese co nome da “mochila austríaca”, que se está a ensaiar nese país centroeuropeo dende 2003 e é unha nova estratexia para conseguir que os bancos xestionen os cartos dos traballadores para a súa xubilación e polo tanto, dun xeito diferente a como se fai hoxe en día na maioría dos países da U.E.

miércoles, 11 de diciembre de 2019

QUE NON LÍEN COAS PALABRAS.

Roberto Laxe
Nunha entrevista a Rajoy, este di que non lle gustaría un goberno de extrema esquerda". Máis aló de que o que lle guste a Rajoy debe importarnos un comiño -xa sabemos o que lle gusta ao seu "alter ego", M.Rajoy-, o importante é esa caracterización: "goberno de extrema esquerda". A que vén tanta sobreactuación? Eles ben saben, dabondo, que nin o PSOE nin UP, nin ERC, nin os que se poden abster para abrir as portas a un goberno "progresista", son de "extrema esquerda". Nin tan sequera son de esquerdas, son dereita ou progresista, no mellor dos casos.

lunes, 2 de diciembre de 2019

VOX, FASCISMO OU EXTREMA DEREITA?

Eusebio López
Tras as eleccións xorde unha pregunta que hai que analizar, para saber ata que punto están dispostos a chegar con Vox. Durante meses, desde abril até hoxe, os medios -que son os portavoces oficiosos (o oficial é o goberno) dos intereses dos grandes capitais- dedicáronse a alimentar a Vox coma se non houbese un mañá.
Fai cinco anos alimentaron a Podemos, co obxectivo manifesto de reconducir á gaiola do parlamentarismo a mobilización social que desde o 15M non deixara de crescer, co pico máximo da marcha a Madrid do 22M. Mobilización social que levara á dimisión / abdicación do que agora é rei emérito. Asustáronse tanto, que tiveron que reconducir a situación, sacando á xente das rúas coa ilusión do voto, de que votando poderían cambiar as cousas. Cinco anos despois o balance non pode ser máis demoledor en todos os sentidos, non avanzamos nin un pelo, e a mobilización, salvo momentos puntuais (8M, pensionistas ou Catalunya) pasou a un segundo plano.